29/1/18

Club de Lectura BAC

     Lorena e Xabier, profesores de Galego e promotores do Club de Lectura de Bacharelato nos informan da boa marcha do grupo e das actividades deste novo ano. Cóntannos o seguinte:

    "Empezamos o ano ampliando a nosa lectura de Unha lectora fóra do común de Alan Bennett, editado por Rinoceronte.




     Grazas ás investigacións do club, puidemos coñecer datos curiosos e chamativos de moitas das persoas, libros ou situacións ás que se fai referencia na novela. Así soubemos, por exemplo, que Jean  Genet tivo unha infancia moi difícil e que pasou a adolescencia en prisións xuvenís, todo iso antes de converterse nun autor de renome."
     
     Sobre Jean Genet, escritor heterodoxo e maldito como poucos podedes atopar información nesta ligazón:

     "Tamén soubemos quen se escondía detrás do pseudónimo de George Elliot, [unha importante escritora dun tempo no que as mulleres non adoitaban escribir:  Mary Ann Evans, a autora de Silas Marner, obra que tedes lido en Inglés, https://es.wikipedia.org/wiki/George_Eliot] e falamos de grandes obras, e autoras e autores da literatura de todos os tempos que foran mencionados pola raíña ou polo seu axudante literario, Norman.



Así mesmo, comezamos xa a ler O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, novela coa que a súa autora acadou interesantes premios, como o "Premio  de Narrativa Repsol" ou o "Premio Guillermo de Baskerville". Lemos en voz alta as primeiras páxinas, todas e todos xuntos, achegándonos por vez primeira a unha personaje, Emma, que se intúe fascinante.



     Así pois, o 2918 comeza con esa misteriosa historia que Emma Olsen no  podía escribir noutro lugar que non fose a súa vila natal, Faith.
     Deixámosvos un anaquiño para ir abrindo boca:

                 "Creo que foi o comezo de todo. Polo menos de todo o que pode contarse, non porque queira calar nada, non é esa a miña intención agora, senón porque acontece ás veces que non pode explicarse exactamente como comeza unha historia porque non se sabe que se está no principio dalgo até que xa hai moito tempo que comezou, e fica tan lonxe a primeira  semente que é imposible lembrala, recrear a súa forma: a semente tal e como era xa non  existe  nin vai volver existir." (páxs. 15-16)"

     Dende logo parece unha obra interesante, promete! Xa nos irán contando como segue e, o mellor, como remata esta historia de Berta Dávila.
     A autora naceu en Santiago de Compostela hai 30 anos e comezou a escribir dende moi nova poesía e novela. Ten un fermoso blog onde publica os seus textos: confabulario novo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...