Tusquets Editores |
Empezar un ano novo lendo unha boa novela é moi gratificante.
Hoxe quero recomendarvos unha novela sueca. Si, lecturas que veñen do frío norte de Europa, para facer ambiente neste xaneiro invernal.
Coñecedes moi ben a Henning Mankel, autor sueco de novelas policiacas protagonizadas por Kurt Wallander, un solitario e decadente inspector na cidade de Ystad, ao sur de Suecia. Foron adaptadas á televisión en varias ocasións.Mais tamén é un gran autor de novela intimista, relacionada co aillamento dos habitantes das pequenas poboacións costeiras suecas.
Henning Mankell, xa falecido hai un ano, deixou unha última novela: Botas de lluvia suecas onde retoma ós protagonistas de Zapatos italianos, aínda que as dúas obras poden ser lidas independentemente.
O comezo é impactante: un home maduro esperta súbitamente e decátase de que a súa vivenda está ardendo, escapa descalzo, só despois atopa dúas botas para calzarse, en medio da neve, mais as dúas son do pé dereito... Arranca aquí unha obra que non é só unha novela de intriga máis. Hai, si, pesquisas para resolver o caso do incendio, nas que o protagonista chega a verse citado a declarar. Todo resulta difícil de entender: non hai ninguén na illa na que vive, hai catro focos distintos que deron pe ao incendio, ten a casa asegurada... É o principal sospeitoso para todos os veciños.
Hai "caso" mais non é "o caso"... Esta é unha obra sobre soidade (el vive só nunha illa da súa propiedade, onde foi parar tras deixar o traballo), o aillamento, a conciencia (foi médico e cometeu un erro fatal, tivo unha filla e non o soubo ata décadas despois...), a violencia, a marxinación, a amistade, as relacións de vecindade, a procura do amor nas portas da vellez, as manías ou rarezas de cada ser humano...
Henning Mankell é un seguro para calquera lector. Coñecemos ben as súas obras máis lidas, tanto as novelas policiacas de Wallander (adaptadas en dúas series de televisión diferentes) como as novelas xuvenís.
Editorial Siruela |
Algúns de vos tedes lido a tetraloxía do xove Joel, un rapaz que vive só co seu pai nun pobo perdido, en El perro que corría hacia una estrella déixase levar polos soños, é un rapaz introspectivo, sen grandes desafíos no día a día; en Las sombras crecen al atardecer, onde resultaría ileso nun acidente de tráfico; en El niño que duerme con nieve en la cama, vive episodios familiares que son verdadeiramente duros; ou na cuarta, Viaje al fin del mundo onde recibe unha carta de Estocolmo na que a súa nai da sinais de vida por primeira vez en anos...
Os que aínda non o coñecedes podedes pasar pola biblioteca para coller algunha delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario