17/5/09

Na defensa dun acordo para o galego

Víctor Freixanes reflexiona hoxe no seu habitual artigo de La Voz de Galicia sobre cuestións lingüísticas, e faino, como é costume nel, dun xeito sensato e oportuno. Cito textualmente:

"Non sei cantas persoas participarán hoxe (Día das Letras Galegas) nas manifestacións convocadas a prol da lingua nas rúas. Sexan moitas ou poucas, sempre serán menos do inxente número de falantes. A lingua é de todos eles, tamén dos que, pola razón que sexa, non se manifestan. E non só das forzas políticas. As forzas sociais, as forzas da empresa e da economía, dos medios de comunicación, as forzas do mundo sindical, etcétera, deben implicarse nese acordo que nos afecta a todos e que debe ser construído escoitándoos a todos, incluídas as institucións que dende hai anos veñen traballando a prol do coñecemento da nosa realidade lingüística e cultural. Todas as achegas son necesarias. Sería suicida e moi irresponsable pretender actuacións excluíntes, ou posicións exclusivistas (partidistas), negando ese «acordo social integrador», ao que fai referencia a RAG e que como académico (e como cidadán) subscribo. A responsabilidade primeira é do Goberno, por suposto, lexitimado nas urnas, mais tamén da oposición e do conxunto da sociedade, que dispón dun patrimonio único, irrepetible, que nos instala na historia, nos arraiga na tradición e nos proxecta cara ao futuro."

Le o artigo completo: O consenso é necesario
a foto está sacada do blogue da editorial Galaxia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...