15/2/09

O rapaz que sabía demasiado


Co voso permiso, esta vez vou recomendar unha película e non o libro no que se basea, que aínda non lin. Fálovos de Slumdog Millionaire, unha película que están botando estes días nas sás de cine e da que se está a falar moito, entre outras razóns, por aquelo dos óscars que polo visto pode levar. Recoñeceredes que algúns dos seus responsables teñen uns antecedentes cinematográficos do melloriño. Empezando polo guionista, Simon Beaufoy, responsable tamén do guión de Full Monty e rematando polo director, Danny Boyle, quen xa hai uns anos dirixira Trainspotting, unha tremenda película de personaxes desgarrados e marxinais.
Slumdog Millionaire arranca cunha sospeita: un mozo de dezaoito anos, sen estudos oficiais e que se criou nas rúas de Bombai en condicións miserables, pode saber tanto como para estar a punto de gañar 20 millóns de rupias nun concurso de televisión do estilo Quere vostede ser millionario, con preguntas enrevesadas que deixan mudos a moitos universitarios? Non é de extrañar que a policía se faga esta pregunta e, a continuación, elabore a única explicación que lle parece posible: Jamal, o mozo dos suburbios que parece sabelo todo, fai trampas. Así que cando só lle falta unha pregunta para gañar o gran premio, lévano detido.
No interrogatorio saberemos onde aprendeu Jamal todo o que sabe e as razóns que o levaron a participar no concurso de televisión. Pero eu non conto máis, non quero estropearvos a hora de intenso disfrute cinematofráfico que ben seguro pasaredes se ides ver esta película. De momento, déixovos o tráiler para que vaiades "facendo boca".

12/2/09

Inspiration is perspiration


Permitímonos hoxe incluír no blogue unha longa cita sobre Darwin extraída dun recente artigo que o científico Xurxo Mariño publicou en culturagalega.org. E facémolo porque nos parece moi oportuno recordar que tamén a Darwin a inspiración o colleu traballando, ou, como dirían os ingleses, "inspiration is perspiration."
Di Xurxo Mariño:"Polas súas obras e por todo o que teño lido sobre el, estou convencido de que Darwin non era unha persoa de intelixencia “superior”. A idea da selección natural, por exemplo, está exposta dun xeito máis brillante por Alfred Wallace que por Darwin, se comparamos os breves traballos que ámbolos dous presentaron conxuntamente en 1858 na “Linnean Society” de Londres, pistoletazo de saída para a publicación de “A orixe das especies” un ano despois. Mais Darwin foi un científico que destacou por riba de todos os naturalistas do seu tempo e que desenvolveu unha visión revolucionaria da vida sobre a cal se sustenta toda a bioloxía de hogano. Como fixo? Observou a natureza con gozo e extrema curiosidade, cunha mente libre de prexuízos; buscou probas con paciencia, perseveranza e tesón antes de convencerse e dar algo por feito; foi humilde ata extremos inconcibibles hoxe en día; viaxou por todo o mundo, observou, meditou, camiñou, navegou, volveu a meditar. E todo sen presas. Foi un científico modelo, un dos poucos. Hoxe hai moito currículo e moita présa, pero poucos científicos coa calidade de Charles Darwin."
Se queredes ler o artigo completo, clicade aquí.
A foto está sacada de culturagalega.org

La especie elegida


"Sólo a partir de Darwin se ha comprendido que no somos la especie elegida, sino como dice Robert Foley, una especie única entre otras muchas especies únicas"


Juan Luis Arsuaga e Ignacio Martínez, La especie elegida

La especie elegida é un ensaio no que os autores recolleron en 1998 os seus traballos sobre os descubrimentos realizados nas excavacións de Atapuerca, en Burgos.

Algúns capítulos son moi especializados (os que tratan dos climas) mais outros son divulgativos, sinxelos e moi amenos. Os alumnos de Bacharelato estades obrigados a coñecer este primeiro volumen.

O primeiro descubrimento data de 1978. Dende os anos 90, os paleontólogos Arsuaga, Carbonell e Bermúdez de Castro codirixen as excavacións que levaron a coñecer ó "Home Antecessor", o chamado primeiro europeo. Na "Sierra de la Demanda" están os restos máis antigos do noso continente, hai mostras de restos humáns (unha pelvis a que chamaron "Elvis"), animais (na chamada "Sima de los elefantes"), e instrumentais que axudarán a comprender de onde vimos.

