Anda estes días por Coruña o escritor inglés, nacido en Bombay (hoxe Mumbai), Salman Rushdie (es.wikipedia.org/wiki/Salman_Rushdie). Ven para participar no Congreso de Semiótica que se celebra esta semana. Hoxe falou de libros electrónicos, aos que é afeccionado, da morte da novela (algo do que se ven falando dende hai décadas) e doutros temas máis específicos.
Nos anos noventa a fama de Rushdie chegou a todas partes xa que foi obxecto dunha "fatwa" (un edicto relixioso) que o condeaba a morte. Por que? Por escribir The Satanic Verses (Os versos satánicos), novela que os integristas islámicos de Irán consideraban blasfema, xa que non respectaba a figura do profeta Mahoma.
Rushdie escribiu tamén unha novela fantástica (estilo H.Potter) titulada Harún y el mar de las historias (editada por Seix Barral) e este ano podemos atopar xa traducida ao castelán a última, unha novela histórica sobre o Renacimento: La encantadora de Florencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario