17/12/09

Gilgamesh


Hoxe toca literatura antiga, adicada aos alumnos de Literatura Universal.
O primeiro que temos conservado é o texto do Gilgamesh (rei de Uruk, "el que vio lo más hondo", epíteto caracterizador, xa sabedes), algúns de vós coñecedes a historia e sabedes da versión modernizada que temos na biblioteca.
A epopeya procede de Mesopotamia, da antiga cidade de Súmer (Uruk, na época do rei Gilgamesh, hoxe en Iraq), e está escrita en tabliñas de arxila, segundo a escritura cuneiforme que data do III milenio antes da nosa era (xa ten 5000 anos), chegaron a nós algunhas versións diferentes, a meirande parte está conservada no Museu Británico de Londres, aquí tedes unha mostra.
Quen foi Gilgamesh? Un ser "metahistórico" (houbo un rei con ese nome, máis a figura literaria é máis ben mítica que histórica) que estaba dotado de forzas máxicas e que buscaba o sentido da vida, para iso chegou a enfrentarse a un ogro, e mesmo a achegarse á inmortalidade... Polo camiño deixou ao seu mellor amigo, Enkidu, e moitas aventuras (mesmo escapou do diluvio universal...)
É a historia dunha grande amistade, dos deuses e dos homes, da interpretación dos soños, da procura da inmortalidade... Os grandes temas da Literatura Universal.

3/12/09

Club de lectura


Mañá venres, no primeiro recreo, faremos unha reunión para formar o Club de Lectura Bibliomariacasares.
Si estás en Bacharelato, anímate a participar. Faremos unha reunión mensual para comentar un libro que leremos todos xuntos.
Non é necesario falar en todas as reunións, non é necesario ter o libro rematado, non hai exame, non puntúa... É só unha maneira de xuntarnos e falar do libro que estamos lendo.
O primeiro é La carretera, de Cormac McCarthy.
Veña, imos ler esta novela antes de que nos estreen a película...
Quedamos na Biblioteca para falar das datas e do lugar de reunión.
Por que esta imaxe? Porque hai que pensar nos demáis.

25/11/09

25 de novembro: Xornada contra a violencia de xénero



Hoxe é o día en que debemos facer unha reflexión sobre a violencia de xénero. Aínda que moitas veces as celebracións oficiais non serven para nada, é a nosa obriga adicar un momento do día a pensar nas persoas que sofren a violencia dos seus. Dende as bibliotecas escolares nos chegan novas, creacións audiovisuais e xestos cos que nos solidarizamos todos.


Agradecemos ao blog mesturas do IES Sánchez Cantón o maravilloso traballo. Podedes velo en http://www.mesturas.blogspot.com/


22/9/09

Salman Rushdie


Anda estes días por Coruña o escritor inglés, nacido en Bombay (hoxe Mumbai), Salman Rushdie (es.wikipedia.org/wiki/Salman_Rushdie). Ven para participar no Congreso de Semiótica que se celebra esta semana. Hoxe falou de libros electrónicos, aos que é afeccionado, da morte da novela (algo do que se ven falando dende hai décadas) e doutros temas máis específicos.
Nos anos noventa a fama de Rushdie chegou a todas partes xa que foi obxecto dunha "fatwa" (un edicto relixioso) que o condeaba a morte. Por que? Por escribir The Satanic Verses (Os versos satánicos), novela que os integristas islámicos de Irán consideraban blasfema, xa que non respectaba a figura do profeta Mahoma.
Rushdie escribiu tamén unha novela fantástica (estilo H.Potter) titulada Harún y el mar de las historias (editada por Seix Barral) e este ano podemos atopar xa traducida ao castelán a última, unha novela histórica sobre o Renacimento: La encantadora de Florencia.

17/9/09

De volta


Xa estamos de volta...
De volta ao Instituto, de volta ao ceo gris, de volta á choiva... Mais tamén de volta para ver aos compañeiros, aos profesores (si, nós tamén estamos de volta), para comezar con ganas este novo curso que xa ven teñido de outono e de alarma (pola gripe que acecha)
Dende a Biblioteca queremos darvos a benvida e animarvos a empezar con moita forza.
Con forza xa empezaron os alumnos de 4º de ESO que están en Hamburgo dende o día 15 para participaren no intercambio, xa nos contarán...
Deixamos como primeira recomendación este video de Muse
(en www.myspace.com/muse) , que tamén están de volta co seu traballo "The Resistance" (podedes atopar a letra (moi ilustrativa) en: www.lyricsmode.com/lyrics/m/muse/resistance.html
Bó curso e boas lecturas!

28/6/09

Vémonos en setembro



Teño na cabeza desde hai uns días o estribillo dunha canción moi moi antiga. Dicía así: "cuando llegue septiembre todo será maravilloso". Non me lembro das razóns polas que a cantante tiña postas tantas esperanzas nese mes, supoño que contaba con volver a ver ao seu mozo, ou cousa polo estilo. De calquera xeito, as integrantes do grupo da biblioteca queremos facer daquel estribillo repipi unha consigna, e esperamos que no mes en que empezan as clases e o outono podamos ofrecervos un servicio de biblioteca mellor, máis eficaz, "marabilloso". Poñeremos niso todo o noso empeño. Mentres tanto, darémoslle descanso aos teclados e pecharemos este blogue.
Moitas gracias a tod@s e felices vacacións !
Vémonos en setembro!

21/6/09

Neuman, uns dos amos da literatura do século XXI





Outro premiado máis, esta vez co Alfaguara de Novela 2009. Titúlase El viajero del siglo e está escrito polo arxentino Andrés Neuman, a quen La Voz de Galicia entrevistaba o sábado pasado. De momento a edición dixital do xornal non recolle a entrevista, así que me permito copiar un pequeno fragmento das declaracións deste escritor, de quen Roberto Bolaño dixo que estaba "tocado por la gracia" e que "la literatura del siglo XXI pertenecerá a Neuman y a unos pocos de sus hermanos de sangre". Case nada. Di Neuman en "La Voz de Galicia", a propósito da súa nova obra:
Yo me propuse que mi novela tuviera el ritmo moroso y el psicologismo de las obras clásicas, pero que la prosa estuviera muy influenciada por las vanguardias, el surrealismo e incluso el pop, que las imágines fueran cinematográficas, que el montaje visual fuese ágil
E tamén:
A mí me gusta que los géneros se contaminen entre sí. Este libro también es un experimento sobre cuántos géneros pueden caber en una novela, que es la gran aspiradora de la literatura que termina asimilando tarde o temprano cualquier forma. Era la ocasión para poner en juego todos los géneros a la vez, porque tiene de novela clásica, pero también poesía, ensayo y cuento, pue slos capítulos son en genral breves y muchos están rematados conesa ténica.


Pero imos deixar que o propio autor tome a palabra (a falada, a escrita xa nos deixou dito Bolaño que era súa) e de paso preséntovos esta páxina, conoceralautor.com, que tal como apunta o seu nome, permítenos escoitar aos propios autores en vídeos cortiños, según manda Internet. Os vídeos non se poden insertar, pero se clicades na imaxe verédelo.

Consulta a cibermesa das novidades

Esta é só unha pequena mostra dos últimos libros
que se incorporaron á nosa biblioteca.

Se ningún che prace, na mesa de madeira hai máis.

20/6/09

Por fin "Hexed" se trilingüiza



Leo en culturagalega.org que a serie Hexed da debuxante galega Emma Ríos, publicada en inglés en Estados Unidos, aparecerá en galego e en castelán este mesmo ano. Será polas datas en que se celebre o festival Viñetas desde o Atlántico cando a editorial El Patito lanzará as dúas novas versións desta obra que tantas alegrías lle deu á súa autora (isto dedúzoo da lectura do seu blogue) e aos seus lectoras e lectores (isto seino por experiencia propia). De momento terémonos que conformar coa edición en inglés, publicada integramente en MySpace, a onde vas se clicas.

18/6/09

A familia crece

Crece a familia blogueira do María Casares. @s últim@s en se incorporar á rede son @s alumn@s de cuarto que caeron na conta de que sabían facer cómics, editar vídeos e enredar con youtube, entre outras habilidades. Non lles quedaba máis que abrir un blogue para expoñer o seu labor. E ahí está: chámase ticomovas e é ben bonito. A continuación, unha mostra dos cómics do ticomovas.


E os premios van para ...




Xa temos os nomes d@s gañador@s da edición 2009 dos tres concursos convocados desde esta biblioteca: Pasaporte Lector, Recuncho de Poesía e Formación de Usuarios. Aquí os tendes:

Pasaporte Lector
1º premio: Sara López, de 1º de bacharelato C
2º premio: Celia Segado Quintas, de 1º de ESO A
3º premio: Lucía Souto Tizón, de 1º de ESO A

Recuncho de poesía
1º premio: María Rodríguez Castro, de 3º de ESO C
2º premio: Paula Fernández Rivera, de 1º de ESO B
3º premio: Marta López García, de 1º de ESO A

Formación de usuari@s:
Manuel Meilán, Cristina Rodríguez e Andrea Otero, de 1º de ESO A.

A todas elas, e a el, a nosa noraboa.

Posdata 1
Entregaremos os premios mañá venres día 19, no primeiro recreo. E aproveitaremos a cerimonia para lles pedir permiso aos concursantes para publicar a lo menos unha mostra dos seus magníficos traballos no noso blogue.

Posdata 2
A tent@s tod@s @s que participastes porque recibiredes un pequeno obsequio e todo o noso recoñecemento polo voso moi meritorio traballo.

14/6/09

Un premio que dá que pensar



No post anterior, viamos unha foto de Agustín Fernández Paz e unha sorinte Rosa Aneiros. Razóns para sorrir non lle faltan a esta escritora galega (moi estimada no noso instituto, se xulgamos polo número de empréstitos das súas obras) pois vén de facer un doblete: dúas obras súas gañaron os premios que convoca a editorial Xerais. Sol de Inverno (así con maiúscula, porque é o nome da protagonista e non o dunha estación) conseguiu o Premio Xerais de Novela e Ás de bolboreta, o galardón Caixa Galicia de literatura Xuvenil. Ímonos ocupar brevemente deste último título, que parece bastante prometedor. Ás de bolboreta pinta un cadro de vidas cruzadas, unha especie de puzzle feito con pezas pequeniñas, ou o que vén sendo o mesmo, capítulos breves, e con moito diálogo, unha fórmula bastante efectiva para asegurarse o éxito nos institutos. Algo que non debía de andar moi lonxe da cabeza da autora cando declaraba ao diario El País que Ás de bolboreta "pode servir para reflexionar sobre moitos temas nas aulas" . Tomamos nota, Rosa, porque neste instituto gústannos as obras que fan pensar.

