27/9/11
O alzheimer na literatura infantil e xuvenil
O CRE Alzheimer ( Centro de Referencia Estatal de Atención a Personas con Enfermedad de Alzheimer y otras Demencias) e O Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, sacaron á luz hai pouco unha publicación que titulan "Los mayores y la enfermedad de Alzheimer en la literatura infantil y juvenil". Afirman que se trata de “un puente literario tendido entre los niños y los mayores, entre la infancia y la vejez”. Sendo así, teremos que ler con calma a tal publicación porque eu penso que tender esas pontes entre vellos e mozos é necesario e ata urxente. Vou descargar, logo, o pdf no meu ipad para lelo na casa con máis comodidade. Nun próximo post contareivos cales son as miñas primeiras impresións.
Por certo, o blogue das bibliotecas municipais de Oleiros, do que son seguidora e de onde saco a información que vos estou contando, comprácese en informarnos de que a Biblioteca Central de Rialeda colaborou na publicación antes mecionada cunha selección de títulos en galego. Vaia desde aquí, unha vez máis, a nosa felicitación ás bibliotecas municipais polo seu meritorio traballo.
21/9/11
Pan e libros
Lin en Capítulo Cero un fragmento do discurso que Federico García Lorca pronunciou na inauguración da biblioteca de Fuente Vaqueros, o seu pobo, alá polo xa lonxano ano de 1931. Di García Lorca:
Impresionante, non si?
Federico García Lorca aos dezaseis anos No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social.Yo tengo mucha más lástima de un hombre que quiere saber y no puede, que de un hambriento. Porque un hambriento puede calmar su hambre fácilmente con un pedazo de pan o con unas frutas, pero un hombre que tiene ansia de saber y no tiene medios, sufre una terrible agonía porque son libros, libros, muchos libros los que necesita y ¿dónde están esos libros?
Imaxe: Wikipedia
20/9/11
Noraboa, Fernando
| A imaxe procede do blogue da editorial Galaxia |
El País: Repsol otorga su premio literario a Díaz Castroverde
Entrevista a Fernando publicada en La Voz de Galicia
21/6/11
Que ler este verán (II)
Na biblioteca xuntamos un feixe pequeno de títulos recomendados por lectores e lectoras de todas as idades e tendencias e démoslle forma de folleto. Aínda que só ten dúas páxinas, paréceme que contén variedade abonda para satisfacer distintos gustos lectores. Pero, por se me engano (procuro non descartar nunca esta posibilidade), vou incluírvos neste post algúns links que vos poden servir de inspiración extra se aínda non sabedes que ler nestes próximos e marabillosos meses de vacacións.
Primeiro un link de links que vos levará aos blogues das bibliotecas escolares de Galicia. Por estas datas comezan a publicar interesantes guías de lectura estivais.
Lecturas refrescantes: nada menos que 308 suxestións de libros, cds e dvds ao alcance da vosa man, xa que se trata da xenerosa proposta que poñen en marcha para este verán as bibliotecas municipais de Oleiros.
Xa dentro da nosa casa común, pásovos as propostas que publica Marisa, a profesora de galego, no seu blogue Enredando coas palabras. Co seu permiso, e unha vez que me poña diante dun ordenador máis preparado para a multitarea que este do que agora mesmo dispoño, publicarei neste blogue o contido do glog de Marisa.
E a continuación, a nosa proposta. Para vela en pantalla completa, premede "ver en pantalla completa", onde se non.
Primeiro un link de links que vos levará aos blogues das bibliotecas escolares de Galicia. Por estas datas comezan a publicar interesantes guías de lectura estivais.
Lecturas refrescantes: nada menos que 308 suxestións de libros, cds e dvds ao alcance da vosa man, xa que se trata da xenerosa proposta que poñen en marcha para este verán as bibliotecas municipais de Oleiros.
Xa dentro da nosa casa común, pásovos as propostas que publica Marisa, a profesora de galego, no seu blogue Enredando coas palabras. Co seu permiso, e unha vez que me poña diante dun ordenador máis preparado para a multitarea que este do que agora mesmo dispoño, publicarei neste blogue o contido do glog de Marisa.
E a continuación, a nosa proposta. Para vela en pantalla completa, premede "ver en pantalla completa", onde se non.
16/6/11
Ler ten premio
Lendo pasámolo ben e non precisamos ningún outro premio adicional. Estamos de acordo. Así e todo, na biblioteca pareceunos que procedía outorgarlles un pequeno premio, un "detalle", a todos os que participaron no club de lectura. Así que lles regalamos un sinxelo caderniño de follas en branco coa esperanza de que o empreguen para se adestrar como escritores, porque xa sabedes que da lectura á escritura non hai máis que un paso e canto antes se dea, mellor.
