11/11/14

"Hijos del ancho mundo", "El festín de Babette" e "¡Abajo el colejio!", novidades deste outono

Tres títulos acabo de incorporar ao noso taboleiro de Novidades en Pinterest, todos eles moi, moi atractivos: "Hijos del ancho mundo", de Abraham Verghese, "El festín de Babette", de Isak Dinesen, e ¡Abajo el colejio!, de  Geoffrey Willans e Ronald Searle. Todos están á vosa disposición na mesa de Novidades da biblioteca.
 

Procedencia da imaxe

  

Procedencia da imaxe






 

Procedencia da imaxe
 

7/11/14

Diario de lectura de "A evolución de Calpurnia Tate"



Vede aquí unha copia dixital do diario de lectura de A evolución de Calpurnia Tate para clubistas rezagados/as que non recolleron a súa  copia impresa na última reunión do Club de Lectura. Clicade na imaxe para obter un pdf do diario completo e lembrade que non tendes por que cubrilo de pe a pa: abonda con que anotedes un par de citas, ou tres,  que sexan substanciosas e dignas de recordar.


https://drive.google.com/?urp=http://www.google.es/accounts/Logout2?hl%3Den_US%26ser&pli=1#my-drive

Diario de lectura de "Fahrenheit 451"

Este post vai dirixido á xente do club de lectura "María Casares" que aínda non ten o  seu exemplar do diario de lectura de "Fahrenheit 451". Se clicades na imaxe accederedes a un pdf co diario completo. Lembrade que non tendes que cubrir todos os espazos que vos reservamos para citas: con tres ou catro chega. Logo, con todas as vosas aportacións, procuraremos elaborar unha presentación que publicaremos neste blog.

https://drive.google.com/?urp=http://www.google.es/accounts/Logout2?hl%3Den_US%26ser&pli=1#my-drive

Chegaron os reforzos de "Fahrenheit 451"



As bibliotecas municipais de Oleiros enviáronnos xa os seis exemplares de Fahrenheit 451 que precisabamos para atender a demanda do club de lectura. Así que xa o sabes,  clubista, se ainda non tes o teu exemplar, ponte en contacto con María Xesús (LC1) e empeza a ler canto antes esta interesantísima obra de Ray Bradbury.





5/11/14

O concello de Paradela tamén vos invita a escribir e concursar

Xa sabedes que sempre que podo vos transmito as amables invitacións a ler, escribir e concursar que de vez en cando me chegan ao correo electrónico. A derradeira procede do concello de Paradela, que vos dá de prazo ata o 30 de novembro para participar na XX edición do seu certame Manuel Orestes Rodríguez López. Tendes dúas modalidades, narrativa e poesía, a escoller, e un primeiro premio para cada unha delas de 600€.

Procedencia da imaxe
Bases do certame Manuel Orestes Rodríguez López

29/10/14

Lalín convoca unha nova edición do concurso "Dillo a quen maltrata"




  O Concello de Lalín invítanos  a participar nunha nova edición dos concursos de cartas e tuits contra a violencia de xénero.  Para o primeiro, o concurso de cartas, temos que escribir iso, unha carta sobre o tema da violencia contra as mulleres, que ocupe como máximo dous folios en letra tipo Arial e tamaño 12, e enviala ao concello de Lalín (mirade a dirección e a ficha de inscripción no link que vos poño ao remate do post) antes do 5 de novembro.

Para o concurso de tuits temos algo máis de tempo, ata o 12 de novembro. Ata ese momento poderemos enviar os nosos tuits co hastag #lalinsenviolencia e facer mención da nosa participación a @eigualdad e a @ConcellodeLalin.
Imprescindible que leades as bases de cada un dos concursos premendo nos links seguintes:
Bases do concurso de cartas e ficha de inscripción
Bases do concurso de tuits

24/10/14

O Club de Lectura (nivel 1) comenzou a ler "A evolución de Calpurnia Tate"

A eficacia e xenerosidade   das bibliotecas municipais de Oleiros permitiu que todos os socios e socias do  Club de Lectura (nivel 1) dispuxesen rapidamente dos dez exemplares da obra de Jacqueline Kelly que precisaban para dar comenzo á aventura lectora do presente curso. Conste que os ánimos están moi altos, como podedes comprobar no documento gráfico que incorporo a este post e que mostra as caras felices dos e das "clubistas" o día da súa primeira reunión, o pasado xoves 16 de outubro.


Procedencia da imaxe

21/10/14

Cambio de plans: o Club de Lectura lerá "Farenheit 451"



Procedencia da imaxe



Novela de xadrez queda para máis adiante, cando consigamos xuntar todos os exemplares que precisamos. E  polo mesmo camiño vai La bibliotecaria de Auschwitz, obra tamén moi apetecida pol@s clubistas,  da cal nós só temos un mísero exemplar e as bibliotecas municipais catro, todos prestados. Así que arrancaremos con Farenheit 451, de Ray Bradbury, unha das máis famosas distopías literarias e unha obra da que me atrevo a dicir que hai que ler antes de cumplir os 18. Vaia un mundo de pesadelo nos pinta Ray Bradbury nesta novela. Imaxinádevos: os libros están prohibidos por orde gobernamental porque a xente que le é un perigo, igual se lle dá por pensar e volverse crítica contra os manda-mais. Así que se forma un corpo de bombeiros que ten como misión non apagar lumes senón provocalos empregando como combustible o papel dos libros. 451,  a temperatura á que o papel se inflama e arde, será precisamente o anagrama dese particular e nada atractivo corpo de bombeiros.

En 1966 François Truffaut adaptou esta novela ao cine. Non está demais, penso eu, que lle botemos unha ollada á escena inicial desta película "para entrar en ambiente". 

                          


Para saber máis sobre esta obra recoméndovos un artigo que apareceu en El País hai un ano: Un mundo sin libros: Farenheit 451
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...