Sábado 17 de xuño de 2017, 36 grados, Santiago de Compostela..
E 10 compañeiros vosos asistindo á Xornada de Clubes de Lectura que se celebra para pechar o curso e intercambiar experiencias lectoras. Pilar Freire, a profesora encargada do club de lectura neste curso, levou aos estudantes que aceptaron a invitación da Consellería. E volveron encantados!
Aí os tedes, no fotocall do Pazo de Congresos e Exposicións. Arriba, de esquerda a dereita: Irene, Uxía Sabrojo, María, Nuria, Sabela, Christian e Pilar; abaixo, tamén de esquerda a dereita: Giovanna, Iria e Uxía Serra.
Irene e Iria participaron en público a súa experiencia, con moita seguridade e naturalidade na exposición. O traballo feito, por orixinal e diferente, foi louvado polos asistentes e as dúas recibiron un grande aplauso.
Ao longo do día tiveron a oportunidade de ver e de escoitar a Miguelanxo Prado o gran autor de cómic, a Fran Alonso, a César Mallorquí,ao que coñecedes ben polas novelas que tedes lido nestes anos, a María Reimóndez, e mesmo asistiron a un simulacro de gravación de Página 2, o programa cultural de RTVE...
Unha actividade interesante, diferente, que pechou cun premio ao traballo de todo o ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario