Se sabedes a resposta á sinxela pregunta que serve de título a este post, podedes participar no sorteo que Cultura Galega organizou coa colaboración da editorial Galaxia e a Biblioteca do Consello da Cultura Galega. E se non a sabedes e igoalmente queredes participar, premede aquí. Regalan cinco lotes de libros cedidos pola editorial Galaxia. Cópiovos algúns datos máis urxentes e importantes e remítovos, para máis detalles, a culturagalega.org.
As respostas enviaranse antes das 15 horas do luns 21 de maio ao correo lg3@culturagalega.org .
O correo debe levar como asunto “sorteo DLG” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.
Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario