29/1/09

La elegancia del erizo


Esta obra se ha convertido en un éxito de ventas en nuestro país y no sin razón, ya que se trata de una historia muy original que te atrapa desde el primer momento. Está protagonizada por dos mujeres: una portera de mediana edad, de vida bastante anodina, pero muy inteligente y con una insaciable sed de conocimiento que intenta disimular, y una adolescente superdotada, con tendencias suicidas, que vive en un piso de la misma casa. Sus reflexiones y comentarios, ácidos y penetrantes, van alternándose a lo largo de la obra hasta que, ya avanzada la narración, irrumpe en la vida de las protagonistas un curioso personaje que va a establecer una relación muy especial con las dos, lo cual dará un nuevo sentido a sus vidas. La obra está llena de toques de humor y, a la vez, de referencias literarias, musicales y filosóficas, debido a la profunda curiosidad que estas mujeres tienen por los más diversos temas. La visión que se ofrece de las clases acomodadas es demoledora y la sensación de ser un bicho raro que experimentan las protagonistas está minuciosamente analizada. Un acontecimiento fortuito llevará a un desenlace imprevisto y tendrá repercusiones diametralmente opuestas para ellas.

28/1/09

O libro que vén


A revista Consumer presentou hai pouco unha infografía sobre lectores de libros electrónicos. Precisamente esta que vos deixo hoxe aquí por se tendes interese en botarlle unha ollada. Eu atrévome a aconsellarvos que o fagades porque, amig@s, os lectores de libros electrónicos son uns aparatiños que prometen. É máis, por algún sitio lin que o 2009 vai ser o ano da súa "consagración" definitiva. Terán éxito, xa o veredes. Sen ir máis lonxe, ¿imaxinádesvos o alivio que suporá substituír todos os pesados libros de texto cos que cargades a diario por un aparatiño que só pesa uns 300 gramos e no que podedes traer ademais dicionarios, enciclopedias, libros de lectura obrigatoria...?
Vía: Libros y bitios

27/1/09

¿De qué están hechos los sueños?


"Cualquier hombre es lo que ha vivido más lo que ha soñado. También, en nuestro tiempo, el cine o la televisión que ha visto. En el caso de algunos hombres, la vida, las lecturas no tienen, entre sí, fronteras definidas. Y hay quien es, sobre todo, y por encima de todo, los libros que ha leído. A menudo, esa es la materia de la que se nutren los sueños. Y no pocas vidas". Arturo Pérez Reverte

26/1/09

Devoción polos libros


Aquí vos presento un sitio de e para amantes dos libros. Chámase El Templo de las mil puertas, unha revista de libros escrita por xente nova para xente nova. Leva publicados sete números, todos en Internet, todos gratuítos e todos en dúas versións que podedes ler online ou descargar nos vosos ordenadores. Nesta revista hai auténticos tesouros para @s amantes dos libros: noticias, reseñas, entrevistas a escritor@s (Care Santos, Stephenie Meyer, Laura Gallego, entre outr@s) reportaxes, enquisas... Interesáronme especialmente dúas reportaxes: as tituladas “Los imprescindibles del 2008” e El bestseller juvenil”, aparecidas nos números 7 e 4 respectivamente. Interesante tamén o debate sobre “lecturas obrigatorias do número 7: parece que en xeral, e non sorprendentemente, preferides que vos deixen escoller os libros a que vos impoñan uns títulos determinados. Teremos que tomar nota, logo. Pois veña, amantes da letra impresa, facédelle unha visita ao “templo” desta xente tan apaixoada dos libros, tan traballadora e tan xenerosa. Ben o merecen.


25/1/09

Viaxe a Madrid 3

O venres, día 23, os nosos compañeiros, continuaron o seu periplo por Madrid, alleos ó temporal que nos deixou na casa. Pola mañá visitaron o "Museo del Prado", a pinacoteca europea máis visitada.

Dende hai uns días pode ser admirada por todos os internautas xa que Google Earth fixo un estudo milimétrico das grandes obras que podemos atopar no "Prado". Coa exactitude da cámara que retrata píxel a píxel cada centímetro das pinturas, podemos coñecer dende casa os detalles menos coñecidos dos cadros. O resultado pódese ver en internet previa descarga do programa, aínda que en youtube xa atopamos algunha mostra.