Os traballos continúan e estades invitados a visitar a magnífica páxina web da fundación: http://www.atapuerca.org/

10/2/09

Dillo con música

Con letra de Ángel González e interpretada por Pedro Guerra coa colaboración do propio Ángel González, velaquí unha canción que vos virá que nin pintada para San Valentín. Por se queredes decirllo con música, vaia. Xa sei que tendes moito onde escoller, que cancións con tema amoroso lévanse feito unhas cantas desde xa moito antes de se inventar o mp3. Agora ben, que acaden a calidade desta que hoxe deixo aquí, recoñecede que non hai moitas. A interpretación de Pedro Guerra é delicada e emotiva; e a letra, qué letra, pura poesía. Para que non perdades palabra copio o poema a continuación do vídeo. De nada

ME BASTA ASÍ

Si yo fuese Dios
y tuviese el secreto,
haría un ser exacto a ti;
lo probaría
(a la manera de los panaderos
cuando prueban el pan, es decir:
con la boca),
y si ese sabor fuese
igual al tuyo, o sea
tu mismo olor, y tu manera
de sonreír,
y de guardar silencio,
y de estrechar mi mano estrictamente,
y de besarnos sin hacernos daño
—de esto sí estoy seguro: pongo
tanta atención cuando te beso—;
entonces,

si yo fuese Dios,
podría repetirte y repetirte,
siempre la misma y siempre diferente,
sin cansarme jamás del juego idéntico,
sin desdeñar tampoco la que fuiste
por la que ibas a ser dentro de nada;
ya no sé si me explico, pero quiero
aclarar que si yo fuese
Dios, haría
lo posible por ser Ángel González
para quererte tal como te quiero,
para aguardar con calma
a que te crees tú misma cada día
a que sorprendas todas las mañanas
la luz recién nacida con tu propia
luz, y corras
la cortina impalpable que separa
el sueño de la vida,
resucitándome con tu palabra,
Lázaro alegre,
yo,
mojado todavía
de sombras y pereza,
sorprendido y absorto
en la contemplación de todo aquello
que, en unión de mí mismo,
recuperas y salvas, mueves, dejas
abandonado cuando —luego— callas...
(Escucho tu silencio.
Oigo
constelaciones: existes.
Creo en ti.
Eres.
Me basta).

Ángel González

9/2/09


"El amor no es sino el grito de la vida"
Martín Casariego

Unha galega que triunfa en USA
























Solitaria, enigmática, lista como a fame e amiga de meterse en líos: así é Luci Jenifer Inacio das Neves, "Lucifer" para os amigos, a protagonista de
Hexed, o cómic que a arousana Emmma Ríos publicou o mes pasado en Estados Unidos e que podedes ler completo en myspace. com-Comic Books. Disponédevos logo a percorrer as rúas e antros de Manhattan na compaña dunha moza encarrapuchada, miúda e escurridiza, que entra nos sitios sen pedir permiso e sae sen despedirse. Non podía ser doutro xeito tendo en conta o caráter das ocupacións da tal moza. Non era de esperar que a recibisen con banda de música e alfombra vermella...
A propósito, o cómic está en inglés, any problem? Se é que si, estes dous dicionarios online poden sacarvos de apuros: Wordreference e Dictionary.com.
Para máis información sobre esta fabulosa debuxante consultade culturagalega.org: ademais dunha sucinta biografía de
Emma Ríos, veredes un resumo da súa produción e varios links a publicacións que inclúen traballos desta artista. Agora ben, tamén podedes deixar que a propia Emma Ríos vos fale das súas experiencias desde o seu blog.

8/2/09

O amor en tempos de crise. Segunda parte



Hoxe imos deixar que falen os poetas, que do amor e as súas circunstancias saben máis ca ninguén. Calo logo, e toma a palabra Ángel González, quen alá polos anos sesenta do pasado século (a propósito, toda unha crise a daqueles anos) escribía o seguinte:

Inventario de lugares propicios al amor

La primavera está muy prestigiada, pero

es mejor el verano.

Y también esas grietas que el otoño

forma al interceder con los domingos

en algunas ciudades

ya de por sí amarillas como plátanos.

El invierno elimina muchos sitios:

quicios de puertas orientadas al norte,

orillas de los ríos,

bancos públicos.

Los contrafuertes exteriores

de las viejas iglesias

dejan a veces huecos

utilizables aunque caiga nieve.

Pero desengañémonos: las bajas

temperaturas y los vientos húmedos

lo dificultan todo.

Las ordenanzas, además, proscriben

la caricia (con exenciones

para determinadas zonas epidérmicas

-sin interés alguno-

en niños, perros y otros animales)

y el «no tocar, peligro de ignominia»

puede leerse en miles de miradas.

¿A dónde huir, entonces?

Por todas partes ojos bizcos,

córneas torturadas,

implacables pupilas,

retinas reticentes,

vigilan, desconfían, amenazan.

Queda quizá el recurso de andar solo,

de vaciar el alma de ternura

y llenarla de hastío e indiferencia,

en este tiempo hostil, propicio al odio

Fonte: cervantesvirtual.com
Foto: flickr

7/2/09

O amor en tempos de crise

Cabe a posibilidade de que a semana que vén chegue ás nosas aulas e pasillos o ciclón de suspiros con nome de santo (San Valentín, por se non te decataras) que soe soprar todos os anos por estas datas. E non vaiades pensar que é un ventiño calquera por iso de que non arrinca tellados nin pecha institutos. Convén, xa que logo, estarmos preparados e preparadas, que se di agora. Conste que eu non creo que a xente se namore máis porque sexa 14 de febreiro, claro. Pero, dito isto, aproveito para arrimar a auga ao meu muíño e lémbrovos que non hai nada máis tratado na literatura que a cuestión esa do amor: “quérote”, “por que non me queres”, “quéreme máis, anda, qué traballo che costa”… etcétera, etcétera, etcétera. Así que entre varias persoas imos encher este blogue de amor ata que empalague. Empezo eu e fágoo precisamente cunha historia sen palabras pero moi simpática que vin en Trafegando ronseis, un dos meus blogues imprescindibles. Trátase dun namoramento con suspense que arranca nun lugar improblable (ou non tanto, pero eu nese tema non quero entrar…). E non sigo: mellor vede o vídeo, se o tendes a ben.
Vía: Trafegando ronseis


5/2/09

Charles Darwin, 200 anos


Charles Darwin, 200 anos

O xoves 12 de febreiro é o 200 aniversario do nacemento de Charles Darwin, o científico inglés que fixo cambiar a base dos estudos científicos sobre a orixe da nosa especie.

Este estudante de Teoloxía cambiou de idea e, ós 22 anos, comezou unha viaxe ó redor do mundo a bordo do bergantín Beagle, xunto co capitán Fitz Roy. Cando voltou a Inglaterra traballou durante anos no estudo dos seus cadernos de notas e dos restos fósiles que recolleu na viaxe. Defendeu, xunto con Wallace (de que falaremos estes días) a teoría da evolución das especies segundo a adaptación ó hábitat, e a teoría da variación.

A súa obra Sobre a orixe das especies por medio da selección natural ou a conservación das razas favorecida na loita pola existencia foi publicada en 1859, hai 150 anos. Por esa coincidencia de datas estamos celebrando o "ano Darwin".Podedes consultar a biografía completa do científico inglés na wikipedia e, se tedes catro minutos libres, podedes ver o resumo que hai en youtube:



2/2/09

Canteira de oradores e oradoras


La Voz de Galicia transmitía a boa nova este domingo: o alumnado galego prefire os argumentos aos gritos, as razóns á demagoxia. Algo diso xa o sabiamos por aquí pero encántanos velo publicado na prensa (xa vedes, ás veces as boas noticias son noticia). ¿E como se enteraron nos xornais de que nos nosos institutos hai rapaces e rapazas cunha capacidade argumentativa e uns modais "tipo Obama"?. Gracias a unha Liga Galega de Debate, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que rematou onte en Santiago. Pois ben, do María Casares mandamos a esta liga un equipo que ben poderiamos considerar de primeira división: Antía Pardo, Soraya Cruz, Alejandro Pardo e Samuel Nión, todos de primeiro de bacharelato. Heilles pedir unha mostra do seu traballo para publicala proximamente neste blog.
A foto está sacada da páxina xuventude.net, onde podedes atopar máis información sobre este tema.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...