Lemos nestes días moreas de recomendacións de libros, discos e películas que nos poden servir de entretenemento ou agasallo nestas festas do Nadal e Reis. De entre elas destacamos a guía Lecturas para ilusionar, publicada polas bibliotecas municipais de Oleiros. E facémolo por varias razóns. Unha, pola amplitude e variedade de títulos que ofrece a guía: é difícil que non atopedes nela algo que vos inspire. E outra, pola accesibilidade: todos os títulos que recolle están á vosa disposición nas bibliotecas municipais de Oleiros e pódense levar en préstamo. Algúns tamén os temos na biblioteca do instituto.
21/12/12
20/12/12
Estamos en Pinterest
Como reza o título deste post, a biblioteca do María Casares acaba de abrir conta en Pinterest, seguindo os pasos que nos marcan bibliotecas públicas punteiras, como as municipais de A Coruña, que teñen unha páxina pinteresteira que namora. No noso caso, rógovos que teñades en conta que acabamos de chegar a esta rede social e que polo tanto estamos explorando o terreo, montando a tenda, como quen di e, aínda que de momento todo o manexo de Pinterest parécenos doado, estamos atopando algúns problemiñas do tipo "texto que se superpón", "imaxes que non aparecen", "suscripcións non desexadas" e outras minucias que intentaremos ir resolvendo pouco a pouco.
12/12/12
Para que serve ler por placer
La Voz de Galicia de hoxe, día 12 de decembro dun 2012 que pronto vai ser pasado, publica na páxina 27 as conclusións ás que chegaron os expertos que elaboraron os informes Pirls e Timss sobre as habilidades dos escolares españois de cuarto de ESO en matemáticas, lectura e ciencias. Conclusións que son moi pouco satisfactorias, por certo, xa que deixan aos rapaces e rapazas de 9 anos deste país por debaixo do nivel da Unión Europea en todas as capacidades examinadas. As explicacións do porqué desta situación seguramente son complexas e fixo que nos próximos días e meses leremos diagnósticos variados sobre este tema. Pero a min interéresame destacar unha clave que apuntan os propios expertos que elaboraron os informes dos que estou falando e que menciona La Voz de Galicia no último parágrafo da noticia . Refírome á importancia decisiva que ten a lectura por pracer nos bos resultados académicos. Esa lectura, afirman os expertos, "marca muchas veces la diferencia". Así que xa o sabedes, ler por pracer pode ser un bo entrenamento para ter éxito nos estudos.
A noticia na edición dixital (non inclúe a cita que vos copiei, que só aparece na edición impresa):
A noticia na edición dixital (non inclúe a cita que vos copiei, que só aparece na edición impresa):
Seres "libris" en acción
Enterámonos a través do blog Hora de ler da existencia dun fermoso vídeo que Illa Bufarda presentou en Culturgal hai uns días. Veredes, se o voso navegador volo permite (aviso que eu tiven deixar o meu querido Mozilla, que non estaba pola labor, por outro navegador menos quisquilloso), veredes, repito, que o ser libris é un especimen que se cría na súa casa e logo desenvólvese e medra que dá gusto ao calor das bibliotecas. Por sorte, o "ser libris" está lonxe de ser "rara avis", eu diría que se trata máis ben dunha especie en vías de expansión. Ou non tendes visto vós, seres libris onde os haxa, a outros seres libris coma vós e coma os que aparecen no vídeo devorando sagas e triloxías en todo sitio e en calquera ocasión?
3/12/12
Teatro para ler
A Blanca Portillo concedéronlle hai pouco o Premio Nacional de Teatro 2012. Ao equipo da biblioteca pareceunos merecidísimo o premio de Blanca e unha ocasión que nin pintada para lembrarvos que o teatro tamén se pode ler; é máis, hai quen prefire lelo a contemplalo (non é o meu caso, aínda que hai representacións marabillosas e outras que dan noxo). O caso é que, aproveitando a ocasión, montamos unha pequena exposición bibliográfica con algunhas das obras que Blanca Portillo representou recentemente. Sen ir máis lonxe, na foto que vos adxunto, aparece no papel de Segismundo, o protagonista de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca, papel que Blanca Portillo interpreta maxistralmente, segundo sinalou a crítica teatral. Esta obra estase representado na actualidade, e ata o día 16 de decembro, no Teatro Pavón de Madrid, pero desgraciadamente as localidades están esgotadas. Logo a Compañía Nacional de Teatro Clásico pensa levar esta mesma obra a moitos lugares de España e América. Haberá que estar alerta para non perder a ocasión de ver unha obra clásica e unha interpretación de primeira. Pero se, como antes vos dicía, preferides ler teatro antes que velo, alá vos: pasádevos pola biblioteca, collede unha das moitas obras teatrais que albergan os nosos estantes e disfrutádea.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