Ese mesmo día, pola tarde, voltaron ó Teatro María Guerrero, esta vez para ser espectadores de "El dúo de La Africana", unha obra que o Teatre Lluire representa en homenaxe á "zarzuela" do século XIX.

O sábado toca volver a Oleiros, así que hai que ir mentalizándose que o luns hai clase.

23/1/09

Un cómic para lembrar


La Voz de Galicia daba conta no seu número do mércores día 21 da presentación do cómic Compañeiros, de Xosé Tomás . Nárrase nel un episodio histórico: no Portiño, alá polo triste ano de 1937, 80 persoas (todas elas menores de 30 anos) intentan escapar por mar da represión franquista "que os mantiña escondidos en sotos, tellados ou bosques". E non vos conto máis: o portal culturagalega.org ofrécenos este cómic íntegro e gratis en versión pdf. Clicade e lede, se vos prace. Vale a pena.

Lector@s sen fronteiras, pero con pasaporte

Afortunadamente, ler non ten cancelas nin fronteiras, e para viaxar dun libro a outro non precisades máis que as vosas reais gañas . Unha vez dito isto, e para probar que os humanos somos animais contraditorios, paso a invitarvos a que saquedes o voso "pasaporte lector" canto antes. Que é iso? Pois un caderniño no que podedes incluír a relación de tódolos libros que leades, unha cita de cada un e un breve comentario. Alá polo mes de maio, faremos un pequeno concurso e ata repartiremos algún premio que outro entre aqueles que presenten un pasaporte máis lucido. Pasade logo pola biblioteca e recollede os vosos pasaportes, ou ben pedídellos á vosa profesora de lingua, cal queira que esta sexa (tanto a profesora como a lingua).

22/1/09

En ruta: viaxe a Madrid 2


Hoxe, xoves, os viaxeiros a Madrid teñen unha xornada completa: unha visita guiada ó Teatro María Guerrero, despois acudirán á Bolsa de Madrid. Pola tarde-noite, máis relaxados, completarán a xornada coa asistencia ó musical "A", de Nacho Cano (ex-Mecano), no Teatro Haagen-Dazs...

21/1/09

Ler corrompe (ou corrompía)


Leo no na páxina 31 do libro La lectura en España. Informe 2008 un artigo titulado "Los peligros del leer" sobre a condena que nos séculos XVIII e XIX sufriron os libros de esparexemento, eses aos que dedicamos casi enteiramente este blog. Os "expertos" daquel tempo consideraban a afección á lectura deste tipo de libros coma unha especie de enfermidade perigosa, entre outros motivos "porque asociaba a inmobilidade do corpo coa excitación da imaxinación". Claro, deixas a alguén só cun libro e éncheselle a cabeza de elfos, licántropos e vampiros enamorados...
Interesante, e ata ameno, este informe sobre a lectura.Tiven noticia da súa existencia a través do blog de José Antonio Millán Libros y bitios (un dos blogs en castelán máis visitados). O libro está a disposición de quen o queira na seguinte páxina web lalectura.es. Pódese descargar todo xunto ou por capítulos. Advírtovos que é un pequeno tochiño de 364 páxinas, demasiado extenso quizá para lelo na pantalla con comodidade. Claro que tamén podedes solicitar o libro impreso a unha dirección de correo que aparece no blog de José Antonio Millán. Nós esperamos telo dentro de pouco na biblioteca.

20/1/09

En ruta: viaxe a Madrid

Hoxe, ás 8:30, os alumnos de 2º de Bacharelato marchan a Madrid. 
Con eles van os profesores de Lingua Castelá e Literatura (David Sa, Marisa Ron e Pepa Vilariño). Esperamos que a neve non lles impida chegar a tempo para facer a visita prevista ó Madrid antigo.
Despois asistirán á representación de La comedia nueva o El café, una obra teatral de Moratín, de 1791, que dirixe o dramaturgo Ernesto Caballero, ó frente da Compañía Nacional de Teatro Clásico; será no Teatro Pavón.
O xoves continuarán as visitas culturais pero, xa falaremos...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...