Saímos de Coruña o 27 de marzo despois de comer. Chegamos a Heathrow preto das catro, e despois collimos un bus e chegamos a Norwich tres horas máis tarde. Alí esperábannos as nosas familias para logo levarnos ás casas.Todos os días íamos á academia desde as 9:00 ata as 12:30 da mañá, cun recreo polo medio. Estabamos cun grupo de madrileños e dividíronnos en tres grupos. Nas clases facíamos xogos e actividades como contruír o noso país. Ao saír da academia tíñamos unha hora e media para comer os packed lunch que nos daba a familia e dar un paseo pola cidade. Vimos unha das catedrais, o castelo, o río, a parte antiga da cidade, centros comerciais…Logo deste tempo libre facíamos un tour por Norwich co noso guía Matt. E cando rematábamos, tíñamos un pouco de tempo libre, no que a maioría ía de compras, ata que collíamos os nosos respectivos buses para ir cear coas familias.O mércores erguémonos máis pronto do normal para coller o bus cara Londres. Facía moi bo tempo pero cando íamos comer comezou a chover. Visitamos o Buckinham Palace, St. James Park, o Big Ben, o parlamento, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilli, Trafalgar Square, o London Eye e a torre de Londres.O venres levantámonos máis tarde e as nosas familias leváronnos ao punto de encontro no que collimos o bus para ir a Heathrow.
Trip to Norwich
We left Coruña on 27th March after lunch. We arrived at Heathrow at four o’clock, and then we took a bus and went to Norwich three hours later. There the families were waiting for us to take us home.Everyday we went to the academy since 9:00 to 12:30 in the morning. We had a break in the middle of the lessons. We were with a group of students from Madrid and they divided us in three groups. In the lessons we played games and activities like build our country. When we left the academy, we had an hour and a half to eat the packed lunch that the family gave us and a walk around the city. We visited the cathedral, the castle, the river, the old part of the city, shopping centers…After this free time we did a tour around Norwich with our leader Matt. When we finished it, we had another free time, in which the most of us went shopping, until we took our buses to have dinner with the host families.On Wednesday, we got up earlier to catch the bus to London. The weather was great but when we were going to have lunch it started to rain. We visited the Buckinham Palace, St. James Park, the Big Ben, the parliament, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilly, Trafalgar Square, the London Eye and the London Tower.On Friday we got up later and our families took us to the meeting-point where we took the bus to Heathrow.
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas
3/5/11
Viaxe a Norwich
Pedímoslle ao grupo de xente de 3º de ESO que viaxou a Norwich no mes de marzo que nos contara que tal lles fora na súa viaxe. Cinco rapazas que formaban parte da académica expedición tiveron a ben atender o noso requerimento e contestaron. E vaia se contestaron: en bilingüe, para que quede claro que sacan proveito do aprendido e non andan por aí perdendo o tempo. Así que o equipo da biblioteca agradécelles a Cristina, Celia, Andrea, Irene e Marta o seu minucioso relato da estancia en Norwich, feito, como poderedes comprobar inmediatamente, co esmero e rigor que cabe esperar dunha crónica periodística.
14/4/11
Preparando unha viaxe polos libros
Para moita xente, o mellor das viaxes é o tempo que as antecede, a súa preparación, cando se nos fai a boca auga pensando nos sitios que imos coñecer, a xente coa que nos imos atopar... Pois ben, nesa fase estamos nós na biblioteca do María Casares: preparando unha viaxe polos libros de viaxe (desculpádeme a redundancia) para preparar con eles unha exposición que pensamos poñer en marcha no mes de maio. Encántanos ir escoitando as suxestións de uns e outros, explorar os contidos dos libros que temos na biblioteca, "navegar" (que metáfora tan ad hoc!) por Internet na procura de novidades para incorporar á nosa exposición. E navegando, navegando Eva atopou un post no blog arrodeio cun poema de Gabriel García Márquez e unha ilustración anónima, ambas cousas moi apropiadas para preparar os ánimos viaxeiros. Reproducimos todo iso a continuación.
Viajar es marcharse de casa
es dejar a los amigos,
es intentar volar.
Volar conociendo otras ramas,
recorriendo caminos
es intentar cambiar.
Viajar es vestirse de loco,
es decir “no me importa”
es querer regresar.
Regresar valorando lo poco,
saboreando una copa,
es desear empezar.
Viajar es sentirse poeta,
escribir una carta,
es querer abrazar.
Abrazar al llegar a una puerta,
añorando la calma,
es dejarse besar.
Viajar es volverse mundando,
es concoer otra gente,
es volver a empezar.
Empezar extenidendo la mano,
aprendiendo del fuerte,
es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa,
es vestirse de loco,
diciendo todo y nada
con una postal.
Es dormir en otra cama,
sentir que el tiempo es corto.
¡Viajar es regresar!
es dejar a los amigos,
es intentar volar.
Volar conociendo otras ramas,
recorriendo caminos
es intentar cambiar.
Viajar es vestirse de loco,
es decir “no me importa”
es querer regresar.
Regresar valorando lo poco,
saboreando una copa,
es desear empezar.
Viajar es sentirse poeta,
escribir una carta,
es querer abrazar.
Abrazar al llegar a una puerta,
añorando la calma,
es dejarse besar.
Viajar es volverse mundando,
es concoer otra gente,
es volver a empezar.
Empezar extenidendo la mano,
aprendiendo del fuerte,
es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa,
es vestirse de loco,
diciendo todo y nada
con una postal.
Es dormir en otra cama,
sentir que el tiempo es corto.
¡Viajar es regresar!
Gabriel García Márquez
VIAJAR E’ TAO MELHOR QUE A VIDA REAL…
25/1/09
Viaxe a Madrid 3
O venres, día 23, os nosos compañeiros, continuaron o seu periplo por Madrid, alleos ó temporal que nos deixou na casa. Pola mañá visitaron o "Museo del Prado", a pinacoteca europea máis visitada.
Dende hai uns días pode ser admirada por todos os internautas xa que Google Earth fixo un estudo milimétrico das grandes obras que podemos atopar no "Prado". Coa exactitude da cámara que retrata píxel a píxel cada centímetro das pinturas, podemos coñecer dende casa os detalles menos coñecidos dos cadros. O resultado pódese ver en internet previa descarga do programa, aínda que en youtube xa atopamos algunha mostra.
Ese mesmo día, pola tarde, voltaron ó Teatro María Guerrero, esta vez para ser espectadores de "El dúo de La Africana", unha obra que o Teatre Lluire representa en homenaxe á "zarzuela" do século XIX.
O sábado toca volver a Oleiros, así que hai que ir mentalizándose que o luns hai clase.
20/1/09
En ruta: viaxe a Madrid
Hoxe, ás 8:30, os alumnos de 2º de Bacharelato marchan a Madrid.
Con eles van os profesores de Lingua Castelá e Literatura (David Sa, Marisa Ron e Pepa Vilariño). Esperamos que a neve non lles impida chegar a tempo para facer a visita prevista ó Madrid antigo.
Despois asistirán á representación de La comedia nueva o El café, una obra teatral de Moratín, de 1791, que dirixe o dramaturgo Ernesto Caballero, ó frente da Compañía Nacional de Teatro Clásico; será no Teatro Pavón.
O xoves continuarán as visitas culturais pero, xa falaremos...
19/1/09
En ruta: Trabzon, Turquía
Iniciamos unha nova sección: "En ruta". Como somos un instituto moi viaxeiro, queremos deixar constancia de todas as viaxes que imos facendo ao longo do curso.
A primeira do 2009 é moi exótica, enviamos como embaixador do "María Casares" a Fernando Domènech, profesor de Latín, de Oleiros a Trabzon (Trebson, Trebisonda, Trapisonda...), unha cidade costeira de Turquía, ao norte, no Mar Negro.
A viaxe ten un motivo profesional: un intercambio de experiencias con profesores de outros institutos que participan, coma nós, no programa "Comenius". Hai centros de Grecia, de Hungría, de Francia, de Alemania, de Italia e de Turquía (non, non é a Eurovisión)
Podemos seguir as novidades e incidencias desta viaxe nos próximos días, estade atentos!
A primeira do 2009 é moi exótica, enviamos como embaixador do "María Casares" a Fernando Domènech, profesor de Latín, de Oleiros a Trabzon (Trebson, Trebisonda, Trapisonda...), unha cidade costeira de Turquía, ao norte, no Mar Negro.
A viaxe ten un motivo profesional: un intercambio de experiencias con profesores de outros institutos que participan, coma nós, no programa "Comenius". Hai centros de Grecia, de Hungría, de Francia, de Alemania, de Italia e de Turquía (non, non é a Eurovisión)
Podemos seguir as novidades e incidencias desta viaxe nos próximos días, estade atentos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)