A imaxe está sacada de culturagalega.org e nela vemos a Aneiros moi ben acompañada por Jacobo Fernández, ufano co seu recén gañado premio Merlín de Literatura Infantil.

E para rematar, un audio de Rosa Aneiros en culturagalega.org sobre Ás de bolboreta.

13/6/09

Relatos de amor para levar á praia



Avísovos de que uns cantos posts que me quedan por perpetrarvos antes de que remate este curso van ir de premios literarios. A que vén esta especie de ameaza? Que teñen de malo os premios literarios? Vaia por diante que eu penso que nada de nada. Ao contrario, os premios fan felices a moitas persoas. Para empezar, aos premiados, que vemos nas fotos das cerimonias felices e contentos recibindo o seu galardón; logo, aos da editorial, que aproveitan para vender libros, que é o seu, e Deus queira que lles vaia ben por moitos anos. E por último, aos lectores que mercan as obras premiadas e parecen pasalo ben léndoas.
Agora ben, dito todo o anterior, probablemente haxa criterios mellores para escoller unha lectura que o dos premios que teña recibido, claro que si, e convén que cada quén vaia formando os seus. Pero seguro que sabedes de sobra todo isto e podo pasar sen tanto preámbulo ao asunto que me traía hoxe aquí. O caso é que a Agustín Fernández Paz déronlle por O único que queda é o amor, primeiro o premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil e logo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil do ano 2008. O libro leva unha boa tempada na lista dos máis vendidos de La Voz de Galicia e pareceume que podía ser unha moi boa recomendación para as vacacións que se aproximan. Como o seu título indica, en O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz volve a falar do amor, unha vez máis, que dicía a canción. A obra consta de dez relatos sobre ese tema eterno. Se clicades no título veredes unha relación de todos eles e un breve resumo dos seus argumentos (lamentablemente, tamén se contan o desenlaces). A continuación, un deses resumos (sen o desenlace, claro):
Unha historia de fantasmas: lembra unha narradora feminina de cando facendo o camiño de Santiago dende Pamplona un home contou á noite na pousada dun accidente de coche que deixou viúva e sumida na tristeza e soidade a unha muller. Até que empezou a sentir a presencia do marido na casa, que logo se fixo real nas flores que alguén levara, e mesmo no libro de Valente que atopou aberto enriba da cama co poema que ela tantas veces lle lera. Intenta a narradora ao día seguinte falar co relator da historia, mais desaparecera...




8/6/09

Ponlle palabras ao terror


A vós que tanto vos gustan os relatos de terror, que non parades de vir á Biblioteca para reclamar libros de misterio, de terror ..., deixovos unha información por si acaso hai algún "letraherido" que escribe e que lle gusta o tema. 
No concello de Curtis organizan un concurso para premiar a mellor narración curta sobre o tema, eles din : "Queremos que lle poñas palabras ó terror. Desafiámoste a que nos fagas sentir auténtico medo.". Xa sabedes, este é o ano de Edgar Allan Poe (entre outros) e anda por ahí Coraline (que non da moito medo pero da un mal rollo...), animádevos e achegádevos á páxina web: www.concellodecurtis.org

7/6/09

"Chats": non chatees con lobos




¿Acordádesvos de "No pidas sardina fuera de tempada" ou "Todos los detectives se llaman Flanagan"? O seu autor é Andreu Martín, un dos mellores escritores de literatura xuvenil en lingua castelá. Pois ben, Andreu Martín volve agora cun libro titulado "Chats", unha historia "con moraleja", un "conto bo" (mirade o vídeo para descubrir a que me refiro), que gañou o premio Hache, outorgado por lectores adolescentes. As peripecias de Eva, a protagonista, entreteñen, como soe ocorrer cos relatos deste escritor catalán, e ademais alertan dos perigos que axexan ás caperucitas que menten ás súas nais, intérnanse nas charlas sen fronteiras que Internet pon ao seu alcance, e esnáfranse contra lobos disfrazados de tenras ovelliñas. A continuación, a reseña da editorial Algar e o vídeo de Andreu Mantín:

"Eva había dicho que iba a hacer los deberes, pero tras una hora encerrada en el estudio, su madre la encuentra hablando por el Messenger con cinco o seis conversaciones abier­tas, entre ellas la de Supermask. Y empieza la bronca de cada día, pero Eva no lo puede evitar. En el instituto, Elisenda y sus amigas las Tiburonas le hacen la vida imposible, y todo el mundo la ignora, incluido Ernesto. En cambio, en la red todo es distinto, porque en los chats encuentra la válvula de escape que necesita, y es querida y popular. Todavía no es consciente de los peligros que le esperan."


