27/3/12

"La paloma y el degollado" ou "Boy". Ou ambos





Esta é unha entrada dirixida aos alumnos e alumnas de 1º de ESO A e C. Parece que hai algún problema con Boy, o libro de Roald Dahl que constitúe a  lectura que imos chamar "oficial" na materia de Lingua Castelá e Literatura para o terceiro trimestre. Pois ben, como proferosa vosa que son, vou facervos unha proposta. A saber, que escollades entre ler Boy ou La paloma y el degollado. Excuso dicirvos que aconsello ler os dous, pero iso xa depende do voso criterio. Cópiovos a continuación as breves reseñas que nos proporciona a editorial Anaya destes dous títulos e déixovos ao marxe unha pequena enquisa para que votedes por un ou outro destes dous magníficos libros.

Boy. Relatos de infancia, de Roald Dahl

 Boy es el relato de su infancia. Momentos familiares maravillosos se mezclan con otros más tristes, y aventuras llenas de peligro siguen a otras desternillantes. La pérdida de su padre y su hermana, el gran complot de los ratones, las vacaciones en una remota isla, los castigos en el colegio y el paseo que casi le cuesta la nariz son sólo algunos de los inolvidables episodios de este libro lleno de aventuras.


La paloma y el degollado, de Fina Casalderrey

En los recreos, Andrés sufre el acoso de los matones del instituto, y solo puede defenderse a fuerza de esperpénticos embustes y gracias a la colaboración de Halima Atif, una compañera. En casa, también vive momentos difíciles, pero encontrará confidentes para sus desdichas entre los pájaros que ha heredado de su abuelo y chateando, bajo el nick de "Degollado", con "Paloma", su amiga cibernética. Con ella descubrirá que merece la pena confiar en las personas.

Libros solidarios

Sen  retoques de ningún tipo, aquí tendes unhas cantas fotos que dan conta da  participación e  interese que está tendo o mercadiño de libros usados e comercio xusto que se montou na entrada do instituto coa colaboración de alumnos e alumnas de bacharelato, a organización  e a vicedirección do centro. A sección de libros usados é con diferencia a máis visitada, e non é de estrañar se tendes en conta a variedade e atractivo de moitos dos títulos postos á venda. Aproveitade logo e pillade algunha obriña para ler nas próximas vacacións de Semana Santa. Ou visitade a sección de alimentos e facédevos cun paquete de café ou calquera outro produto do comercio xusto. Eu xa lle botei o ollo a un té Rooibos de cultivo ecolóxico que ten moi boa pinta. E non vos esquezades de que dentro do salón de actos está montado o posto de abalorios, onde seguro que atopades algo para regalar ou regalarvos.

24/3/12

Desde primeiro de ESO e para o mundo: "haikus primaverais"

Esta semana alumnos e alumnas de 1º de ESO celebraron o Día  Mundial da Poesía como é debido, non festexándoo un só día, que iso non chega para nada, senón como se fai na miña terra, onde practicamos aquelo de que "se é festa son tres días" (polo menos). O caso é que quen máis quen menos compuxo uns sinxelos haikus, buscoulle unha imaxe libre de dereitos de autor por Intenet e argallou unha pequena presentación en Impress empregando os ordenadores do Abalar. Logo xuntamos nun só arquivo unhas cantas desas presentacións individuais e subímolas a slideshare. E, para rematar, vou eu e tráioas todas aquí. Todas, pero por partes. As que hoxe vos mostro son de Paula, Guillermo, Juan e Jorge Rodríguez Rivera, de 1º C. Mañán ou pasado, máis.

20/3/12

Agora si que xa é primavera

A foto é de ZakVTA, a quen lle agradecemos que nos permita usala

O blog Leer.es destaca o prestixiada que está a primavera no universo poético e propón, como sana actividade para recibir a esta simpática estación,  a lectura de varios poemas que veñen publicando desde hai uns días. Na entrada que cerra a serie de poemas, aparece unha das miñas composicións favoritas: "El romance del prisionero". Vouna copiar aquí e cítovos para un próximo post, no que penso publicar os productos da inspiración dos alumnos e alumnas de 1º de ESO que andan estes días compoñendo haikus, primaverais algúns e outros menos.

