Consulta aquí o programa completo da semana cultural:
Semana Cultural Completa
23/3/12
A semana cultural ao completo
20/3/12
Agora si que xa é primavera
| A foto é de ZakVTA, a quen lle agradecemos que nos permita usala |
O blog Leer.es destaca o prestixiada que está a primavera no universo poético e propón, como sana actividade para recibir a esta simpática estación, a lectura de varios poemas que veñen publicando desde hai uns días. Na entrada que cerra a serie de poemas, aparece unha das miñas composicións favoritas: "El romance del prisionero". Vouna copiar aquí e cítovos para un próximo post, no que penso publicar os productos da inspiración dos alumnos e alumnas de 1º de ESO que andan estes días compoñendo haikus, primaverais algúns e outros menos.
Que por mayo era, por mayo,
cuando hace la calor,
cuando los trigos encañan
y están los campos en flor,
cuando canta la calandria
y responde el ruiseñor,
cuando los enamorados
van a servir al amor;
sino yo, triste, cuitado,
que vivo en esta prisión;
que ni sé cuándo es de día
ni cuándo las noches son,
sino por una avecilla
que me cantaba el albor.
Matómela un ballestero;
dele Dios mal galardón.
Do 26 ao 30 de marzo: semana máis cultural e solidaria, se cabe
Neste instituto imos dedicar a semana que vén a ler e a estudar, como sempre, pero reservando esta vez un tempo e un espazo extras para a tan necesaria solidariedade con aqueles membros da familia humana máis desfavorecidos. Alumnos e alumnas participarán nunhas cantas actividades que teñen como principal finalidade a cooperación con destacadas organizacións non gobernamentais (Mundo Cooperante, Save the Children, Paideia) para tomar nota das súas actuacións e exemplo do seu compromiso ético. E intentaremos todos colaborar, na medida das posibilidades de cada quen, nalgúns dos proxectos solidarios que estas entidades están desenvolvendo na actualidade. Teño diante de min o papel impreso co programa de actos pero, se me permitides, vou esperar a chegar á casa, e desde o meu escáner particular, fago unha copia e logo súboa a este blog. De momento, non me é posible: o escáner da biblioteca empéñase en non funcionar e non hai maneira de convencelo, ou eu non a coñezo.
14/3/12
13/3/12
Un libro de citas sobre "Mi familia y otros animales"
Mi familia y otros animales
View more PowerPoint from mariacasares2007
Membros e "membras" do club de lectura María Casares:
Exquisitamente elaboradas por Marisa, a profesora de Lingua Galega, chegan a este blog e para todos vós a portada e a primeira páxina da presentación colectiva que imos facer sobre Mi familia y otros animales. Agora só vos queda descargar este arquivo e empregar a segunda diapositiva como plantilla para o voso traballo. Sobre o fondo verde, copiades o texto do libro que teñades seleccionado e indicades entre parénteses o capítulo. Sobre o fondo morado, escribides o voso comentario e logo, outra vez entre parénteses, poñedes o voso nome. Se non vos coubese todo o texto, tanto o da cita como o do comentario, probade a reducir o tamaño da letra. E se con iso non chega, non vos queda outra máis que "podar" os textos ata que acaben encaixando.
11/3/12
A arte de escribir con boa letra
Caligrafía é unha palabra que se formou a partir de dous termos gregos, κάλλος, "bonito" e γραφή, "escritura". Significa, claro, "a arte de escribir a man con boa letra". Polo tanto, trátase, que quede ben claro, dunha arte. E que é, senón, isto que vemos facer no videoclip que tomo prestado do blog The Presurfer?
E isto outro que aparece nun clip que importo de El Rincón del Calígrafo?
E isto outro que aparece nun clip que importo de El Rincón del Calígrafo?
Jorge Pedraz, de 1º de ESO, recomenda "Diario de Greg, días de perros"
| Procedencia da imaxe |
Jorge Pedraz, de 1º de ESO A envíanos ao correo electrónico unha breve reseña sobre un libro que lle encantou. Transcríboa a continuación.
Diario de Greg, días de perros, escrito por Jeff Kinney, trata sobre un niño de trece años llamado Greg que vive en los Estados Unidos de América en una casa que comparte con sus padres y dos hermanos. Tiene relación con un niño de su edad pero su manera de comportarse es tal cual la de un niño de unos cinco años de edad.
