10/5/13

Segue o rastro de Vidal Bolaño

"Seguindo o rastro de Roberto Vidal Bolaño" é o título da unidade didáctica que hoxe vos traio a este blog. Son setenta e sete páxinas dedicadas ao escritor e actor que homenaxeamos este ano no Día das Letras Galegas. Elaboraron este traballo as integrantes do Departamento de Galego axudadas por Manuel Älvarez, do Departamento de Tecnoloxía.

Liberamos "Unha cabana na Lúa" e "Costa da morte blues"

De Jaureguizar e Manuel Rivas, respectivamente, chegarn ao recuncho de Libros Libres Unha cabana na Lúa e Costa da Morte blues.


Procedencia da imaxe


A vida dun líder nunca é fácil. Menos cando ese líder ten dez anos e unha nai que chora coas telenovelas e decidiu chamar Aquilino Antonio ao seu neno. Aquilino Antonio, Liño, é líder dunha cuadrilla de rapaces aos que ten que guiar nas batallas contra a cuadrilla rival, para que constrúan un submarino ou unha nave espacial na que viaxar á Lúa e construír alá unha cabana.
                     Baía Edicións

Procedencia da imaxe
Babel
Aves que emergullen da ardora.
Folerpas de pel do arco da vella.
Mazás de sangue no paxe da néboa.
Corazóns de acibeche repicando na tella.
Chorimas,
faíscas dos invernos,
ollos da nada,
gonzos eternos.
Palabras,
doas do pobre home que chaman Abbadón
rei, anxo do abismo:
¡Gracias, Señor, por aquela maldición!

Maio, mes do libro en galego







6/5/13

Novidades do mes de maio

As da imaxe son só unha mostra das novas adquisición que incorporamos á biblioteca neste mes de maio. Máis en Pinterest.

29/4/13

As bibliotecas máis divertidas do mundo

Clica na imaxe para ver unha presa de bibliotecas públicas e particulares de deseño desenfadado e colorista.  A min a que máis me gusta é a "Poplar Library" en Beijing. E a ti?

Procedencia da imaxe
Vía: biblioBN

"La biblioteca"

Procedencia da imaxe

Por fin temos un novo poema para o noso Recuncho de poesía. Esta vez trátase dunha composición da poeta Rosa Díaz que loa en pareados o papel dos libros e das bibliotecas. Se queres unha copia impresa do poema, píllaa no Recuncho, a onde chegará de aquí a pouco.
 
 
LA BIBLIOTECA
 
La biblioteca es un anaquel
Lleno de libros para leer.


Porque los libros de uno en uno
Van desde Safo hasta Unamuno.


Saben de Alicia, de don Quijote,
De Blancanieves y del Coyote,


Del Dante ese de La Comedia,
Bécquer o Lorca o Gil de Biedma…


Libros, más libros, muchas palabras
Y todas tuyas cuando los abras.


Con ellas dudas, recapacitas,
Piensas, razonas y hasta meditas.


Esto parece que es una broma
Pero de pronto te haces persona. 
 
                                 Rosa Díaz 
 

25/4/13

Primeiro bótase ao monte

Déixovos neste post unhas cantas fotografías que me enviou  Sarmiento e que dan conta do entusiasmo de algúns de vós na actividade de rexenaración dos cantís de Santa Cruz.



24/4/13

Cando unha canción se che mete na cabeza

A min pásame coa sintonía dunha serie de debuxos animados que tivo certo éxito hai xa unha pila de anos e que se chamaba "La abeja Maya". Teño temporadas nas que me descubro unha e outra vez canturreando o estribillo da canción mentres ando dun lado a outro. Conste que a mi non me importa, pero ao protagonista deste vídeo a invasión de melodías non invitadas pono dos nervios. E iso que a musiquiña que o "invade" a el, Quaker City Jazz, é bastante máis agradábel que a sintonía dos debuxos da abelliña. 




O "Día do Libro" en viñetas


No "Día do Libro" os viñetistas dalgúns xornais lembráronnos dúas cousas:
 a) que era o día do libro e b) que estamos en  crise e rodeados de casos de corrupción.
Vede a continuación tres viñetas publicadas onte en distintos xornais.




Pinto & Chinto, La Voz de Galicia


El Roto, El País




23/4/13

Así celebramos o "Día do Libro" no IES María Casares

Temos que recoñecer que non fomos orixinais en absoluto nas nosas actividades do "Día do Libro", pero iso tanto nos tén porque cando se trata de seguir bos exemplos, e deses hai moitos nas bibliotecas escolares e municipais galegas, tiramos para adiante a toda máquina. Agora ben, a cada un o seu, e para iso temos un blog: para darlle o mérito a quen o merece. Imos por partes:

Intercambio de libros. Chamámoslle "Deixaprén, bookcrossing á galega ", título que tampouco se nos ocorreu a nós, senón que o vimos (e encantounos)  no blog Hora de ler  para unha actividade desenvolvida No CEIP Frián-Teis, de Vigo.

Manifestación lectora. Esta actividade estivo calcadiña das "manifestacións lectoras" que se veñen celebrando onda o Obelisco, no Cantón Grande de A Coruña, desde hai uns anos patrocinadas polas bibliotecas municipais coruñesas.

Formación de usuarios. Alumnos e alumnas de primeiro de ESO acudiron á biblioteca a completar a súa formación como usuarios. Aquí si que seguimos un guión propio elaborado polo equipo da biblioteca hai uns anos.


















Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...