17/12/09

Gilgamesh


Hoxe toca literatura antiga, adicada aos alumnos de Literatura Universal.
O primeiro que temos conservado é o texto do Gilgamesh (rei de Uruk, "el que vio lo más hondo", epíteto caracterizador, xa sabedes), algúns de vós coñecedes a historia e sabedes da versión modernizada que temos na biblioteca.
A epopeya procede de Mesopotamia, da antiga cidade de Súmer (Uruk, na época do rei Gilgamesh, hoxe en Iraq), e está escrita en tabliñas de arxila, segundo a escritura cuneiforme que data do III milenio antes da nosa era (xa ten 5000 anos), chegaron a nós algunhas versións diferentes, a meirande parte está conservada no Museu Británico de Londres, aquí tedes unha mostra.
Quen foi Gilgamesh? Un ser "metahistórico" (houbo un rei con ese nome, máis a figura literaria é máis ben mítica que histórica) que estaba dotado de forzas máxicas e que buscaba o sentido da vida, para iso chegou a enfrentarse a un ogro, e mesmo a achegarse á inmortalidade... Polo camiño deixou ao seu mellor amigo, Enkidu, e moitas aventuras (mesmo escapou do diluvio universal...)
É a historia dunha grande amistade, dos deuses e dos homes, da interpretación dos soños, da procura da inmortalidade... Os grandes temas da Literatura Universal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...