Por outra banda, e xa postos, quixemos explorar as posibilidades de Glogster, ferramenta coa que non traballaramos antes, e elaboramos uns cantos glogs sobre o tema do libro lido. E aquí volveunos a saír a vena premiadora e convocamos un concursiño para elixir aquel cartel que nos parecera máis logrado. E o premio foi para María Díaz, de 1º D, polo especial coidado e empeño que puxo na elaboración do seu glog. Reprodúzovos a continuación o glog premiado, unha foto da entrega (nada solemne) do premio a María e unha foto dos integrantes do club de lectura.

Por outra banda, e xa postos, quixemos explorar as posibilidades de Glogster, ferramenta coa que non traballaramos antes, e elaboramos uns cantos glogs sobre o tema do libro lido. E aquí volveunos a saír a vena premiadora e convocamos un concursiño para elixir aquel cartel que nos parecera máis logrado. E o premio foi para María Díaz, de 1º D, polo especial coidado e empeño que puxo na elaboración do seu glog. Reprodúzovos a continuación o glog premiado, unha foto da entrega (nada solemne) do premio a María e unha foto dos integrantes do club de lectura.
Que ler este verán
Estes días ides atopar polo instituto uns cantos carteis coma este que hoxe reproduzo aquí. Confeccionámolos con paciencia e suxestións de alumn@s e profesor@s. Hai unha certa variedade, como poderedes comprobar: novela romántica, de aventuras, ciencia ficción, e ata o Súper Mortadelo e Filemón de toda a vida. Así e todo, se non vos convencen os títulos que expoñemos, don't worry: na biblioteca temos moitos, moitos máis.
14/6/11
Repetimos post
Cando un traballo sae mal, non queda outra máis que repetilo amodo e poñéndolle sentidiño. E a min saíume mal o anterior post; confiei demasiado en Blogger e na súa capacidade de subir e publicar vídeos. Puiden comprobar que era ben limitada. Observariades que a versión do vídeo de Lois Pereiro que coloquei no post inmediatamente anterior a este é bastante cutre e deixa deslucido o valioso traballo do Departamento de Galego. Así que fun rezarlle a outro santo, San Youtube, que é moi avogoso para iso dos vídeos, e alí deixei unha versión máis potente do vídeo. Incrústoa aquí para que poidades gozar dunha contemplación de moita máis calidade, moito máis acorde cos merecementos do clip.
9/6/11
Sempre Lois
Outra xoia que nos regalan Marisa, do Departamento de Galego, Manuel Álvarez e un grupo de quince rapaces e rapazas de distintos niveis. Trátase esta vez dun vídeo sobre a figura de Lois Pereiro: momentos destacados da súa vida e unha pequena antoloxía da súa obra poética. Todo iso cunha música e unhas imaxes de fondo que invitan á nostalxia. Un traballo sobresaliente.
31/5/11
Los libros son como los amigos, no siempre es el mejor el que más nos gustaJacinto Benavente
Sara Rodríguez recomenda "Canciones para Paula"
![]() |
| Procedencia da imaxe |
Sara Rodríguez, alumna de primeiro de ESO felizmente aqueixada dunha insaciable afección a ler e a escribir, prégame que vos transmita a súa recomendación por un libro que leu recentemente e que lle encantou. Ao igual que Antón, do cal víamos hai pouco a reseña de Eragon, Sara publicou o seu comentario no blogue La caracola. De alí a saco eu e aquí volo deixo. E remato anunciándovos que próximamente daremoslle cabida aos comentarios entusiastas de Alba, outra alumna de 1º de ESO, fan entusiasta (valga a redundancia) do xenial Terry Prachett.
Esta novela gustoume moito. Paula, a protagonista da historia, é a protagonista dun triángulo amoroso:
Vai coñecer ao seu cibermozo, Anxo, en persoa. Chega a primeira ao lugar da cita e, como el tarda moito, entra nunha cafetaría próxima, onde coñece a Álex, un novo escritor e saxofonista que está lendo o mesmo libro que ela ao mesmo tempo que escribe outro. Álex ten que marchar da cafetaría rapidamente para ir á clase.
Inés, a medio irmán de Álex, vaise a vivir con el e tenta conquistalo, xa que non son do mesmo sangue. Pero o que Inés non sabe é que Álex está perdidamente namorado de Paula.
Diana, amiga de Paula, namórase de Mario, irmán de Miriam, a súa mellor amiga, e amigo da infancia de Paula. O que Diana descoñece é que Mario está locamente namorado de Paula.
Katia, unha exitosa cantante, é entrevistada por Anxo e namórase locamente del e tenta conquistalo, pero el dille unha e outra vez que non a quere, que el ama a Paula. Aínda así, Anxo sente algo por Katia.
Paula, pola súa banda, está a saír con Ángely no único que se centra é nel, no exame de Matemáticas do xoves e no sábado, xa que ese día cumprirá 17 anos e, polo visto, perderá a virxinidade con Anxo.
Se queres saber máis sobre os personaxes ou a historia, visita a web oficial de Canciones para Paula.
Etiquetas:
Canciones para Paula,
colaboracións,
reseña
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
