10/4/18

"Do fantástico ao neofantástico: Julio Cortázar"

   





procedencia: Público


 Nesta primeira semana de abril, xa nada máis chegar das vacacións de Pascua, fixemos unha incursión no mundo de Julio Cortázar. Os alumnos de 1º de Bacharelato, en tres tandas, foron á biblioteca de As Torres para asistir a dúas horas de obradoiro sobre os relatos de Cortázar.
     Como non é un autor moi coñecido por vós, aínda que ás veces lemos e traballamos algún dos seus relatos nas clases, pensamos que era moi interesante asistir a esta actividade dirixida por Maribel Andrés Llamero, especialista en Filoloxía Hispánica e poeta.

procedencia: Mcklein y Parker



     Maribel levounos pola  historia da literatura "marabillosa", a que vai afastada do real ou, alomenos, presenta momentos diferentes. E fíxonos distinguir aquelo do que falaba Todorov: a literatura marabillosa (eses contos tradicionais que comezan sempre por un suxestivo "érase unha vez..."), a literatura fantástica (chea de creaturas estremecedoras e de momentos terroríficos) e a literatura neofantástica, na que o gran escritor arxentino destacou tanto.

     Fixemos a lectura dunha axeitada selección de relatos de Cortázar e de fragmentos da súa Historia de cronopios y de famas, mais tamén houbo tempo de imaxinar e de crear a partires dos textos propostos os que os alumnos, por parellas ou en grupo, escribiron con moito tino e imaxinación. 




     A escritura "a duas mans" de "Instruccións para ..." deron resultados hilarantes e moi interesantes... Igual temos por aquí algún escritor ou autor de cómic interesante...

procedencia Alfaguara
        Os cronopios e os famas imaxinados polo seu creador:
TeleSur




     Maribel Andrés Llamero, esa mesma semana, fixo a presentación do seu libro de poemas (con prólogo de Antonio Colinas) na librería Lume de A Coruña. Haberá que seguila!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...