| Procedencia da imaxe |
5/11/14
O concello de Paradela tamén vos invita a escribir e concursar
Xa sabedes que sempre que podo vos transmito as amables invitacións a ler, escribir e concursar que de vez en cando me chegan ao correo electrónico. A derradeira procede do concello de Paradela, que vos dá de prazo ata o 30 de novembro para participar na XX edición do seu certame Manuel Orestes Rodríguez López. Tendes dúas modalidades, narrativa e poesía, a escoller, e un primeiro premio para cada unha delas de 600€.
Bases do certame Manuel Orestes Rodríguez López
29/10/14
Lalín convoca unha nova edición do concurso "Dillo a quen maltrata"

O Concello de Lalín invítanos a participar nunha nova edición dos concursos de cartas e tuits contra a violencia de xénero. Para o primeiro, o concurso de cartas, temos que escribir iso, unha carta sobre o tema da violencia contra as mulleres, que ocupe como máximo dous folios en letra tipo Arial e tamaño 12, e enviala ao concello de Lalín (mirade a dirección e a ficha de inscripción no link que vos poño ao remate do post) antes do 5 de novembro.
Para o concurso de tuits temos algo máis de tempo, ata o 12 de novembro. Ata ese momento poderemos enviar os nosos tuits co hastag #lalinsenviolencia e facer mención da nosa participación a @eigualdad e a @ConcellodeLalin.
Imprescindible que leades as bases de cada un dos concursos premendo nos links seguintes:
Bases do concurso de cartas e ficha de inscripción
Bases do concurso de tuits
24/10/14
O Club de Lectura (nivel 1) comenzou a ler "A evolución de Calpurnia Tate"
A eficacia e xenerosidade das bibliotecas municipais de Oleiros permitiu que todos os socios e socias do Club de Lectura (nivel 1) dispuxesen rapidamente dos dez exemplares da obra de Jacqueline Kelly que precisaban para dar comenzo á aventura lectora do presente curso. Conste que os ánimos están moi altos, como podedes comprobar no documento gráfico que incorporo a este post e que mostra as caras felices dos e das "clubistas" o día da súa primeira reunión, o pasado xoves 16 de outubro.
| Procedencia da imaxe |
21/10/14
Cambio de plans: o Club de Lectura lerá "Farenheit 451"
| Procedencia da imaxe |
Novela de xadrez queda para máis adiante, cando consigamos xuntar todos os exemplares que precisamos. E polo mesmo camiño vai La bibliotecaria de Auschwitz, obra tamén moi apetecida pol@s clubistas, da cal nós só temos un mísero exemplar e as bibliotecas municipais catro, todos prestados. Así que arrancaremos con Farenheit 451, de Ray Bradbury, unha das máis famosas distopías literarias e unha obra da que me atrevo a dicir que hai que ler antes de cumplir os 18. Vaia un mundo de pesadelo nos pinta Ray Bradbury nesta novela. Imaxinádevos: os libros están prohibidos por orde gobernamental porque a xente que le é un perigo, igual se lle dá por pensar e volverse crítica contra os manda-mais. Así que se forma un corpo de bombeiros que ten como misión non apagar lumes senón provocalos empregando como combustible o papel dos libros. 451, a temperatura á que o papel se inflama e arde, será precisamente o anagrama dese particular e nada atractivo corpo de bombeiros.
En 1966 François Truffaut adaptou esta novela ao cine. Non está demais, penso eu, que lle botemos unha ollada á escena inicial desta película "para entrar en ambiente".
Para saber máis sobre esta obra recoméndovos un artigo que apareceu en El País hai un ano: Un mundo sin libros: Farenheit 451
3/10/14
O calendario das e dos amantes da lectura
25/9/14
Nós propoñemos e o Club de Lectura dispón
23/6/14
O Club de Lectura despídese con festa
9/6/14
Para leer a Gabriel García Márquez: "Del amor y otros demonios"
Outra obra de García Márquez para ir collendo ideas de cara ao verán. Esta vez trátase dunha noveliña que o autor colombiano publicou hai vinte anos, en 1994. Dun dos exemplares que temos á vosa disposición na biblioteca copio o seguinte texto:
El 26 de octubre de 1949 el reportero Gabriel García Márquez fue enviado al antiguo convento de Santa Clara, que iba a ser demolido para edificar sobre él un hotel de cinco estrellas, a presenciar el vaciado de las criptas funerarias y a cubrir la noticia. Se exhumaron los restos de un virrey del Perú y su amante secreta, u n obispo, varias abadesas, un bachiller de artes y una marquesa. Pero la sorpresa saltó al destapar la tercera hornacina del altar mayor: se desparramó una cabellera de color cobre, de veintidós metros y once centímetros de largo, perteneciente a una niña. En la lápida apenas se leía el nombre: Sierva María de Todos los Ángeles. «Mi abuela me contaba de niño la leyenda de una marquesita de doce años cuya cabellera le arrastraba como una cola de novia, que había muerto del mal de rabia por el mordisco de un perro, y era venerada en los pueblos del Caribe por sus muchos milagros. La idea de que esa tumba pudiera ser la suya fue mi noticia de aquel día, y el origen de este libro.» «Un perro cenizo con un lucero en la frente irrumpió en los vericuetos del mercado el primer domingo de diciembre, revolcó mesas de fritangas, desbarató tenderetes de indios y toldos de lotería, y de paso mordió a cuatro personas que se le atravesaron en el camino. Tres eran esclavos negros. La otra fue Sierva María de Todos los Ángeles, hija única del marqués de Casalduero, que había ido con una sirvienta mulata a comprar una ristra de cascabeles para la fiesta de sus doce años.»
Nuria Mexuto Bautista gaña o primeiro premio no concurso de relatos do Centro Oceanográfico de Vigo
![]() |
| Procedencia da imaxe |
O pasado 5 de xuño recibiamos a boa nova de que unha alumna de 2º de ESO do noso instituto, Nuria Mexuto Bautista, acababa de recibir nada menos que o primeiro premio do concurso de relatos que convocara o Instituto Oceanográfico de Vigo para conmemorar o centenario do Instituto Español de Oceanografía. Nuria conseguiu tan honrosa posición na categoría xuvenil, modalidade relato, cun conto titulado "O espello da vida". A listaxe dos demais premiados podedes vela premendo neste link. A nós só nos queda darlle os nosos parabéns a Nuria, cousa que facemos de todo corazón.
6/6/14
"Divergente" e "Insurgente" chegan á biblioteca
Respondendo a unha petición unánime do club de lectura, incorporamos aos nosos fondos os dous primeiros títulos da famosa saga de Verónica Roth Divergente e Insurgente. En camiño están outros dous exemplares destes títulos e un de Leal, o que nos queda para completar o trío de ases da escritora norteamericana.
En Página Dos, o programa de libros de TV2 podedes contemplar un vídeo con entevistas aos actores e director da versión cinematográfica de Divergente así como o tráiler en castelán da cinta. Eu intentei incrustar o tal vídeo neste blog pero nin por esas. Menos mal que sempre nos queda youtube como fonte case inesgotable de tráilers diversos.
En Página Dos, o programa de libros de TV2 podedes contemplar un vídeo con entevistas aos actores e director da versión cinematográfica de Divergente así como o tráiler en castelán da cinta. Eu intentei incrustar o tal vídeo neste blog pero nin por esas. Menos mal que sempre nos queda youtube como fonte case inesgotable de tráilers diversos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



