Tamén é obra de Marisa Díaz, que non para, esta caza do tesouro sobre a figura de Valentín Paz Andrade, escritor ao que vai dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Premede na imaxe para acceder ao documento.
13/5/12
Xa rematamos a presentación de "Mi familia y otros animales"
Acábame de chegar por correo electrónico a presentación de "Mi familia y otros animales", deseñada e montada por Marisa, a profesora de galego, coas aportacións da xente que forman parte do club de lectura de primeiro de ESO. E gústame tanto que sen máis tardar, e con moito gusto, vouna colocar neste blog agora mesmo, domingo 13 de maio, para que luza canto antes, e o resto do mundo, que estará expectante (calculo) saiba das vosas mañas lectoras e artísticas .
Mfyotrosanimales def
View more PowerPoint from mariacasares2007
Etiquetas:
Club de lectura,
Mi familia y otros animales
8/5/12
A verdade de Hipatia
Levo tempo querendo redactar este post pero ocorreu que este ordenador do que gozo e co que sufro a partes máis ou menos iguais non me deixaba conectar coas páxinas da Consellería de Educación, onde desde febreiro deste ano está publicado, case compre máis dicir que escondido, o traballo do que vos quero falar. Trátase dun proxecto elaborado polo equipo da biblioteca durante o curso 2009-2010 que obtivo un dos terceiros premios á innovación educativa na modalidade de "Introdución das competencias básicas na aula dixital" que a Consellería de Educación outorgou no ano 2010 . Lembrade que o ano anterior estreara Amenábar unha película que se titulaba Ágora e que se centraba na figura de Hipatia, unha matemática de orixe exipcia e cultura grega que viviu alá polo século V . Pois ben, o traballo que elaboraron as miñas compañeiras arranca dos feitos que se narran na película de Amenábar para profundar nos fundamentos históricos da protagonista e a súa época. Se tendes un pouquiño de lecer e vos prace botarlle unha ollada ao proxecto, que se titula, por certo, "A Verdade de Hipatia", comprobaredes que se trata dun traballo feito con moito esmero e moi completo, cunha colección de paneis para expoñer, tres webquests para diferentes niveis educativos, un cinefórum e tres cuestionarios, entre outros apartados. O traballo pódese ver online ou descargar. Deixo links, a continuación, e fotos de alumnos e alumnas traballando no proxecto.
Páxina para descargar o proxecto
Indíce e links aos distintos apartados de "A verdade de Hipatia"
As webquests
Páxina para descargar o proxecto
Indíce e links aos distintos apartados de "A verdade de Hipatia"
As webquests
24/4/12
O nacemento dun libro
¿Queredes ver como se fai un libro á vella usanza? Se a resposta é afirmativa, (e calculo que será afirmativa, porque se non tiveses curiosidade polo mundo do libro non estariades agora mesmo lendo este post nun blog tan recóndito e humilde como este), reservade dous minutiños para contemplar o vídeo deste post. Grávouno Glen Milner en Leeds, Inglaterra, na imprenta Smith-Settle Printers e mostra como un grupo de artesan@s elaboran con maestría e mimo o libro titulado Mango and Mimosa, da escritora Suzanne St Albans.
Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.
Vía: Open Culture
Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.
Vía: Open Culture
Dez consellos para elexir un libro
| Procedencia da imaxe: denverlibrary.org |
Gemma Lluch, da Universidade de Valencia, publica no blog Leer.es un interesante documento dirixido ás familias no que se recollen dez consellos para axudarlles a seleccionar unha lectura axeitada para os seus fillos e fillas. Non está nada mal e ata pode axudarnos a pais e nais a elexir con bo criterio e a evitar que vaiamos dereitos ao último best seller que nos sae ao paso nada máis entrar na libraría, ou nos precipitemos a mercar aquel libro que tanto nos gustou a nós hai trinta anos.
