Los libros son como los amigos, no siempre es el mejor el que más nos gustaJacinto Benavente
31/5/11
Sara Rodríguez recomenda "Canciones para Paula"
![]() |
| Procedencia da imaxe |
Sara Rodríguez, alumna de primeiro de ESO felizmente aqueixada dunha insaciable afección a ler e a escribir, prégame que vos transmita a súa recomendación por un libro que leu recentemente e que lle encantou. Ao igual que Antón, do cal víamos hai pouco a reseña de Eragon, Sara publicou o seu comentario no blogue La caracola. De alí a saco eu e aquí volo deixo. E remato anunciándovos que próximamente daremoslle cabida aos comentarios entusiastas de Alba, outra alumna de 1º de ESO, fan entusiasta (valga a redundancia) do xenial Terry Prachett.
Esta novela gustoume moito. Paula, a protagonista da historia, é a protagonista dun triángulo amoroso:
Vai coñecer ao seu cibermozo, Anxo, en persoa. Chega a primeira ao lugar da cita e, como el tarda moito, entra nunha cafetaría próxima, onde coñece a Álex, un novo escritor e saxofonista que está lendo o mesmo libro que ela ao mesmo tempo que escribe outro. Álex ten que marchar da cafetaría rapidamente para ir á clase.
Inés, a medio irmán de Álex, vaise a vivir con el e tenta conquistalo, xa que non son do mesmo sangue. Pero o que Inés non sabe é que Álex está perdidamente namorado de Paula.
Diana, amiga de Paula, namórase de Mario, irmán de Miriam, a súa mellor amiga, e amigo da infancia de Paula. O que Diana descoñece é que Mario está locamente namorado de Paula.
Katia, unha exitosa cantante, é entrevistada por Anxo e namórase locamente del e tenta conquistalo, pero el dille unha e outra vez que non a quere, que el ama a Paula. Aínda así, Anxo sente algo por Katia.
Paula, pola súa banda, está a saír con Ángely no único que se centra é nel, no exame de Matemáticas do xoves e no sábado, xa que ese día cumprirá 17 anos e, polo visto, perderá a virxinidade con Anxo.
Se queres saber máis sobre os personaxes ou a historia, visita a web oficial de Canciones para Paula.
Etiquetas:
Canciones para Paula,
colaboracións,
reseña
27/5/11
Un glog para ler
Pedinlle prestado a Marisa, a profesora de lingua galega, o glog tan bonito que vedes neste post e que levaba algún tempo publicado no seu blogue Enredando coas palabras. Tivo a amabilidade de mo prestar e aquí volo deixo para que o vexades: loce moito e ademais contén recomendacións de lectura moi proveitosas. Certo é que estas recomendacións están pensadas ex profeso para xente de 1º de ESO, pero na biblioteca non vos imos pedir o carné (polo menos non o de identidade) se queredes levar calquera libro dos que aquí temos. E copio tamén, xa que me deixa Marisa, a presentación do seu glog. Reza tal que así:
O Señor dos Aneis, de Tolkien; Cairo Branco, de Jack London; A escura luz do Tíber, de Lola Gándara; O príncipe da brétema, de Carlos Ruíz Zafón; A volta ao mundo en 80 días, de Jules Verne; Carne de pedra, de Cornelia Funke... Libros clásicos e actuais para que poidas elixir. Mira de que trata cada un e anímate a lelos. Están a agardarte na biblioteca. Pasarás momentos inesquecibles.
26/5/11
Puntadas solidarias para celebrar o 50 cumpreanos de AI
![]() |
| Autorretrato de Colo |
![]() |
| Portada do último número da revista de A I A organización Amnistía Internacional cumpre 50 anos, toda unha idade, aínda que neste caso podemos dicir con total propiedade que moi ben levada. Son 50 anos de loita continua polos dereitos humanos e a liberdade de conciencia en todo o mundo. Cincuenta anos merecen unha celebración de certo ringo rango e AI anda por estas datas ocupada en distintos actos conmemorativos, aínda que, hai que dicir, a pompa non é o seu estilo . A min interésame unha "celebración" en particular da que paso a falarvos. A modo de homenaxe, o ilustrador Colo confeccionou un fermosísimo cómic que recolle sucintamente os momentos clave da historia de AI. O que chama a atención do cómic é a laboriosa técnica empregada por Colo. Vou deixar que el mesmo vola expoña citando textualmente declaracións aparecidas en Salamandragora, o blogue do artista. Eu só os invito a que contempledes o cómic e vos fixedes na aparente sinxeleza e inxenuidade das imaxes e no efecto estético que conseguen. A min pareceume xenial. |
Lo único que dibujé en todo el cómic son los ojillos y las bocas, el resto son hilos de colores cosidos al papel y cartones y papeles de colorines.