Que por mayo era, por mayo,
cuando hace la calor,
cuando los trigos encañan
y están los campos en flor,
cuando canta la calandria
y responde el ruiseñor,
cuando los enamorados
van a servir al amor;
sino yo, triste, cuitado,
que vivo en esta prisión;
que ni sé cuándo es de día
ni cuándo las noches son,
sino por una avecilla
que me cantaba el albor.
Matómela un ballestero;
dele Dios mal galardón.

Do 26 ao 30 de marzo: semana máis cultural e solidaria, se cabe



Neste instituto imos dedicar a semana que vén a ler e a estudar, como sempre, pero reservando esta vez un tempo e un  espazo extras para a tan necesaria solidariedade con aqueles membros da familia humana máis desfavorecidos. Alumnos e alumnas participarán nunhas cantas actividades que teñen como principal finalidade a cooperación con destacadas organizacións non gobernamentais  (Mundo Cooperante, Save the Children, Paideia) para tomar nota das súas actuacións e  exemplo do seu compromiso ético. E intentaremos todos colaborar, na medida das  posibilidades de cada quen, nalgúns dos proxectos solidarios que estas entidades están desenvolvendo na actualidade. Teño diante de min o papel impreso co programa de actos pero,  se me permitides, vou esperar a chegar á casa, e desde o meu escáner particular, fago  unha copia  e logo súboa a este blog. De momento, non me é posible: o escáner da biblioteca empéñase en non funcionar e non hai maneira de convencelo, ou eu non a coñezo.

13/3/12

Un libro de citas sobre "Mi familia y otros animales"



Membros e "membras" do club de lectura María Casares:
Exquisitamente elaboradas por Marisa, a profesora de Lingua Galega, chegan a este blog e para todos vós a portada e a primeira páxina da presentación colectiva que imos facer sobre Mi familia y otros animales. Agora só vos queda descargar este arquivo e empregar a segunda diapositiva como plantilla para o voso traballo. Sobre o fondo verde, copiades o texto do libro que teñades seleccionado e indicades entre parénteses o capítulo. Sobre o fondo morado, escribides o voso comentario e logo, outra vez entre parénteses, poñedes o voso nome. Se non vos coubese todo o texto, tanto o da cita como o do comentario, probade a reducir o tamaño da letra. E se con iso non chega, non vos queda outra máis que "podar" os textos ata que acaben encaixando.

11/3/12

A arte de escribir con boa letra

Caligrafía  é unha palabra que se formou a partir de dous termos gregos,  κάλλος, "bonito" e γραφή,  "escritura". Significa, claro, "a arte de escribir a man con boa letra". Polo tanto, trátase, que quede ben claro, dunha arte. E que é, senón, isto que vemos facer no videoclip que tomo prestado do blog The Presurfer?


 E isto outro que aparece nun clip que importo de El Rincón del Calígrafo?

Jorge Pedraz, de 1º de ESO, recomenda "Diario de Greg, días de perros"

Procedencia da imaxe



Jorge Pedraz, de 1º de ESO A envíanos ao correo electrónico unha breve reseña sobre un libro que lle encantou. Transcríboa a continuación.

Diario de Greg, días de perros, escrito por Jeff Kinney, trata sobre un niño de trece años llamado Greg que vive en los Estados Unidos de América en una casa que comparte con sus padres y dos hermanos. Tiene relación con un niño de su edad pero su manera de comportarse es tal cual la de un niño de unos cinco años de edad.

Pequeño resumen:

Greg está pasando las vacaciones de verano, hace un tiempo espléndido y todas las personas de todas las familias se lo pasan en grande al aire libre. Pero Greg permanece todo el tiempo encerrado en casa con las cortinas cerradas y jugando a la “play station”. Como él mismo dice, Greg se considera una persona casera, esto era lo que tenía pensado hacer en vacaciones y esto es lo que hace, sin más obligaciones y sin normas de ningún tipo. Pero su madre no parece muy entusiasmada con el modo de vida de Greg: ella cree que en vacaciones es necesario prestarle más dedicación a la convivencia familiar.
¿Qué idea se impondrá ante el verano?

A mí me gustó este libro porque va de humor y aventuras y se lo recomiendo a todas las personas, de cualquier edad, porque sé que les va a gustar, tanto a los que no leen como a los que leen. A mí antes no me gustaba leer pero cuando lo empecé y comprobé lo entretenido que era, me gustó y por eso lo recomiendo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...