25/4/14
Se che gustan o mar e as letras, este pode ser o teu concurso
O Centro Oceanográfico de Vigo invítavos a participar no concurso de relatos que ten convocado para conmemorar os cen anos de creación do Instituto Español de Oceanografía. Así que xa sabedes: tendes ata o 17 de maio para argallar un microrrelato (de 500 palabras como máximo) ou un relato curto ( de entre 800 e 1500 palabras) en galego ou castelán relacionado coa investigación mariña e envialo á dirección que figura nas bases.
11/4/14
O club de lectura celebrou a súa reunión mensual
O intercambio de opinións sobre "El coleccionista de sellos" e "La ladrona de libros" acaparou a última reunión do club de lectura (nivel 2) que celebramos o pasado venres día 4 de abril. As dúas obras están causando moi boa impresión entre estas selectas devoradoras de libros. Por certo, por fin conseguín que polo menos un membro do nivel 1 se atreva coa novela histórica e lle dea unha oportunidade, eu penso que ben merecida, a "La plata de Britania", da escritora inglesa Lindsey Davis.
O recuncho dos libros liberados está que ferve
![]() |
| Procedencia da imaxe |
![]() |
| Procedencia da imaxe |
| Procedencia da imaxe |
| Procedencia da imaxe |
Si, improbables lectores e lectoras deste blog: o recuncho de libros libres está, e seguirá estando, que ferve nestes últimos meses do presente curso. E ferve en varios idiomas. Arriba tendes as portadas das últimas "liberacións" por orde inversa de aparición. Trátase de catro obras que acadaron fama e difusión arreo, auténticos best-sellers. Correde pillalos porque voan.
4/4/14
Tendes seis días para participar no Certame de Poesía "Francisco Añón", que convoca o concello de Outes
Atención: o día 10 deste mes de abril cérrase o prazo para participar no XVIII Certame de Poesía Francisco Añón que convoca o concello de Outes (A Coruña). Podedes atopar as bases no taboeiro das escaleiras (do noso amado instituto, claro), no da biblioteca (tamén do noso amado instituto) ou neste mesmo post. No caso de que chegarades ata aquí lendo, saberedes que a segunda das imaxes que inclúo a continuación é unha copia da primeira páxina das bases. Claro que vos faría falta unha vista de lince para entender o que alí se di: no problem, se premedes na imaxe accederedes a unha versión guai das mencionadas bases. E lembrade que quen queira concursar atopará no equipo da biblioteca a axuda e colaboración que precise.
31/3/14
A "Tarte Gourmande", de Sara Valenzuela, gaña o primeiro premio do concurso de repostería
Nós tamén queremos felicitar a Sara Valenzuela polo premio conseguido no concurso de repostería. Exquisita a súa tarta, que se notaba preparada e decorada con esmero, unha obra de arte, aínda que efímera. Vede a continuación
un primeiro plano da tarta premiada:
O club de lectura tamén participou no concurso cociñando e degustando. Na seguinte foto podedes ver a Patricia e a Claudia que acababan de probar unhas exquisitas madalenas.
E nesta Miren Amaia e Patricia
Un plano xeral do comenzo da degustación. Aínda non chegara o xurado nin a maior parte do público.
E para rematar, outras dúas exquisitas tartas participantes.
25/3/14
Os gañadores e finalistas do concurso "Qué estás leyendo" recolleron os seus premios en Santiago de Compostela
| Procedencia da imaxe |
24/3/14
Animádevos a participar no concurso de repostería do martes 25
O próximo 25 de marzo celebrarase un concurso de repostería na sala "de titorías" do que vos deixo neste post o cartel e as bases. E ao mesmo tempo anímovos a participar, claro.
Reglement du concours
Bases do concurso de repostería francesa
Poesía, cada día
Cristina, a profesora de Lingua Castelá confeccionou este precioso cartel do que podedes ver unha copia no vestíbulo acompañando a exposición de poemas que montamos con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o pasado día 20 de marzo. Recoméndovos que vos paredes a ler as composicións dos rapaces e rapazas de primeiro e segundo da ESO (atoparédelas entremezcadas con outras de autores o que se di consagrados: Rilke, Lope de Vega, Manuel Antonio...). A min encantéronme, é máis, penso pedir permiso aos seus autores e autoras para publicar algunhas delas neste blog.
20/3/14
Journée Internationale de la Francophonie – 20 mars 2014
Les élèves de français de 1ºESO B souhaitent une heureuse journée à toute la communauté francophone!!!
20 mars 2014: Journée internationale de la Francophonie
Cortesía de Carme Armental, a profesora de francés, chéganos a invitación a compartir esta preciosa presentación, que nos lembra que hoxe, 20 de marzo, se celebra a "Journée Internationales de la Francophonie". Gracias, Carme, e félicitations!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