4/6/09

Aventuras nun mundo paralelo

Estrease hoxe unha película do director Henrick Selick, coñecido sobre todo por "Pesadilla antes de Navidad", titulada Los mundos de Coraline. A cinta baséase nunha novela de Neil Gaiman e presenta unha importante novedade técnica: trátase da primeira película de animación stop-motion rodada en 3D.
Coraline é unha nena insatisfeita coa súa casa e cos seus pais que consegue adentrarse noutro mundo con só pasar ao lado dunha porta da súa casa. Nese outro mundo todo parece perfecto, ao primeiro, pero seique as cousas se complican e Coraline vai ter que botarlle moito valor para volver ao seu "antiguo" mundo e salvar á súa auténtica e imperfecta familia. Se queredes ler máis información sobre a cinta, clicade sobre o nome, como sempre. Pero, para que? Mellor ide vela. E a continuación, o tráiler.


3/6/09

Un veciño de A Coruña aspira a un Óscar

La Voz de Galicia publicaba o venres día 29 de maio a noticia (que non aparece na versión dixital do xornal) de que Alberto Rodríguez, un cineasta canario afincado en A Coruña, estaba nominado aos premios Óscar para estudantes, que convoca a Academia das Artes e as Ciencias de Hollywood, a mesma que convoca os outros Óscar, os de toda a vida, digamos. A curta que presenta este aventaxado estudante da National Film and Television School do Reino Unido titúlase "The Incredible Story of My Grandmother Olive". Tiven curiosidade por ver siquera a pinta que tiña a peliculiña e busqueina en youtube. Gustoume, non sei como serán as curtas coas que compite Alberto Rodríguez pero a que el mesmo presenta ten moi boa pinta. Invítovos a que lle botades unha ollada ao tráiler. E se queredes máis información sobre o contido da cinta e outros datos do seu autor, esta páxina pode valer.

29/5/09

Consellos para corazóns mecánicos

Vese que a editorial Mondadori está á que salta. Se suxerente era o vídeo promocional de "El nombre del viento", éste que anuncia a publicación de “Mecánica del corazón, do autor Mathias Malzieu, non o é menos. A propósito, non é mala idea a de promocionar os libros con esta especie de tráilers elaborados con tanta arte e encanto que dan ganas de ir correndo á libraría, pagar o que che pidan polo libro e poñerte a lelo xa. Outras editorias, cuxos representates se queixan tanto da ameaza que representa para o seu negocio o avance do mundo audiovisual, terían que imitar a Mondadori. Aínda que só fose por aquilo de seguir o vello consello de unirse ao enemigo cando ves que non podes con el.

Volvendo ao libro que se presenta no vídeo, se queredes ser dos primeiros en lelo, recoméndovos que anotedes o seu título e esteades alerta cando se publique, porque a noveliña foi un best seller en Francia e non me extrañaría nada que triunfase aquí e desaparecese pronto dos estantes das librerías. En canto ao autor, non sei moito del, a verdade: só que se chama Mathias Malzieu e que parece ser unha desas persoas que lle dá ben á case todo: escritura, música, animación...(clicade no seu nome para comprobalo). Para rematar, cópiovos dúas peciñas informativas, as dúas por cortesía da editorial Random House Mondadori, para que vos fagades unha idea máis cabal do contido do libro. Aínda que vos preveño: se sodes da banda dos impacientes, non sigades lendo, porque corredes o moi grave risco de quedar picados da curiosidade e, lamentablemente, ides ter que acougar ata setembro porque "La mecánica del corazón" non se pon á venda ata o día 25 dese bendito mes no que se reanudan as clases. Claro que tamén podedes lelo en francés, se vos prace.

Para empezar, unha breve cita do libro:

Primero, no te toques las agujas.

Segundo, domina tu cólera.

Tercero, no te permitas jamás, jamás de los jamases, enamorarte.

Pues entonces la gran aguja del reloj de tu corazón traspasará tu piel y la mecánica del corazón se estropeará de nuevo.



E logo, un fragmento da reseña do libro extraída da páxina da editorial:



"En la noche más fría del siglo XIX, nace en la ciudad de Edimburgo, Jack, el frágil hijo de una prostituta. El bebé nace con un corazón débil y para salvarlo, la inventora-médico le coloca un reloj de madera sonoro y molesto- al que habrá de dar cuerda toda su vida y le causará todo tipo de inconvenientes. La prótesis funciona y Jack sobrevive, pero debe respectar una regla: evitar todo tipo de emoción que pueda alterar su corazón. Nada de enfados, y sobre todo, sobre todo, nada de enamorarse. Pero Jack conoce a una pequeña cantante de ojos grandes, Miss Acacia, una joven andaluza que pondrá a prueba el corazón de nuestro tierno héroe..." Máis




25/5/09

Ilustracións case animadas








Polo visto, os anos 40 e 50 do pasado século foron a época dourada da ilustración editorial. Hai pouco, o fotógrafo Thomas Allen inspirouse nas cubertas de libros populares americanos desa época para crear unhas montaxes que, segundo José Antonio Millán, autor do blogue De libros y bitios, suliñan a "forza e expresividade" das imaxes orixinais.

La literatura como diálogo


... a menudo, enfrentarnos con la excelencia requiere un esfuerzo que termina mereciendo la pena. Leyendo a los grandes novelistas, esos que además de usar el lenguaje para contar una historia lo utilizan para construir un estilo, conseguimos tener una experiencia de su mente. Y, con ellos, de igual a igual, aceptamos gustosos esa eterna invitación al diálogo que forma parte indisoluble de la literatura.

