As da imaxe son só unha mostra das novas adquisición que incorporamos á biblioteca neste mes de maio. Máis en Pinterest.
6/5/13
29/4/13
As bibliotecas máis divertidas do mundo
Clica na imaxe para ver unha presa de bibliotecas públicas e particulares de deseño desenfadado e colorista. A min a que máis me gusta é a "Poplar Library" en Beijing. E a ti?
Vía: biblioBN
| Procedencia da imaxe |
"La biblioteca"
| Procedencia da imaxe |
Por fin temos un novo poema para o noso Recuncho de poesía. Esta vez trátase dunha composición da poeta Rosa Díaz que loa en pareados o papel dos libros e das bibliotecas. Se queres unha copia impresa do poema, píllaa no Recuncho, a onde chegará de aquí a pouco.
LA BIBLIOTECA
La biblioteca es un anaquel
Lleno de libros para leer.
Porque los libros de uno en uno
Van desde Safo hasta Unamuno.
Saben de Alicia, de don Quijote,
De Blancanieves y del Coyote,
Del Dante ese de La Comedia,
Bécquer o Lorca o Gil de Biedma…
Libros, más libros, muchas palabras
Y todas tuyas cuando los abras.
Con ellas dudas, recapacitas,
Piensas, razonas y hasta meditas.
Esto parece que es una broma
Pero de pronto te haces persona.
Porque los libros de uno en uno
Van desde Safo hasta Unamuno.
Saben de Alicia, de don Quijote,
De Blancanieves y del Coyote,
Del Dante ese de La Comedia,
Bécquer o Lorca o Gil de Biedma…
Libros, más libros, muchas palabras
Y todas tuyas cuando los abras.
Con ellas dudas, recapacitas,
Piensas, razonas y hasta meditas.
Esto parece que es una broma
Pero de pronto te haces persona.
Rosa Díaz
25/4/13
Primeiro bótase ao monte
Déixovos neste post unhas cantas fotografías que me enviou Sarmiento e que dan conta do entusiasmo de algúns de vós na actividade de rexenaración dos cantís de Santa Cruz.
24/4/13
Cando unha canción se che mete na cabeza
A min pásame coa sintonía dunha serie de debuxos animados que tivo certo éxito hai xa unha pila de anos e que se chamaba "La abeja Maya". Teño temporadas nas que me descubro unha e outra vez canturreando o estribillo da canción mentres ando dun lado a outro. Conste que a mi non me importa, pero ao protagonista deste vídeo a invasión de melodías non invitadas pono dos nervios. E iso que a musiquiña que o "invade" a el, Quaker City Jazz, é bastante máis agradábel que a sintonía dos debuxos da abelliña.
Vía: Open Culture
O "Día do Libro" en viñetas
No "Día do Libro" os viñetistas dalgúns xornais lembráronnos dúas cousas:
a) que era o día do libro e b) que estamos en crise e rodeados de casos de corrupción.
Vede a continuación tres viñetas publicadas onte en distintos xornais.
Pinto & Chinto, La Voz de Galicia
El Roto, El País
23/4/13
Así celebramos o "Día do Libro" no IES María Casares
Intercambio de libros. Chamámoslle "Deixaprén, bookcrossing á galega ", título que tampouco se nos ocorreu a nós, senón que o vimos (e encantounos) no blog Hora de ler para unha actividade desenvolvida No CEIP Frián-Teis, de Vigo.
Manifestación lectora. Esta actividade estivo calcadiña das "manifestacións lectoras" que se veñen celebrando onda o Obelisco, no Cantón Grande de A Coruña, desde hai uns anos patrocinadas polas bibliotecas municipais coruñesas.
Formación de usuarios. Alumnos e alumnas de primeiro de ESO acudiron á biblioteca a completar a súa formación como usuarios. Aquí si que seguimos un guión propio elaborado polo equipo da biblioteca hai uns anos.
22/4/13
Rexenerando a flora dos cantís de Santa Cruz
A ONU quixo hai corenta e tres anos e segue querendo hoxe que nos deamos conta de que é moi necesario coidar e respectar o planeta en que vivimos. Por esa razón proclamou o 22 de abril como o "Día da Terra", para que nos lembremos desa necesidade e a teñamos en conta o resto do ano. Así que hoxe, en todo o mundo, millóns de persoas estarán participando en distintas actividades e porán de manifesto o seu compromiso co coidado do noso planeta. Sen ir máis lonxe, Google publicou hoxe un doodle conmemorativo, que podedes ver na páxina deste buscador (que era de nós cando non había Google?). E os alumnos e alumnas de 1º de ESO deste centro deixaron a un lado os libros de texto e participaron con entusiasmo nunha actividade promovida polo departamento de Ciencias Naturais e o concello de Oleiros. Así que durante unha mañán rapaces e rapazas dedicáronse a preparar primeiro e a sementar despois plantiñas, coas que pretenden rexenerar a flora autóctona dos cantís de Santa Cruz. Certo que todo isto non o fixeron hoxe senón o xoves da semana pasada, día 18, pero non cabe dúbida de que gracias a eles a Terra lucía un chisquiño máis bonita no día da súa festa.
Pido a paz e a palabra
Déixovos hoxe aquí unha mostra do ben facer dos rapaces e rapazas de terceiro e cuarto de ESO que, guiados por Pilar e Marisa, elaboraron con moito esmero e dedicación este podcast no que recitan unha selección de poemas en louvanza da paz e censura da guerra. Noraboa a tod@s el@s.
11/4/13
Ler para ser feliz
"Lee más, sé feliz" é a consigna que este vídeo nos lanza. Pola miña parte, penso seguila ao pé da letra.
Máis vídeos sobre animación á lectura: Litteratum
Vía: twitter da Revista Babar
Máis vídeos sobre animación á lectura: Litteratum
Vía: twitter da Revista Babar
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


