13/12/13

Exposición bibliográfica sobre María Casares

A páxina web do instituto (niso andaron máis agudos os seus autores que as responsables deste blog) anunciaba a semana pasada a inauguración dunha exposición bibliográfica que sobre a figura de María Casares temos desplegada na biblioteca. Tíñanme encargado que dera conta desa exposición neste noso humilde blog, pero un catarro inoportuno,  exames por corrixir e algunha que outra incidencia informática que non vén ao caso contar aquí apartáronme da tarefa encomendada. Así que un pouco tarde, espero que non mal nin a rastro, teño o gusto de vos deixar aquí unha mostra da mencionada exposición de María Casares, cuxa biografía ocupa o número 10000 dos rexistros do noso catálogo. Espero que esta pequena mostra  sirva como compensación a tanta parsimonia e tardanza.



Eu nacín neste curruncho de terra que dá a espalda ao continente, pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Compostela; na Coruña, vila peninsular anicada  nunha baía, punta do nariz que a península ibérica introduce no Atlántico.



Lembro o regreso da praia de Bastiagueiro, en Montrove. Subiamos por unha costa abrupta uns atrás doutros, derreados, baldados, nesa relaxación total que proporcionan os baños de sol e de mar batido.


Entón, a sorte estaba botada e cando menos tres cousas ficaban claras. Perderamos España. Transformárame, coma os meus pais, nunha refuxiada en Francia. E estaba decidido que me había dedicar ao teatro.


Púxenme mans á obra. Lanceime a  rachar con esta fermosa lingua que aínda se me escapaba; axexeina, forceina, pasei meses a saqueala, a devastala, para mastigala mellor e facela miña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...