Manuel Rodríguez Rivero, "La gloria del libro", El País, 23.05.09

24/5/09

Alerta zombi



Disque se está preparando "ao outro lado do Atlántico" (onde se non?) un ataque masivo de zombis mediáticos, que está previsto que chegue a estas desprotexidas costas de aquí a uns meses. Alá polas Américas do Norte, os zombis está movéndose ben, "escalando posicións" poderiamos dicir, e desprazando do panorama pop-literario e mediático aos vampiros de Crepúsculo, Amanecer e demais. No seu avance, os mortos vivintes están reconquistando territorios xa visitados por eles noutras ocasións e abríndose paso noutros onde nunca puxeran o seu cheirento pé. Cómics que presentan versións zombis dos súper heroes, superproducións de Hollywood, con directores e actores de primeira fila, vídeoxogos e ata musicais rendéronse xa ao avance zombi. Pero nada disto me chama a atención e non pulsaría unha soa tecla deste meu gastado teclado para vos contar isto senón fose porque me enterei de que os zombis atacaran con éxito un territorio literario que estimo moito: nada menos que a obra da escritora inglesa Jane Austen e nada menos que unha das súas novelas máis logradas, "Pride and prejudice". Polo visto, o periodista Seth Grahame Smith vén de publicar unha novela que se titula "Pride and Prejudice and zombies" e que trata dunha atribulada familia inglesa, os Bennet, empeñada en conseguir dous obxectivos: casar ás súas cinco fillas e ao mesmo tempo loitar contra os ataques de oleadas de zombis comecerebros. Seica a maravillosa novela de Jane Austen amóldase ben ás convencións do mundo zombi. Segundo nos recorda Lev Grossman, o crítico da revista Time, a xenial novela de Jane Austen vai de como usar o enxeño, encanto e bos modais para evitar falar de "cousas inapropiadas", tales como o sexo ou os cartos. Pois ben, na versión de Seth Grahame Smith, os zombis son unha máis desas "cousas inapropiadas" das que non se debe falar. Aos repipis membros da clase media inglesa que poboan o obra de Jane Austen nin sequera lles gusta pronunciar a palabra "zombi" a pesar de que os mortos viventes están en todas partes matando e descortizando a miles de persoas.
Por moi extravagante que vos pareza a trama deformada do clásico inglés, e a min parécemo moito, hei de decirvos que a novela Grahame Smith xa se convertiu niso que chaman "un éxito de ventas". Agora mesmo veño de comprobar que o libro segue na lista dos máis vendidos do New York Times. Vai ser que as preferencias dos lectores son como os camiños do Señor, insondables.
Deixádeme que escriba como galega que son: quizais canto acabo de contarvos poida considerarse un adianto da moda pop-literaria da temporada outono inverno ou quizais non, e os zombis perdan forza ao cruzaren o Atlántico. En todo caso, eu aviso e logo que cada quen adopte a posición que crea máis convinte: correr a recibir ao exército zombi, ou pórse a cuberto, segundo se prefira.

De vacas que teñen leite "pola parte de abaixo"





Leo no blogue Apostillas literarias este precioso texto, escrito por un neno de 8 anos ao que o seu mestre lle pediu que describise un mamífero ou unha ave. O texto é tan "delicioso", en palabras do blogue citado, que se garda no Museu Pedagóxico de París. Unha obra de arte, vaia, esta vez feita con palabras. Cópioo a continuación

El pájaro del que voy a hablar es el búho. El búho no ve de día y de noche es más ciego que el topo. No sé gran cosa del búho, así que continuaré con otro animal que voy a elegir: la vaca. La vaca es un mamífero, tiene seis lados, el de la izquierda, el de la derecha, el de arriba y el de abajo. El de la parte de atrás tiene un rabo del que cuelga una brocha. Con esa brocha se espanta las moscas para que no caigan en la leche. La cabeza sirve para que le salgan los cuernos. Y además porque la boca tiene que estar en alguna parte. Los cuernos son para luchar con ellos. Por la parte de abajo tiene la leche. Está equipada para que se le pueda ordeñar. Cuando se le ordeña la leche viene y ya no se va nunca. ¿Cómo se las arreglará la vaca? Nunca he podido comprenderlo. Pero cada vez sale con mayor abundancia. El marido de la vaca es el buey, el buey no es mamífero. La vaca no come mucho, pero lo que come lo come dos veces, así que ya tiene bastante, cuando tiene hambre muge, y cuando no dice nada es que está llena de hierba por dentro. Sus patas le llegan al suelo. La vaca tiene el olfato muy desarrollado, por lo que se puede oler desde lejos, por eso es por lo que el aire del campo es tan puro.


Publicado el 15 de mayo de 1990 en periódico El Nacional.

23/5/09

"El uso y el disfrute es más importante que la posesión y la conservación (del libro)"

Recoméndovos que vos paredes uns minutos (poucos) a escoitar a esta muller, que fala moi atinadamente sobre bibliotecas e bibliotecari@s.

18/5/09

Mario Benedetti, no te duermas sin sueño...




