Mostrando entradas con la etiqueta evolución. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta evolución. Mostrar todas las entradas

12/2/09

La especie elegida


"Sólo a partir de Darwin se ha comprendido que no somos la especie elegida, sino como dice Robert Foley, una especie única entre otras muchas especies únicas"


Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez, La especie elegida

La especie elegida é un ensaio no que os autores recolleron en 1998 os seus traballos sobre os descubrimentos realizados nas excavacións de Atapuerca, en Burgos.

Algúns capítulos son moi especializados (os que tratan dos climas) mais outros son divulgativos, sinxelos e moi amenos. Os alumnos de Bacharelato estades obrigados a coñecer este primeiro volumen.

O primeiro descubrimento data de 1978. Dende os anos 90, os paleontólogos Arsuaga, Carbonell e Bermúdez de Castro codirixen as excavacións que levaron a coñecer ó "Home Antecessor", o chamado primeiro europeo. Na "Sierra de la Demanda" están os restos máis antigos do noso continente, hai mostras de restos humáns (unha pelvis a que chamaron "Elvis"), animais (na chamada "Sima de los elefantes"), e instrumentais que axudarán a comprender de onde vimos.

Os traballos continúan e estades invitados a visitar a magnífica páxina web da fundación: http://www.atapuerca.org/

5/2/09

Charles Darwin, 200 anos


Charles Darwin, 200 anos

O xoves 12 de febreiro é o 200 aniversario do nacemento de Charles Darwin, o científico inglés que fixo cambiar a base dos estudos científicos sobre a orixe da nosa especie.

Este estudante de Teoloxía cambiou de idea e, ós 22 anos, comezou unha viaxe ó redor do mundo a bordo do bergantín Beagle, xunto co capitán Fitz Roy. Cando voltou a Inglaterra traballou durante anos no estudo dos seus cadernos de notas e dos restos fósiles que recolleu na viaxe. Defendeu, xunto con Wallace (de que falaremos estes días) a teoría da evolución das especies segundo a adaptación ó hábitat, e a teoría da variación.

A súa obra Sobre a orixe das especies por medio da selección natural ou a conservación das razas favorecida na loita pola existencia foi publicada en 1859, hai 150 anos. Por esa coincidencia de datas estamos celebrando o "ano Darwin".Podedes consultar a biografía completa do científico inglés na wikipedia e, se tedes catro minutos libres, podedes ver o resumo que hai en youtube:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...