Alexey Kondakov, Kiev (procedendia da imaxe: recreoviral) |
Aínda que non o pareza xa estamos en Nadal.
A felicitación deste ano fai referencia á vida cotiá e a utilización artística do fotoshop que fai o artista ucraniano Alexey Kondakov. A súa cidade, Kiev, aparece normalmente invadida polas súas orixinais instalacións artísticas.
Coma sempre, queremos recomendarvos libros que normalmente non podemos ler nas clases e que temos adquirido hai poucos días.
Xa sabemos que as vacacións son para lecer, para estar cos amigos e coa familia, mais de certo teredes tempo libre e ganas de ler e de regalar, por que non, libros aos vosos.
Velahí tedes unha mostra que podedes coller na biblioteca. Xa sabedes que dende o venres podedes levar 3 libros (ou cómics, ou películas, ou música...) para as vacacións.
Bó Nadal a todos e feliz aninovo 2016.Os novos e clásicos Astérix e Obélix atópanse editados en galego, mais Mortadelo e Filemón aínda non están traducidos, ... e van xa moitos...
Ibáñez afronta a realidade deste mes de decembro: eleccións!
Podedes atopar tamén o DVD A esmorga, baseado na novela de Blanco Amor que hai que ler en Bacharelato.
Un ensaio que recolle as cartas entre Emilia Pardo Bazán e Pérez Galdós axudará aos de 4º de ESO e aos de 2º de Bacharelato a entender e recordar (sobre todo iso) algo mellor aos autores do Realismo:
Dende o Departamento de Matemáticas tamén queren que leades e que apliquedes á vida o que aprendedes nas aulas. Denso pero abarcable (para os maiores) este ensaio divulgativo de Edward Frenkel.
Non é unha novidade, mais xa sabedes que nos gusta innovar: Mary Shelley escribiu en 1821 a súa novela Frankenstein o el moderno Prometeo e nós queremos ter edicións diferentes deste clásico que ledes en Literatura Universal. Engade un comentario de Joyce Carol Oates e ilustracións de Lynd Mard:
Como non podemos esquecer as vosas preferencias, traemos unha obra seria (ma non troppo) de Wyoming
No hay comentarios:
Publicar un comentario