Mostrando entradas con la etiqueta Premio Cervantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premio Cervantes. Mostrar todas las entradas

24/4/17

Eduardo Mendoza, Premio Cervantes 2017


Imaxe: Seix Barral

     O xoves, en Alcalá de Henares, Eduardo Mendoza foi receptor con todos os honores do Premio Cervantes das Letras españolas ante os reis, académicos, editores, familiares, amigos e xornalistas.
     Moitos de vos coñecedes a Mendoza pola súa novela humorística de 1990, Sin noticias de Gurb (estes días andamos traballando na clase con algún texto), mais a súa fama ven sobre todo dunha novela, a primeira que publicou, de difícil clasificación: La verdad sobre el caso Savolta. 
      En 1975 foi rompedora a escritura dunha novela "de xénero", onde unha investigación xudicial destapaba unha historia de corrupción e de violencia na Barcelona de principios do século XX. Foi Mendoza un dos primeiros escritores da "Transición" que retomou o interés polo argumento da novela sen deixar de lado a experimentación; nesta opera prima empregou materiais extranovelescos (fichas policiais, cartas...) e unha estructura caleidoscópica que afastaba ao lector da liña recta, do tempo lineal.
     Co paso do tempo, Mendoza foi recoñecido autor de novelas históricas (La ciudad de los prodigios), de dramas teatrais (Gloria), de adaptacións teatrais e de traducións (do inglés), mais para moitos é, especialmente, o creador dunha serie de novelas policiais (outra vez a novela de xénero) protagonizadas por un home delirante, ingresado nun hospital psiquiátrico, cunha especial habilidade para meterse en líos mais tamén para resolver casos policiais. El misterio de la cripta embrujada foi a que abriu a serie, e aí vemos ao Mendoza máis humorístico, ocurrente e disparatado.


Imaxe: RTVE
     Na recepción do Premio Cervantes fixo referencia a esa literatura humorística que el reivindica en tempos tan difíciles e, como non, unha homenaxe moi certera e moi sentida a El Quijote, unha obra a que volve sempre que pode, ainda que só sexa para ler algún fragmento.

               "Leí por primera vez El Quijote por obligación, en la escuela. En algún sitio he leído
             que la presencia obligatoria del Quijote en la enseñanza no pasa de ser una leyenda urbana.
             Es cierto, pero toda regla tiene su excepción"

     Con humor, recorda como:
  
              "En la clase de Literatura nos enseñaban algunas cosas que luego no me han servido de
          mucho, pero que me gustó aprender y me gusta recordar. Por ejemplo, la diferencia entre
         sinécdoque, metonimia y epanadiplosis. O que un soneto es una composición de catorce
         versos a la que siempre le sobran diez".

     Calquera de vós podería facer esta misma afirmación...
     É moi recomendable ler o discurso completo, se un é estudante de Bacharelato debería ser obrigatorio...



27/4/15

Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2015




O día 23 de abril entrégase o Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares. Este día internacional do libro que homenaxea a Cervantes, a Shakespeare e a todos os que lemos foi dedicado este ano a Juan Goytisolo, escritor que cando era moi novo foi incluído na lista da "Xeneración do medio siglo" e do "realismo  social".
Moito máis que iso fixo o segundo dos Goytisolo (o seu irmán maior, José Agustín, foi poeta; o máis novo, Luis, é tamén novelista) xa que evolucionou dende o realismo dos seus primeiros libros ata chegar á renovación narrativa dos anos 60 e 70 a partir da súa obra Señas de identidad. 






Este barcelonés, descendente de vascos e veciño de París case toda a súa vida adulta onde traballou para a prestixiosa editorial Gallimard, pasou ao "outro lado" hai máis de vinte anos e alí reside, entre Marraquesh e Tánxer, indagando na linguaxe e creando unha lingua propia a través dos seus libros.
Cando foi preguntado pola súa nacionalidade afirmou, coa ironía que o caracteriza, que el é de nacionalidade "cervantina". Síntese contemporáneo de autores como o Arcipreste de Hita, ou de Fernando de Rojas, de Cervantes, de Juan de la Cruz, de Miguel de Molinos... Aos que vós coñecedes ben porque os estades estudando. Toda unha "árbore da literatura"que conforma a nosa cultura e a nosa tradición, aínda que sexa a máis heterodoxa.



Nas últimas décadas disminuíu a súa produción con Telón de boca anunciou a súa despedida da novela mais seguiu co seu labor ensaístico cos seus artigos en El País.
O discurso pronunciado ante as autoridades políticas e académicas causou certa sorpresa entre os que non están habituados a ler os seus artigos de opinión.
 Se seguides a prensa podedes atopar frecuentemente artigos de Juan Goytisolo sobre esta absurda sociedade, as guerras, as inxustizas... Foi un dos primeiros en decatarse do descenso no nivel cultural, intelectual e social deste país no seu "Vamos a menos", publicado anos atrás...
Na biblioteca tedes unha mostra dalgunhas obras que ben merecen unha lectura. Xunto con novelas, hai un par de volumes de memorias (Coto vedado e En los reinos de taifas) onde vai
devanando as súas dúbidas, as súas miserias,cunha sinceridade que non é habitual en español, onde por outra banda, non é frecuente atopar autobiografías e memorias de intelectuais,


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...