14/6/09

Un premio que dá que pensar



No post anterior, viamos unha foto de Agustín Fernández Paz e unha sorinte Rosa Aneiros. Razóns para sorrir non lle faltan a esta escritora galega (moi estimada no noso instituto, se xulgamos polo número de empréstitos das súas obras) pois vén de facer un doblete: dúas obras súas gañaron os premios que convoca a editorial Xerais. Sol de Inverno (así con maiúscula, porque é o nome da protagonista e non o dunha estación) conseguiu o Premio Xerais de Novela e Ás de bolboreta, o galardón Caixa Galicia de literatura Xuvenil. Ímonos ocupar brevemente deste último título, que parece bastante prometedor. Ás de bolboreta pinta un cadro de vidas cruzadas, unha especie de puzzle feito con pezas pequeniñas, ou o que vén sendo o mesmo, capítulos breves, e con moito diálogo, unha fórmula bastante efectiva para asegurarse o éxito nos institutos. Algo que non debía de andar moi lonxe da cabeza da autora cando declaraba ao diario El País que Ás de bolboreta "pode servir para reflexionar sobre moitos temas nas aulas" . Tomamos nota, Rosa, porque neste instituto gústannos as obras que fan pensar.

A imaxe está sacada de culturagalega.org e nela vemos a Aneiros moi ben acompañada por Jacobo Fernández, ufano co seu recén gañado premio Merlín de Literatura Infantil.

E para rematar, un audio de Rosa Aneiros en culturagalega.org sobre Ás de bolboreta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...