31/5/17

Carlos Casares




Xa temos os caderniños de Carlos Casares! O Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Galego ten traballado abondo para que saíra na semana do 17 de maio. O Día das Letras Galegas deste ano, adicado a Carlos Casares, foi inspirador para os nosos compañeiros: Pepe Taboada, Fernando Castroverde e Raquel Guimarey derón contido a un caderno espectacular, deseñado por Miguel Cuba.





     Dende a portada o caderno fai un xesto agarimoso ao gusto de Carlos Casares polas viaxes en tren e pola fotografía. Foi un gran afeccionado ao tres eléctricos, as estacións (fermosísimo o debuxo de Miguel Cuba da Estación de San Cristóbal da Coruña.
     Como xa o tedes lido, sabedes que a novela que marcou unha etapa importante na narrativa galega foi Ilustrísima, na que incorpora o gran cambio que supuxo ao comezo do século pasado a chegada do cinematógrafo (sempre a imaxe), é un retrato irónico, case humorístico, da sociedade conservadora, dende un punto de vista anticlerical.


     A labor de Casares chegou tamén á literatura infantil, o seu libro de contos, A galiña azul, convertiuse nun símbolo nas casas e nas escolas galega, e agora é tamén o emblema da rede de garderías infantís da nosa terra. No caderno tedes un obradoiro baseado nese conto e tamén outra proposta de exercicios que xogan co mundo de O principiño, de Antoine de Saint-Exupéry.


     Como xornalista, os seus artigos de opiniíon, últimamente no xornal  La Voz de Galicia, chegaban unha vez por semana coa frescura da súa ironía e da súa capacidade para sorprenderse, e sorprendernos, de todo.
     A última novela, O sol do verán, foi unha obra maestra que obtivo un elevado número de lectores e seguidores, para sempre do eterno Carlos Casares... A disfrutar da lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...