Superados uns pequenos atrancos cos códigos de barras, quedan pousados no seu correspondente andel os dez novos exemplares de
Plenilunio, a popular obra de Antonio Muñoz Molina, que a biblioteca mercou para uso de calquera que lle apeteza lela, por suposto, pero sobre todo para uso dos alumnos e alumnas de segundo de bacharelato, que deberán dar conta desta novela nas próximas probas de Selectividade. E para que uns e outros vaian entrando en materia, se o estiman oportuno, déixolleos uns links onde poden ler unha sinopse do libro e as dez primeiras páxinas. E, por que non, tamén coloco aquí o tráiler da película de Imanol Uribe baseada nesta obra de Muñoz Molina.
Sinopsis e ficha de Plenilunio (editorial Alfaguara)
Primeiras páxinas de Plenilunio
No hay comentarios:
Publicar un comentario