Mostrando entradas con la etiqueta Mafalda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mafalda. Mostrar todas las entradas

2/12/14

Quino e Mafalda nos corredores do IES María Casares

Non quixemos que rematase o ano sen deixar unha humilde mostra da nosa adminación polo humorista arxentino Quino e o seu eterno personaxe de Mafalda. De aí que vexades estes días os corredores do instituto tapizados de viñetas da contestataria nena arxentina. As que figuran a continuación son só dúas mostras do que vos estou contando.




Procedencia da imaxe


A continuación reprodúzovos o texto que acompaña á exposición, onde facemos un breve repaso da vida e obra deste xenial humorista arxentino.

QUINO
Joaquín Salvador Lavado Tejón, nado en Guaymallén, Arxentina, en 1932, enterouse de que se chamaba Joaquín cando a súa nai foi matriculalo na escola e sentiu que o falaban del con ese nome… (!)
Estudou Belas Artes e pronto comezou a súa carreira como debuxante gráfico, as súas tiras cómicas aparecían en anuncios publicitarios e en xornais, pero non lle foi fácil atopar traballo fixo. Colaborou con moitos xornais e revistas satíricas ata que chegou a tranquilidade económica, xa nos anos 60.
En 1963, a fábrica de electrodomésticos Mansfield contratouno para unha campaña publicitaria, Quino creou a súa famosa Mafalda (tiña que empezar pola M- da Mansfield), unha nena preocupada pola política mundial, polo absurdo da condición humana e moi crítica coa estupidez. Curiosamente, nunca foi empregada en publicidade, non gustou (!)
Mafalda e os seus amigos (Guille, Felipe…) viron a luz en xornais de Bos Aires dende 1964 ata 1967. En 1971 chegou a España e dende aquí a toda Europa.
De seguido foi adaptada a debuxos animados para cine e tv.
A despedida de Mafalda chegou no 1973 pero segue sendo un símbolo na loita polos dereitos humanos.
Mafalda é pesimista, ácida e irreverente na súa inocencia, pero ten sempre un fondo tenro, é unha humanista.





23/5/14

Parabéns, Quino!



Procedencia da imaxe


O blog das bibliotecas municipais de Oleiros publicaba onte a boa nova de que o humorista gráfico Quino (Arxentina, 1932), o xenial creador de Mafalda, acababa de recibir o premio Príncipe de Asturias de Comunicación 2014. Coa axilidade e eficacia que o caracteriza, o persoal das bibliotecas oleirenses montou una exposición  das obras de Quino na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, que vos invitan a visitar. E se o preferides, recórdanvos que tamén podedes recoller títulos do debuxante arxentino en calquera das oito bibliotecas municipais.

A imaxes está sacada de Bibloleiros.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...