16/5/14

Na véspera da gran festa das letras galegas

Ven celebrar connosco a véspera do Día das Letras Galegas: visita a exposición que montamos nos paneis de entrada, consulta os macro-xornais que sobre Díaz Castro elaboraron os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e bótalle unha ollada, ou, mellor, le detidamente e degustándoos amodiño, como ten que ser, algúns dos poemas de Díaz Castro que atoparás en calquera dos sitios anteriores. E se queres máis, consulta a xenerosa listaxe de actividades que para esta moi sinalada data propoñen as Bibliotecas Municipais de Oleiros: preme na imaxe seguinte e escolle.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-18502.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...