A isto chámaselle empezar con bo pé. Resulta que moi pouquiño despois de arribar ao instituto e a punto de iniciar iso que podiamos chamar topicamente "unha nova singradura" enterámonos de que a
Fundación Repsol lle concedeu a
Fernando Díaz-Castroverde (para nós Fernando, o profe de galego) o
Premio Repsol de Narrativa Breve en Lingua Galega polo seu libro
Microbios e outros paquidermos. Di
Fina Casalderrey, voceira do xurado, que a obra de Fernando é das que fan pensar. Esas precisamente son as nosas favoritas. Así que estade atentos: en canto a
editorial Galaxia publique
Microbios e outros paquidermos, que, segundo me indica Fernando será para primeiros de novembro, mercaremos uns cantos exemplares para a biblioteca e xa o poderedes levar en préstamo. De momento déixovos uns links para que ampliades esta información, se vos prace.
El País: Repsol otorga su premio literario a Díaz Castroverde
Entrevista a Fernando publicada en La Voz de Galicia
Parabéns, Fernando! É un luxo terte como compañeiro.
ResponderEliminar