10 consejos para seleccionar las lecturas
20/4/12
No Día do Libro, regala soños
A Revista Babar compartiu en twitter este precioso cartel propiedade da editorial Libros del Oso (Argentina) e feito á propósito da próxima conmemoración, o día 23 de abril, do Día do Libro.
19/4/12
Volvemos a xuntarnos
17/4/12
Emma Arias recomenda "Torres de Malory"
Chéganos ao correo electrónico unha recomendación de lectura asinada por Emma Arias, de 1º de ESO A. Con moito gusto a publicamos a continuación ao tempo que lle damos as grazas a Emma pola súa colaboración.
Torres de Malory e outras obras de Enid Blyton publicadas en España pola editorial Molino.
A mí me gusta mucho leer, por lo que a lo largo de mi vida he leído muchos libros, entre ellos uno muy especial llamado Torres de Malory. Este libro me lo regaló una amiga cuando celebré mi comunión. Al principio no me apetecía leérmelo, pero cuando empecé me fue gustando cada vez más y al acabarlo me había encantado. Me lo dio en verano, por lo que lo comencé en las vacaciones, pero como hacía muchos planes y no tenía mucho tiempo, lo dejé para cuando empezase el curso, y lo fui leyendo poco a poco durante un par de semanas, aunque estaba enganchada.
El libro está ambientado en Londres, hace ya algunos años. La autora, Enid Blyton, narra la historia de una niña, llamada Darrell, que al cumplir los 12 años es enviada a un internado para señoritas cuyo nombre le da título al libro. Cuenta sus aventuras, cómo va haciendo nuevas amigas, sus problemas, cómo los soluciona,.. y de qué manera resuelve sus arrebatos de genio, ya que heredó de su padre una furia enorme que la invade al enojarse y que le lleva a realizar acciones que en ocasiones normales no llevaría a cabo.
Yo poseo un ejemplar que contiene los 6 cursos que Darrell pasa en Torres de Malory, y que contiene 672 páginas, así que el que tiene todos los grados se lo recomiendo a la gente a la que le gusta ocupar su tiempo libre leyendo.A la que no le gusta tanto, le recomiendo leerlo por cursos, ya que son libros más cortos, y motiva ver que vas avanzando y cambiando de libro cada curso que lees. Yo lo recomiendo porque es un libro bonito, que puede mostrarte otra forma de pensar y valores importantes en la vida que Torres de Malory se encarga de transmitir a sus alumnas. Además de un internado se pueden sacar muchas historias, ya que es un tema muy amplio. También creo que es un libro más bien para chicas debido a que bastantes problemas de los que se presentan son femeninos, ocasionados en un colegio solo de chicas.
Torres de Malory e outras obras de Enid Blyton publicadas en España pola editorial Molino.
10/4/12
Haikus no mes de abril
24 haikus compostos por rapaces e rapazas de 1º de ESO A e C para todos vós, improbables lector@s deste blog. Que vos sexa leve a volta ás clases.
Manel Cráneo estivo aquí
Invitado pola Biblioteca do noso amado centro, o ilustrador Manel Cráneo comentou diante dun pequeno grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato o proceso de elaboración dunha novela gráfica, musas aparte. Se non vos atopades entre os afortunados asistentes á charla de Cráneo, sirva esta entrada de "consolación" e desquite. Digo isto porque se premedes nos seguintes links que copio do blog das bibliotecas municipais de Oleiros teredes acceso a unha abundante información sobre este polifacético artista coruñés. E non vos será o mesmo que velo a el in situ ou unplugged, pero teredes unha idea da súa figura e obra bastante axeitada.
Manelcraneo.blogspot
Cráneo Mortem
Planeta Mincha
Folleto elaborado nas Bibliotecas Muncipais de Oleiros sobre Manel Cráneo
Manelcraneo.blogspot
Cráneo Mortem
Planeta Mincha
Folleto elaborado nas Bibliotecas Muncipais de Oleiros sobre Manel Cráneo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

