 |
Procedencia da imaxe: Concello de Oleiros |
Os alumnos de 1º de Bacharelato fixeron un roteiro cultural polo Concello de Oleiros, acompañados polos seu profesores.
A iniciativa do Concello (auspiciada polo Servizo de Normalización Lingüística e o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais) foi secundada polos tres institutos e mesmo os alumnos do IES Xosé Neira Vilas e os do IES Miraflores traballaron arreo xunto cos Equipos de Normalización Lingüística para facer un percorrido cultural polos lugares máis emblemáticos: nas Torres de Santa Cruz o centro de atención foi Kaydeda, houbo visita ao Museo de Oleiros; no Parque José Martí falaron de Anisia Miranda e a súa obra literaria; finalmente, en Montrove houbo unha referencia á arquitectura de Antonio Tenreiro.
Choveu moito mais tamén houbo tempo para o lecer e para a música.
Roi Casal musicou uns poemas de Xosé Neira Vilas e nos deixou a súa obra cunha agarimosa dedicatoria:
No hay comentarios:
Publicar un comentario