Sen retoques de ningún tipo, aquí tendes unhas cantas fotos que dan conta da participación e interese que está tendo o mercadiño de libros usados e comercio xusto que se montou na entrada do instituto coa colaboración de alumnos e alumnas de bacharelato, a organización e a vicedirección do centro. A sección de libros usados é con diferencia a máis visitada, e non é de estrañar se tendes en conta a variedade e atractivo de moitos dos títulos postos á venda. Aproveitade logo e pillade algunha obriña para ler nas próximas vacacións de Semana Santa. Ou visitade a sección de alimentos e facédevos cun paquete de café ou calquera outro produto do comercio xusto. Eu xa lle botei o ollo a un té Rooibos de cultivo ecolóxico que ten moi boa pinta. E non vos esquezades de que dentro do salón de actos está montado o posto de abalorios, onde seguro que atopades algo para regalar ou regalarvos.
Mostrando entradas con la etiqueta semana cultural 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana cultural 2012. Mostrar todas las entradas
27/3/12
20/3/12
Do 26 ao 30 de marzo: semana máis cultural e solidaria, se cabe
Neste instituto imos dedicar a semana que vén a ler e a estudar, como sempre, pero reservando esta vez un tempo e un espazo extras para a tan necesaria solidariedade con aqueles membros da familia humana máis desfavorecidos. Alumnos e alumnas participarán nunhas cantas actividades que teñen como principal finalidade a cooperación con destacadas organizacións non gobernamentais (Mundo Cooperante, Save the Children, Paideia) para tomar nota das súas actuacións e exemplo do seu compromiso ético. E intentaremos todos colaborar, na medida das posibilidades de cada quen, nalgúns dos proxectos solidarios que estas entidades están desenvolvendo na actualidade. Teño diante de min o papel impreso co programa de actos pero, se me permitides, vou esperar a chegar á casa, e desde o meu escáner particular, fago unha copia e logo súboa a este blog. De momento, non me é posible: o escáner da biblioteca empéñase en non funcionar e non hai maneira de convencelo, ou eu non a coñezo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