Me lo he pasado como un enano, vamos. (Jesús Colomina, Colo)
Podedes descargar a revista de forma gratuíta neste link ( o cómic aparece na páxina 15):
Revista nº 108. Mayo- Junio de 2011
24/5/11
Antón Rodríguez recomenda a saga "El legado"
Antón, alumno de 1º da ESO, recomenda a lectura da saga "El legado". Se queredes ler o texto orixinal, publicado este curso no blogue La caracola, premede no seguinte link: Recomiendo la saga el legado. Aquí déixovos unha versión traducida por unha servidora, co permiso de Antón, por suposto.
Esta saga consta de catro libros: Eragon, Eldest, Brisingr e un cuarto que aínda non saíu.vía: La caracola
Eragon ouvira falar dos Xinetes de Dragón, antigos gobernantes de Alagaësia, pero nunca se imaxinou que se convertería nun Xinete e que tería que loitar contra os homes de Galbatorix, malvado rei de Alagaësia, para acabar co seu reinado. Durante a historia coñece moitos e moi bos amigos, incluíndo a unha elfa, da que se namora.
É unha gran saga e o tres primeiros libros, que son os que lin, gustáronme moito. Case me esquezo de dicirvos que tamén de fixo unha película do primeiro libro e, aínda que non a vin, sei que non recibiu moi boas críticas.
19/5/11
Libros salvados

Aquí tendes o link para disfrutalo en issuu:
Salvando libros. Centros de secundaria
vía Blog de bibliotecas escolares de Galicia
14/5/11
Caza do tesouro sobre Lois Pereiro
E cortesía tamén do Departamento do Galego do IES María Casares, unha caza do tesouro sobre o poeta monfortino homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Novo intento: Caza do tesouro sobre Lois Pereiro
A vida e a obra de Lois Pereiro
Despois de que Blogger nos tivese dous días a velas vir, volvemos un sábado pola tarde para mostrarvos un traballo sobre a vida e obra de Lois Pereiro elaborado polo departamento de galego do noso instituto e publicado no blogue de 1º da ESO Enredando coas palabras. Preme na imaxe para lelo.
12/5/11
"La vuelta al mundo en 80 días" remata en Glogster
O club de lectura de 1º de ESO está estes días enredado en, entre outras, dúas tarefas: rematar de ler "La vuelta al mundo en 80 días" e aprender a facer "glogsters". De momento, a nova ferramenta preséntalles algunhas dificultades, pero como sabemos que son xente expelida, seguro que non han tardar moito en dominala por completo. Para animalos, publicamos aquí o primeiro froito dos seus esforzos (se clicades na imaxe veredes o póster no tamaño orixinal) coa promesa de lle dar cabida a todas as demais obras de arte que saian das mans, ratos e pantallas de todos os membros (e membras?) do club.
10/5/11
Cando a arte está polo chan
Por unha vez ímosvos pedir que pousedes o libro que estades lendo e vos paredes a contemplar estas marabillas de arte rueira que andan repartidas por diferentes lugares do mundo. Trátase de composicións pictóricas creadas para cautivar a vista humana cunhas perspectivas que quitan o alento. Atopámolas en honkiat.com, un blogue moi recomendable pola calidade dos seus contidos. Copio continuación un fragmento do texto (en inglés) que acompaña ao post que reproduce as 50 composicións máis espectaculares deste tipo de arte e que titulan, non sorprendentemente, 50 More Breathtaking 3d Street Art (paintings) :
3d Street Art paintings have been around since the sixteenth century when Italian Renaissance Madonnari and French trompe l’oeil (French for ‘deceive the eye’) painters created stunning murals to decorate the interior walls of luxurious villas. 3d art can also trace it’s routes further back to ancient Greek days when painter Zeuxius (born around 464BC) painted a still life painting so convincing that birds flew down from the sky to peck at the painted grapes. The magic of 3d is created by painting a 2d picture and viewing it from a specific angle to capture the right perspective.E para rematar, unha mostra de esta arte , absolutamente breathtaking. Se queredes velas todas clikade no link que vos proporcionamos neste mesmo post, of course.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



