30/9/10

Pasarela de outono

Imos converter este blogue nun desfile de libros. ¿Coñecedes eses sitios web onde algunhas “celebrities” nos mostran os modeliños de roupa que se van poñer tal ou cal día?. Se vos gustan a súas propostas, podedes enfundarvos algo semellante, unha versión barata do seu "atuendo" axustada ao presuposto de cada un, e se non, a outra cousa. Pois nós imos facer algo parecido cos libros: sacarémolos dos estantes e traerémolos a desfilar no noso blogue para que vos sirvan de inspiración lectora, para que vexades qué vos podedes poñer, claro está, a ler. Se vos pracen os libros suxeridos, na biblioteca estaremos gustos@s de deixárvolos. E se non vos gustan, dicímosvos o mesmo que Groucho Marx a propósito dos seu principios: "temos outros" .
Ademais, invitámosvos a que nos contedes as vosas experiencias como lector@s para que así o blogue se converta na pasarela literaria de tod@s. Algo así veñen facendo dende hai tempo no magnífico blogue da biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos, sempre unha fonte de inspiración para nós.

Como mostra do que vos acabo de contar imos inaugurar a nosa pasarela outono- inverno cos libros “obrigatorios”, os básicos poderíamos dicir, aqueles que as vosas profesoras de lingua (profesor nalgúns casos, pero poucos) vos terán sinalado xa. Lembrade que a biblioteca ofrécevolos todos eles.


1 comentario:

  1. Moitas grazas pola referencia. En As Mariñas esperamos impacientes as vosas recomendacións de lectura. De seguro que tod@s nós lles sacaremos partido. Ánimo!!!!
    Saúdos desde Betanzos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...