Mario Benedetti

"No te salves"
No te quedes inmóvil
al borde del camino
no congeles el júbilo
no quieras con desgana
no te salves ahora
ni nunca
no te salves
no te llenes de calma
no reserves del mundo
sólo un rincón tranquilo
no dejes caer los párpados
pesados como juicios
no te quedes sin labios
no te duermas sin sueño
no te pienses sin sangre
no te juzgues sin tiempo

pero si
pese a todo
no puedes evitarlo
y congelas el júbilo
y quieres con desgana
y te salvas ahora
y te llenas de calma
y reservas del mundo
sólo un rincón tranquilo
y dejas caer los párpados
pesados como juicios
y te secas sin labios
y te duermes sin sueño
y te piensas sin sangre
y te juzgas sin tiempo
y te quedas inmóvil
al borde del camino
y te salvas
entonces
no te quedes conmigo.

O poema copiámolo da páxina "Poemas del alma" que hoxe está de loito, coma nós, pola morte de Mario Benedetti.

17/5/09

O idioma é amor

Non me parece o mellor poema de Manuel María, nin moito menos. pero Roi Casal envolve os versos do poeta monfortino cunha interpretación delicada que os ennobrece. E sen máis, deixo que xulguedes por vos mesm@s e invítovos a escoitar neste día de festa para as letras galegas o tema "Maxicamente vello". Que o disfrutedes.

Na defensa dun acordo para o galego

Víctor Freixanes reflexiona hoxe no seu habitual artigo de La Voz de Galicia sobre cuestións lingüísticas, e faino, como é costume nel, dun xeito sensato e oportuno. Cito textualmente:

"Non sei cantas persoas participarán hoxe (Día das Letras Galegas) nas manifestacións convocadas a prol da lingua nas rúas. Sexan moitas ou poucas, sempre serán menos do inxente número de falantes. A lingua é de todos eles, tamén dos que, pola razón que sexa, non se manifestan. E non só das forzas políticas. As forzas sociais, as forzas da empresa e da economía, dos medios de comunicación, as forzas do mundo sindical, etcétera, deben implicarse nese acordo que nos afecta a todos e que debe ser construído escoitándoos a todos, incluídas as institucións que dende hai anos veñen traballando a prol do coñecemento da nosa realidade lingüística e cultural. Todas as achegas son necesarias. Sería suicida e moi irresponsable pretender actuacións excluíntes, ou posicións exclusivistas (partidistas), negando ese «acordo social integrador», ao que fai referencia a RAG e que como académico (e como cidadán) subscribo. A responsabilidade primeira é do Goberno, por suposto, lexitimado nas urnas, mais tamén da oposición e do conxunto da sociedade, que dispón dun patrimonio único, irrepetible, que nos instala na historia, nos arraiga na tradición e nos proxecta cara ao futuro."

Le o artigo completo: O consenso é necesario
a foto está sacada do blogue da editorial Galaxia

16/5/09

Unha pequena semblanza biográfica de Ramón Piñeiro

Un precioso vídeo sobre a biografía de Ramón Piñeiro que temos que agradecerlles a alumn@s e a profesor@s do CPI dos Dices. E facémolo de boa gaña: a tod@s el@s dámoslles desde aquí a nosa noraboa polo seu traballo e agradecémoslles que quixeran compartilo con nós.



Ramón Piñeiro neno e o galego na escola



Copio un fragmentiño do libro de Carlos Casares sobre Ramón Piñeiro por se nos serve para lembrar unha situación coa que se atopaban os nenos galegos que entraban na escola hai uns cantos anos, non moitos, non vaiades pensar. E para evitar que se repita, claro:

Na escola, o mestre falaba en castelán, o cal desconcertou ó neno, que non entendía a razón daquela situación estraña, pois o galego era a única lingua que se falaba na súa casa e na aldea, entre os veciños. Sentiuno como unha h u m i l l a c i ó n
.

13/5/09

Un día calquera...

Onte faleceu en Madrid Antonio Vega, compositor e cantante moi representativo da música pop española dos anos 80 e cofundador do grupo Nacha Pop. Como xa vai moito tempo desde iso, é posible que moitos de vós nen sequera o coñezades. Por iso, e como unha pequena homenaxe de despedida, inserto neste post de hoxe, aparte dos consabidos links que podedes empregar para ampliar información, un vídeo coa que é sen dúbida a canción máis representativa de Antonio Vega: La chica de ayer.


11/5/09

"Sempre Xonxa" cumpre 20 anos




La Voz de Galicia recordábanos o sábado pasado no seu suplemento Culturas que Sempre Xonxa, a película de Chano Piñeiro, cumpre 20 anos nestas datas. Ademais, cóntanos este xornal que críticos e personaxes do cine galego escollérona como a mellor longametraxe galega da historia.
A continuación coloco unha ficha do filme que AVG, o soportal do audiovisual galego, nos anima a insertar nos nosos blogues.
E se queredes ver un trailer da película, premede na imaxe ( na anterior, no na que aparece na ficha).

"Alén"




Un poemiña sinxelo para o noso recuncho: Alén, de Claudio Rodríguez Fer

Cando
nos abrazamos
imos
a outromundo
onde
nos abrazamos
e marchamos
a un transmundo
onde
nos abrazamos
e onde quizais só
nos abrazos

8/5/09

"El nombre del viento", de Patrick Rothfuss

Vexo no blogue da biblioteca do IES As Mariñas a publicidade dun libro que parece interesante. Botádelle un vistazo a ver que vos parece e logo, entre tod@s, a ver se convencemos a Violeta para que nolo merque.


