18/5/15

Club de lectura: Annabel Pitcher

 Annabel Pitcher


Resultado de imagen de annabel pitcher


O grupo do club de lectura de 1º de ESO está traballando cunha novela apaixoante e moi sincera: Mi hermana vive en la repisa de la chimenea  de Annabel Pitcher.


     A autora conta na súa web que naceu en 1982 nunha pequena aldea en West Yorkshire, onde había máis ovellas que persoas. Sempre lle gustou escribir, dende que ía á escola, e que a súa personaxe favorita era Miss Marple, a entrañable detective das novelas de misterio firmadas por Agatha Christie. Estudou na Universidade de Oxford, Literatura Inglesa; entre as súas aficcións están: actuar, pintar, bailar (ballet e baile moderno, "tap"), e, por suposto, ler. Sempre gustou da literatura de Balzac mais tamén de libros menos recoñecidos como de alta calidade, amosa sempre que pode a súa admiración por Harry Potter...

     A novela está contada por Jamie, un rapaz que está desorientado por unha traxedia que viviu a súa familia. Trala morte da súa irmá, Rose, os seus pais pasan por momentos moi difíciles, están separados a raíz da traxedia da filla.
Jamie narra cunha voz tan natural e tan sincera que non podemos evitar poñernos da súa parte. A historia comeza así:

"Mi hermana Rose vive sobre la repisa de la chimenea. Bueno, al menos parte de ella. Tres de sus dedos, su codo derecho y su rótula están enterrados en la tumba de Londres. Mamá y papá tuvieron una discusión de las gordas cuando la policía encontró diez pedazos de su cuerpo".

A familia trasládase ao campo. Ao protagonista gústalle debuxar, como a autora da novela. Non se acaba de adaptar ao novo ambiente, os maiores envíano a unha orientadora porque hai cinco anos que non chora, dende a morte de Rose.

" Me habría gustado preguntarles si ellos llorarían por alguien de quien no se acuerdan, pero me callé. De eso es de lo que parece que nadie se da cuenta, yo no me acuerdo de Rose. No del todo".

Se queredes saber algo máis sobre o libro ou a autora aquí vai unha páxina en pdf de mostra:

www.siruela.com/archivos/fragmentos/MihermanaChimeneafrag.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...