Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concursos. Mostrar todas las entradas

29/10/14

Lalín convoca unha nova edición do concurso "Dillo a quen maltrata"




  O Concello de Lalín invítanos  a participar nunha nova edición dos concursos de cartas e tuits contra a violencia de xénero.  Para o primeiro, o concurso de cartas, temos que escribir iso, unha carta sobre o tema da violencia contra as mulleres, que ocupe como máximo dous folios en letra tipo Arial e tamaño 12, e enviala ao concello de Lalín (mirade a dirección e a ficha de inscripción no link que vos poño ao remate do post) antes do 5 de novembro.

Para o concurso de tuits temos algo máis de tempo, ata o 12 de novembro. Ata ese momento poderemos enviar os nosos tuits co hastag #lalinsenviolencia e facer mención da nosa participación a @eigualdad e a @ConcellodeLalin.
Imprescindible que leades as bases de cada un dos concursos premendo nos links seguintes:
Bases do concurso de cartas e ficha de inscripción
Bases do concurso de tuits

12/6/13

Vai sendo hora de entregar pasaportes lectores e caderniños de lectura

Pídenme que vos comunique que o día 17 de xuño remata o prazo para entregar os Pasaportes lectores e os caderniños de poesía do Recuncho. Que onde hai que entregalos? Na biblioteca, of course. 


7/3/13

Certame literario Luísa Villalta

O IES Isaac Díaz Pardo, de Sada, invítavos a participar no X Certame Literario Luísa Villalta. Como en anos anteriores, este certame vai dirixido á xente de ESO e bacharelato e comprende dúas modalidades: poesía (un máximo de 40 versos) e relato curto (un máximo de tres folios). Para cada unha destas modalidades concederanse dous premios: un primeiro de 200 euros e un lote de libros e un segundo de 100 euros e un lote de libros. Animádevos, logo, a participar, e lembrade que o equipo da biblioteca ofrécese a vos prestar axuda e  asesoramento.




7/2/13

"Yo, señor, no soy malo..."

Procedencia da imaxe





CamiliñoJosesiño vén sendo un blog onde  figura, dende hai uns días, unha invitación que me prace transmitirvos. Trátase dun concurso de microrrelatos, antes coñecidos como minicontos,  no que pode participar prácticamente todo quisque: teñen os tres niveis de rigor, infantil, xuvenil e adulto. Vede, se o tendes a ben,  unhas cantas razóns que Camililiñojosesiño aduce para animarnos a participar no seu concurso:

Te damos el principio.
Tu microrrelato tiene que empezar con la frase "Yo, señor, no soy malo..., que es una frase de la primera novela que escribió Camiliño Josesiño, La familia de Pascual Duarte.

Tienes varios meses para pensar.
El plazo de recepción de microrrelatos comienza el 17 de enero y finaliza el 10 de marzo de 2013.

No tienes que escribir mucho.
El máximo de palabras que puede contener tu historia es de 250 palabras. Puedes escribirla con menos palabras pero, ¡ojo!, si te pasas en una, quedarás descalificado del concurso.

Te pueden votar tus amigos.
Entre el 18 y el 24 de marzo pueden votar tu microrrelato todas las personas que quieran. Sólo los 50 microrrelatos más votados serán valorados por el jurado y de entre ellos saldrán los ganadores del concurso.

Puedes ganar un e-book.
Hay tres premios en cada una de las categorías. Los ganadores de cada una de ellas recibirán un e-book. Además habrá dos finalistas que recibirán un diploma y otros premios. Todos los trabajos premiados se publicarán en formato digital.

Aquí as bases do concurso: II Concurso de microrrelatos Fundación Pública Gallega Camilo José Cela
E aquí os microrrelatos que se van recibindo na web da fundación.

31/1/12

Buscan talento e aquí haino



Fágovos saber que o  xornal El País busca talento. Disque lle serve calquera manifestación "talentosa", ben sexa un poema, unha fotografía, ou o que se vos ocorra, o que saibades facer, con tal de que teña xeito e inspiración. Se os convencedes de que a vosa obra vale, publicarana na sección Cultura da edición dixital do xornal. E, quen sabe, a partir de aí, aplausos e gloria a eito. Como mostra de exemplar traxectoria ascendente poñen a figura de Spok, o grafiteiro que pasou de embadurnar as paredes dos veciños a expoñer en galerías de arte internacionais do máis chic (claro que previo paso pola facultade de Belas Artes, atrévome a apuntar). Se estades interesad@s, clic nos  links.
Postdata: se en El País non saben apreciar as vosas cualidades de artistas, sempre vos quedará este noso máis que humilde blog, que, de acordo, ten uns cantos centos de miles de  seguidores menos que  a web do xornal madrileño, pero non deixa de ser un escaparatiño dixital á vosa disposición.

22/2/11

Concurso de banda deseñada



O IES Perdouro, de Burela, convoca a todos aqueles que teñades 18 anos ou menos a un concurso de banda deseñada. As obras teñen que estar en galego e ser inéditas. Inclúo neste post as bases do concurso e recórdovos que podedes entregarnos o voso traballo a calquera das persoas que traballamos na biblioteca e nós encargarémonos de llelo enviar aos compañeir@s de Burela. Un último aviso: o prazo de presentación remata o 1 de abril.


Bases do concurso
blogue do concurso: bandadeseñadablogspot

16/12/10

Nadal coa biblio

Pásame Eva esta presentación elaborada por unha compañeira vosa e membro do equipo da biblioteca. Trata do concurso que celebramos por estas datas na biblioteca e do que xa vos falei no post anterior. Só que esta rapaza cóntavos o mesmo que vos dicía eu pero dun xeito moito máis ameno, como veredes. Así que, quítome o sombreiro e felicito e agradezo a esta entusiasta colaboradora o seu traballo.

Que é para ti o Nadal

Tanto se sodes dos que adorades o Nadal como se vos poñedes dos nervios cada vez que se acercan estas datas, pouco traballo vos costará agarrar lápiz, bolígrafo ou teclado e argallar por escrito unha opinión en formato acróstico, collage, caligrama ou unha simple e humilde frase que recolla o voso estado de ánimo pre-navideño.
A continuación cópiovos o documento da convocatoria do concurso e noutro post, uns exemplos de cada un dos formatos que vos citei: caligrama, acrósticos e collage.


Co gallo da proximidade do Nadal, a BIBLIOMARIACASARES quere saber o que pensas sobre estas datas.
Contamos contigo para a realización de:

CARTEIS
FRASES CREATIVAS
PEQUENOS POEMAS
COLLAGES
CALIGRAMAS
ACRÓSTICOS
OU CALQUERA OUTRA IDEA INNOVADORA QUE TI QUERAS APORTAR...

Podes asinar o teu traballo co teu nome ou cun pseudónimo.

A CAMBIO DAS TÚAS APORTACIÓNS @S COLABORADORES DA BIBLIO TERÁN UN AGASALLO PARA TI

COMUNÍCATE CON ELES!

Entrégao co deseño definitivo @S COLABORADORES DA BIBLIO. Poderás atopal@s nos corredores, na biblioteca, no vestíbulo. Fíxate, algo terán entre mans...

Datas de entrega :

Venres 17 e luns 20 de decembro

12/12/10

De interese para quen teña 16 anos e 500 versos, polo menos

A Fundación Gloria Fuertes, de onde tomo a imaxe deste post, convoca o XII Premio "Gloria Fuertes" de Poesía Joven. Para participar tes que ter xuntado 16 anos de vida, como pouco, e 25 como máximo (iso é fácil, para algúns) e ter escrito 500 versos inéditos (iso xa é un pouco máis complicado, para calquera). Se gañas non che dan unha flor natural ou unha coroa de loureiro, como facían os antigos cando querían premiar a inspiración poética dos seus vates. Non, esta simpática xente da Fundación Gloria Fuertes teñen os pés na terra, poesía si, cada día, pero pasta tamén, que de algo teñen que vivir poetas e poetisas. En fin, que me desvío, quería dicir que se gañas, danche 1000 euros, que non olen tan ben como as flores ou o loureiro, pero teñen un valor simbólico amplamente recoñecido incluso entre os se dedican a unha actividade tan pouco produtiva, en términos económicos, coma a de compoñer versos. Consulta aquí as bases do concurso e lembra que tes ata o 31 deste mes de decembro para enviar os teus versos.

5/10/10

Ler (en voz alta) e gañar


A Consellería de Educación convoca un concurso de lectura en voz alta que titula "Ler e escoitar". Nel poderán participar os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria e primeiro ciclo de ensino secundario. Así que á xente de 1º e 2º de ESO do María Casares con todo o meu respecto lle digo que vaia "facendo gárgaras" (as de mel con limón disque son moi boas para aclarar a voz) e ensaiando cara ao espello porque imos concursar, claro que si. E como me parece que é ben empezar sabendo cales son os criterios que vai ter en conta o xurado para outorgar os premios, permítome copialos a continuación para todos vós. Aquí os tendes:

articulación, fluidez, ritmo, expresividade, volume, dominio da linguaxe verbal, e tamén da linguaxe corporal á hora de ler os textos

Para máis detalle, lede, se vos prace, o texto completo da convocatoria.
A imaxe do cartel procede da páxina das Bibliotecas escolares de Galicia
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...