Mostrando entradas con la etiqueta El Templo de las mil puertas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta El Templo de las mil puertas. Mostrar todas las entradas

8/11/11

El Templo de las Mil Puertas

Queridos lectores e lectoras de primeiro de ESO, quero presentarvos hoxe unha páxina web  que a xente da biblioteca visitamos con certa frecuencia  e na que ides atopar pilas e pilas de libros, de todos os xéneros e para todos os gustos, reseñados por lectores mozos e entusiastas coma vós. Trátase de  El Templo de las Mil Puertas, unha revista de literatura xuvenil que vai xa polo número vintetrés e que vos permitirá estar ao día no que se refire á literatura xuvenil en castelán. Clicade logo no nome da revista e contádeme que vos parece, se o tendes a ben.

15/11/10

Sae un novo número da revista "El Templo de las Mil Puertas"



Permitídeme que vos dea algunhas razóns polas que paga a pena visitar o decimoctavo número de El Templo de las Mil Puertas, a revista dixital de literatura infantil e xuvenil que máis nos gusta.
Primeira: a entrevista a Susan E. Hinton, autora de Rebeldes e La ley de la calle. Sabiades que a popular autora norteamericana escribiu a súa primeira obra cando só tiña 17 anos?
Segunda: a ampla reportaxe sobre a literatura xuvenil de temática social, aquela que presenta a mozos e mozas loitanto por saír adiante no medio dunhas situacións persoais e sociais dramáticas: guerras, aillamento, marxinación, acoso... Neste apartado atoparedes moitas suxerencias de lectura, tanto de obras clásicas como de títulos recentes e prometedores. Entre estes últimos, destaco un: Zara y el librero de Bagdag, de Fernando Marías, escritor que nos visitará próximamente.
Terceira. A sección "Autores de ayer" centrada esta vez nada máis e nada menos que en Jack London, o autor de "Colmillo branco", "A chamada da selva" e tantos outros libros de aventuras. Por certo, vaia vida a de Jack London, chea de riscos e lances moi semellantes aos dos seus relatos.
O anterior é só unha mostra dos contidos da revista. Hai moita máis información interesante para os e as amantes dos libros: sobre Terry Pratchett, por exemplo,(¿sabiades que lle diagnosticaron unha forma leve de Alzhéimer), ou Cornelia Funke, da que espero falarvos pronto (acaba de chegarnos á biblioteca unha obra súa que ten unha pinta boísima) e moitos máis. Pero agora tócavos a vós buscar, ler e comentar, se vos prace.

El Templo de las Mil Puertas nº 18

26/1/09

Devoción polos libros


Aquí vos presento un sitio de e para amantes dos libros. Chámase El Templo de las mil puertas, unha revista de libros escrita por xente nova para xente nova. Leva publicados sete números, todos en Internet, todos gratuítos e todos en dúas versións que podedes ler online ou descargar nos vosos ordenadores. Nesta revista hai auténticos tesouros para @s amantes dos libros: noticias, reseñas, entrevistas a escritor@s (Care Santos, Stephenie Meyer, Laura Gallego, entre outr@s) reportaxes, enquisas... Interesáronme especialmente dúas reportaxes: as tituladas “Los imprescindibles del 2008” e El bestseller juvenil”, aparecidas nos números 7 e 4 respectivamente. Interesante tamén o debate sobre “lecturas obrigatorias do número 7: parece que en xeral, e non sorprendentemente, preferides que vos deixen escoller os libros a que vos impoñan uns títulos determinados. Teremos que tomar nota, logo. Pois veña, amantes da letra impresa, facédelle unha visita ao “templo” desta xente tan apaixoada dos libros, tan traballadora e tan xenerosa. Ben o merecen.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...