21/10/14

Cambio de plans: o Club de Lectura lerá "Farenheit 451"



Procedencia da imaxe



Novela de xadrez queda para máis adiante, cando consigamos xuntar todos os exemplares que precisamos. E  polo mesmo camiño vai La bibliotecaria de Auschwitz, obra tamén moi apetecida pol@s clubistas,  da cal nós só temos un mísero exemplar e as bibliotecas municipais catro, todos prestados. Así que arrancaremos con Farenheit 451, de Ray Bradbury, unha das máis famosas distopías literarias e unha obra da que me atrevo a dicir que hai que ler antes de cumplir os 18. Vaia un mundo de pesadelo nos pinta Ray Bradbury nesta novela. Imaxinádevos: os libros están prohibidos por orde gobernamental porque a xente que le é un perigo, igual se lle dá por pensar e volverse crítica contra os manda-mais. Así que se forma un corpo de bombeiros que ten como misión non apagar lumes senón provocalos empregando como combustible o papel dos libros. 451,  a temperatura á que o papel se inflama e arde, será precisamente o anagrama dese particular e nada atractivo corpo de bombeiros.

En 1966 François Truffaut adaptou esta novela ao cine. Non está demais, penso eu, que lle botemos unha ollada á escena inicial desta película "para entrar en ambiente". 

                          


Para saber máis sobre esta obra recoméndovos un artigo que apareceu en El País hai un ano: Un mundo sin libros: Farenheit 451

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...