7/5/09

Calquera traballo non é un bo traballo

Kindle DX: o saber xa case non ocupa lugar



A BBC titula así a noticia que anuncia a aparición dun novo artiluxio da súper tenda Amazon : "Kindle DX, hacia una sociedad sin papel". Polo visto, algo diso é o que pretenden os creadores do irmán máis novo do Kindle: esperan que este aparato sirva de soporte a montóns de libros de texto e xornais. Desde logo, as súas características, que podedes examinar nesta páxina ( en inglés), son moi atractivas. Destaco o seu espesor de apenas uns 8 milímetros e a posibilidade de variar o tamaño da fonte, algo que agradecemos moitos as que andamos xa coa vista cansada. Principal inconvinte: o precio, como case sempre: 367 €, ao que logo lle teremos que sumar o que valga cada libro. De calquera xeito, eu penso que este aparatiño, ou outro similar, acabará impoñéndose. E non tardará moito.

A conselleira de Sanidade recomenda lavar as mans e nós dicímosche como

Di La Voz de Galicia (o link non vos leva á información que vos comento, que non aparece na edición dixigital do xornal, senón á noticias sobre o mesmo tema) que a conselleira de Sanidade recomenda lavar as mans como medida para evitar a propagación da gripe porcina (imos chamarlle así, que é máis doado ca H1N1). Por si algún/a de vós se esquenceu de como se fai tal cousa, aproveito un vídeo de Consumer, que me chegou hai pouco ao meu correo electrónico, e no que aparecen algúns aconsellos sobre como e cando hai que lavar as mans. Aquí o tendes.


4/5/09

"Os mortos van á presa" arrasa nos premios "Mestre Mateo"

Déixovos o tráiler da película "Os mortos van á présa", a mellor longametraxe producida en Galicia no ano 2008. E dous links para que vos informedes máis e mellor sobre esta cinta, antes de ir vela, claro.

Ficha da película na páxina da Axencia Audiovisual Galega
Listaxe completa de premios en Vieiros

1/5/09



Para ese recuncho que ás veces transformo en "curruncho", un poema de José Carlos de Vasconcelos seleccionado por Belén.



LLL

L de letras
- das letras simples
com que escrevo estes versos claros

L de livros
- desses companheiros
em que a música se disfarça de silêncio
e a vida não amarelece com as páginas

L de lilaz
- essa flor tão breve
com um cheiro azul de paz

L de um anseio
de que está o mundo cheio;
L de um grito
que nos há-de rebentar o peito
e encher toda a cidade:
este L
alto e direito
da Liberdad

De José Carlos de Vasconcelos


28/4/09

Precísanse lectores con talento



El viaje de la lectura pasa muchas veces por terrenos difíciles que exigen tolerancia, espíritu libre, capacidad de emoción inteligente, deseos de comprender al otro y de acercarse a un lenguaje distinto al de nuestras tiranías cotidianas.

Enrique Vila-Matas

Le El talento del lector en El País

Como conservar ben os libros



Veño de renderlle a miña visita diaria ao blogue Nosololibros e, como sempre, traio algo de proveito. Esta vez é unha infografía sobre a boa conservación dos libros nas bibliotecas sacada da versión dixital da revista Muy Interesante. Pois iso, moi interesante.

27/4/09

Roi Casal: Ninfa das frescas augas

O artista que traemos hoxe aquí chámase Roi Casal. Compón, canta e toca a arpa que dá xenio. E por riba é bo mozo. E non digo máis, que teño que ir para a clase. Déixovos dous links para que vos documentedes sobre este artista e a promesa de volver con máis vídeos seus.


Entrevista a Roi Casal en netclub

Páxina web do artista

Unha biblioteca en cada casa



Interesante o artigo de Víctor Freixanes Libros e casas, publicado onte en La Voz de Galicia. Nel fálanos dunha iniciativa do governo arxentino para dotar ás vivendas de protección social dunha biblioteca básica. Cito textualmente:
"Ao tempo que se lle entrega á familia a chave da nova vivenda, a Administración instala unha pequena biblioteca doméstica de 18 títulos, seleccionados entre o máis representativo da literatura arxentina e universal.
Van 50.000 entregas no último ano, segundo o secretario de Cultura da Presidencia, José Nun. O 80% dos beneficiarios nunca tiveran un libro na casa. A experiencia acompáñase dunha programación de obradoiros de lectura nos barrios, para dinamizar as bibliotecas, e un programa educativo nos centros escolares, dirixido aos rapaces e rapazas, apoiado nos títulos que configuran as bibliotecas, para que poidan dispoñer neles na casa."
Polo visto, esta idea, que me parece excelente, xa se exportou a outros países. Non estaría de máis que a tivésemos tamén en conta por estes "pagos".

Libros e casas en La Voz de Galicia

23/4/09

Vacacións solidarias



Chéganos ao correo electrónico esta mensaxe de Nuria, de Solidaridade Internacional:

Neste verán, qué pensas facer nas túas vacacións?

Achégate, infórmate e viaxa connosco!

Xa está en marcha vacacións solidarias 2009


O Programa de Voluntariado Internacional VACACIÓNS SOLIDARIAS bríndache a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.


  • Ecuador - 1.795 € - do 3 ao 30 de Xullo
  • Bolivia - 1.925 € - do 1 ao 28 de Agosto
  • Guatemala - 1.815 € - do 3 ao 29 de Xulio
  • Tindouf - 1.095 € - do 10 ao 24 de Outubro

Infórmate en: www.solidaridadgalicia.org/vacacions2009

REUNIÓNS INFORMATIVAS


Ourense
Luns 27 de abril ás 20:30 h
MOUCHO, rúa da concordia nº17, 32003, OURENSE
Responsable: Maite Pérez Insua

Pontevedra
Martes 28 de abril ás 20:30 h

Tenda Comercio Xusto

Galerías de la Oliva, local nº4, 36001, Pontevedra
Responsable: María Paz Gutiérrez

A Coruña
Mércores 29 de abril ás 20:30 h

Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia

C/ Cantón Grande 21-24, 15003, A Coruña

Responsable: Teresa Boedo Blanco



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...