Pequeño resumen:
Greg está pasando las vacaciones de verano, hace un tiempo espléndido y todas las personas de todas las familias se lo pasan en grande al aire libre. Pero Greg permanece todo el tiempo encerrado en casa con las cortinas cerradas y jugando a la “play station”. Como él mismo dice, Greg se considera una persona casera, esto era lo que tenía pensado hacer en vacaciones y esto es lo que hace, sin más obligaciones y sin normas de ningún tipo. Pero su madre no parece muy entusiasmada con el modo de vida de Greg: ella cree que en vacaciones es necesario prestarle más dedicación a la convivencia familiar.
¿Qué idea se impondrá ante el verano?
A mí me gustó este libro porque va de humor y aventuras y se lo recomiendo a todas las personas, de cualquier edad, porque sé que les va a gustar, tanto a los que no leen como a los que leen. A mí antes no me gustaba leer pero cuando lo empecé y comprobé lo entretenido que era, me gustó y por eso lo recomiendo.
6/3/12
As librarías máis bonitas do mundo
|
Listaxe das librarías máis bonitas do mundo, segundo Flavorwire
Vía: The Presurfer
Citando a Gerald Durrell
| procedencia da imaxe |
Amigos e amigas do club de lectura, vou propoñervos un pequeno traballo sobre o libro "Mi familia y otros animales". Para empezar, trátase de ler amodiño, poñer un post it marcando un pasaxe que nos pareza atractivo por distintas razóns: xa sexa porque estea ben redactado, ou porque evoque cores e ulidos intensos, ou escenarios despampanantes (hai unha pila destes pasaxes no libro de Durrell!), ou porque resulte gracioso, que tamén disto hai moito ao longo do libro. Logo seleccionamos un cantos destes pasaxes e facemos unha presentación. Despois subímola a Internet e por último publicámola neste blog. Fixen unha diapositiva para que vos sirva de mostra. Ten algún defectiño, pero serve para arrancar.
A todo isto, teremos de aquí a nada preparados para vós taquiños con post its de cores. Non vos esquezades de pedir o voso na biblioteca!
Unha mostra inspirada e inspiradora do traballo que vos estou propoñendo agora é esta feita pola profesora Lourdes Domenech e os seus alumnos e alumnas: Al hilo de la lectura: Días de Reyes Magos
3/3/12
De San Nicolás a Corfú cunha pausa para madalenas
A tropa que formamos o club de lectura acabamos de chegar, como quen di, das costas californianas, concretamente da illa de San Nicolás, tamén chamada en selectos círculos literarios (nos que nos movemos tal cal peixe na auga) "Illa dos golfiños azuis". Despedímonos de Karana, á que deixamos en terra firme, unha vez que un providencial barco a rescatara, iso si, con 18 anos de retraso, da illa na que quedara soa e abandonada. Que a tal illa sería moi paradisíaca e todo o que queirades, pero, como a propia Karana afirmaba, onde estea unha voz humana, que se quiten todas as flores silvestres e os paxariños que pían.
E coa mesma, comunicámoslle ao resto do mundo, que seguramente se apaña ben sen sabelo, que fixemos as maletas nun plisplás e saímos disparados coma foguetes cara outra illa, esta vez máis próxima, aí ao lado, no mar Xónico: Corfú. E por alí andamos na compaña dos Durrel, unha familia algo estrafalaria, pero moi divertida e algúns outros animaliños, salvaxes e de compaña. Contamos con que a nosa estancia literaria por aquelas míticas terras dure todo o mes de marzo, polo menos, e, se fai falta, parte de abril. Certo que o 16 de marzo, no segundo recreo, faremos un alto para falar (dos Durrell) e comer (madalenas dietéticas). Necesitamos repoñer forzas: levamos unha vida lectora moi estresada.
A todo isto, se cadra é preciso aclarar que estamos lendo "Mi familia y otros animales", de Gerald Durrell. Pois si é así, queda dito. E unha observación máis: mirade que cartel máis bonito fixo Marisa, a profesora de galego, para informar das nosas lecturas. Esta muller é unha artista.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