7/5/09

Calquera traballo non é un bo traballo

Kindle DX: o saber xa case non ocupa lugar



A BBC titula así a noticia que anuncia a aparición dun novo artiluxio da súper tenda Amazon : "Kindle DX, hacia una sociedad sin papel". Polo visto, algo diso é o que pretenden os creadores do irmán máis novo do Kindle: esperan que este aparato sirva de soporte a montóns de libros de texto e xornais. Desde logo, as súas características, que podedes examinar nesta páxina ( en inglés), son moi atractivas. Destaco o seu espesor de apenas uns 8 milímetros e a posibilidade de variar o tamaño da fonte, algo que agradecemos moitos as que andamos xa coa vista cansada. Principal inconvinte: o precio, como case sempre: 367 €, ao que logo lle teremos que sumar o que valga cada libro. De calquera xeito, eu penso que este aparatiño, ou outro similar, acabará impoñéndose. E non tardará moito.

A conselleira de Sanidade recomenda lavar as mans e nós dicímosche como

Di La Voz de Galicia (o link non vos leva á información que vos comento, que non aparece na edición dixigital do xornal, senón á noticias sobre o mesmo tema) que a conselleira de Sanidade recomenda lavar as mans como medida para evitar a propagación da gripe porcina (imos chamarlle así, que é máis doado ca H1N1). Por si algún/a de vós se esquenceu de como se fai tal cousa, aproveito un vídeo de Consumer, que me chegou hai pouco ao meu correo electrónico, e no que aparecen algúns aconsellos sobre como e cando hai que lavar as mans. Aquí o tendes.


4/5/09

"Os mortos van á presa" arrasa nos premios "Mestre Mateo"

Déixovos o tráiler da película "Os mortos van á présa", a mellor longametraxe producida en Galicia no ano 2008. E dous links para que vos informedes máis e mellor sobre esta cinta, antes de ir vela, claro.

Ficha da película na páxina da Axencia Audiovisual Galega
Listaxe completa de premios en Vieiros

1/5/09



Para ese recuncho que ás veces transformo en "curruncho", un poema de José Carlos de Vasconcelos seleccionado por Belén.



LLL

L de letras
- das letras simples
com que escrevo estes versos claros

L de livros
- desses companheiros
em que a música se disfarça de silêncio
e a vida não amarelece com as páginas

L de lilaz
- essa flor tão breve
com um cheiro azul de paz

L de um anseio
de que está o mundo cheio;
L de um grito
que nos há-de rebentar o peito
e encher toda a cidade:
este L
alto e direito
da Liberdad

De José Carlos de Vasconcelos


28/4/09

Precísanse lectores con talento



El viaje de la lectura pasa muchas veces por terrenos difíciles que exigen tolerancia, espíritu libre, capacidad de emoción inteligente, deseos de comprender al otro y de acercarse a un lenguaje distinto al de nuestras tiranías cotidianas.

Enrique Vila-Matas

Le El talento del lector en El País

Como conservar ben os libros



Veño de renderlle a miña visita diaria ao blogue Nosololibros e, como sempre, traio algo de proveito. Esta vez é unha infografía sobre a boa conservación dos libros nas bibliotecas sacada da versión dixital da revista Muy Interesante. Pois iso, moi interesante.

27/4/09

Roi Casal: Ninfa das frescas augas

O artista que traemos hoxe aquí chámase Roi Casal. Compón, canta e toca a arpa que dá xenio. E por riba é bo mozo. E non digo máis, que teño que ir para a clase. Déixovos dous links para que vos documentedes sobre este artista e a promesa de volver con máis vídeos seus.


Entrevista a Roi Casal en netclub

Páxina web do artista

Unha biblioteca en cada casa



Interesante o artigo de Víctor Freixanes Libros e casas, publicado onte en La Voz de Galicia. Nel fálanos dunha iniciativa do governo arxentino para dotar ás vivendas de protección social dunha biblioteca básica. Cito textualmente:
"Ao tempo que se lle entrega á familia a chave da nova vivenda, a Administración instala unha pequena biblioteca doméstica de 18 títulos, seleccionados entre o máis representativo da literatura arxentina e universal.
Van 50.000 entregas no último ano, segundo o secretario de Cultura da Presidencia, José Nun. O 80% dos beneficiarios nunca tiveran un libro na casa. A experiencia acompáñase dunha programación de obradoiros de lectura nos barrios, para dinamizar as bibliotecas, e un programa educativo nos centros escolares, dirixido aos rapaces e rapazas, apoiado nos títulos que configuran as bibliotecas, para que poidan dispoñer neles na casa."
Polo visto, esta idea, que me parece excelente, xa se exportou a outros países. Non estaría de máis que a tivésemos tamén en conta por estes "pagos".

Libros e casas en La Voz de Galicia

23/4/09

Vacacións solidarias



Chéganos ao correo electrónico esta mensaxe de Nuria, de Solidaridade Internacional:

Neste verán, qué pensas facer nas túas vacacións?

Achégate, infórmate e viaxa connosco!

Xa está en marcha vacacións solidarias 2009


O Programa de Voluntariado Internacional VACACIÓNS SOLIDARIAS bríndache a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.


  • Ecuador - 1.795 € - do 3 ao 30 de Xullo
  • Bolivia - 1.925 € - do 1 ao 28 de Agosto
  • Guatemala - 1.815 € - do 3 ao 29 de Xulio
  • Tindouf - 1.095 € - do 10 ao 24 de Outubro

Infórmate en: www.solidaridadgalicia.org/vacacions2009

REUNIÓNS INFORMATIVAS


Ourense
Luns 27 de abril ás 20:30 h
MOUCHO, rúa da concordia nº17, 32003, OURENSE
Responsable: Maite Pérez Insua

Pontevedra
Martes 28 de abril ás 20:30 h

Tenda Comercio Xusto

Galerías de la Oliva, local nº4, 36001, Pontevedra
Responsable: María Paz Gutiérrez

A Coruña
Mércores 29 de abril ás 20:30 h

Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia

C/ Cantón Grande 21-24, 15003, A Coruña

Responsable: Teresa Boedo Blanco



20/4/09

Recomenda un libro

-Elixe un libro que che guste para comentar ou para recomendar aos demáis.

-Redacta unhas liñas sobre el (argumento, estilo, opinión persoal, crítica…)

-Deixa a túa recomendación na bandexa que hai na biblioteca.

-Publicaremos as vosas recomendacións de lectura.


19/4/09

Feira do libro no María Casares


O 23 de abril, día do libro, imos celebrar unha feira do ídem que vai mandar truco, unha especie de bookcrossing "de andar por casa", que diriamos en castelán (estame quedando un "post" trilingüe do máis ultramoderno) . Ti traes un libro (ou dous ou tres...) que xa leras e non che interese conservar, nós dámosche un vale que vas poder canxear por tantos outros libros como trouxeches. O mesmísimo día 23 organizamos unha exposición con todos os libros e deixámosche que escollas aquel título ou títulos dos traídos polos teus compañeiros que máis che interese.
Para que teñas en conta prazos, lugar de entrega dos libros e demais cuestións organizativas cópioche a continuación as instruccións que argallaron os organizadores do evento literario-festeiro:


“Cada persoa pode traer cantos exemplares queira (poden ser libros ou cómics) xunto coa autorización, no caso de que sexan alumnos, dos pais e titores; na parte baixa hai un vale que deben recortar e gardar.

A entrega será en Vicedirección ou na Biblioteca

A recollida de libros será realizada ata o martes 21 de abril no 2º recreo.

O día 23 haberá unha exposición no vestíbulo dos libros doados e será organizado un horario de baixada para que os alumnos que teñan vales queiran canxealos polos libros expostos.”

18/4/09

O futuro segundo Microsoft

Este vídeo titúlase “2019″ e leva xa algún tempo circulando por Internet. Refírese ó futuro das novas tecnoloxías, tal como o ve Microsoft, que diso debe de saber algo. Existe unha versión completa (dura uns cinco minutos), que podedes ver clicando na primerira dirección que vos indico abaixo. A versión que poño hoxe aquí é de máis ou menos dous minutos , que é a duración que soemos preferir a xente deste blog. Pouco tempo para que caiba nel todo o 2019 tecnolóicamente falando pero abondo para nos deixar coa boca aberta. Paredes que son pantallas transparentes interactivas, debuxos dixitais que parecen ter vida propia, tarxetas de embarque electrónicas... O autor do blog istartedsomething, un dos que primeiro publicou este vídeo (que eu saiba) escolle como máis atractiva de entre tanta sofisticadísima e aínda non estreada tecnoloxía, o xornal electrónico. ¿A vós que vos parece? Eu non sabería escoller.

<a href="http://video.msn.com/?mkt=en-GB&playlist=videoByUuids:uuids:a517b260-bb6b-48b9-87ac-8e2743a28ec5&showPlaylist=true&from=shared" target="_new" title="Future Vision Montage">Video: Future Vision Montage</a>


Vía: istartedsomething
el blog de libros y bitios

Vía: Biblioríosblogspot.com

"El amor nunca se raya", ou si?

Un poemiña para o recuncho de poesía, que o temos medio esquencido. Esta vez é do poeta granadino Luis García Montero e fala de amor e música cun certo toque de humor. Vén ben para estes tempos de primavera esquiva.

















BALADA O EPIGRAMA
TÚ que has sido disc-jockey más o menos,
por el sueño de tu generación,
sabrás seguramente que la vida
es un disco con dos revoluciones
que dura siempre, amor, nunca se raya,
nunca se raya, amor, nunca se raya,
nunca se raya, amor,
nunca se raya.

17/4/09

Flavio Morais



Nada sabía de Flavio Morais ata que o vin en El blog de libros y bitios, de José Antonio Millán, onde este coñecido filólogo e experto en redes comenta unha exposición do artista brasileño afincado en Barcelona. Queda algo lonxe esta cidade catalana para visitar a mostra, así que me conformei con pasarme pola páxina web do artista. Gustoume moito o que vin, especialmente o apartado "animaciones". Por esa razón deixo hoxe aquí este post que podedes considerar unha especie de invitación á coñecer este artista e a súa obra.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...