Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas. Mostrar todas las entradas
20/12/11
Bibliotecas escolares e municipais de luxo
As bibliotecas galegas xogan na primeira liga da cultura e o traballo ben feito. E afortunadamente vailles chegando o recoñecemento. Hai uns día soubemos que nada menos que seis bibliotecas escolares galegas saíran premiadas no Concurso Nacional de boas prácticas para bibliotecas escolares 2011, do Ministerio de Educación. Unha desas bibliotecas, a do CEIP de A Lama (Pontevedra) conseguiu o primeiro premio na modalidade A, que comprende centros de infantil e primaria. Botádelle unha ollada ao blog desta biblioteca, O recanto de Leo, veredes que alma de lectores e artistas teñen estes pequenos e pequenas. En fin, que temos que estar orgullos@s do bo funcionamento das nosas bibliotecas e, por suposto, aproveitar as oportunidades que nos brindan. Nós desde este blog enviámoslle a nosa felicitación a todo o persoal das bibliotecas premiadas, e aos seus alumnos e alumnas. Noraboa e a seguir traballando tanto e tan ben.
E encantadas estamos tamén de lles mandar a nosa máis entusiasta noraboa ás bibliotecas municipais de Oleiros por outro recente primeiro premio que acaban de gañar: o María Moliner, o máis importante galardón que pode recibir unha biblioteca neste país. Neste caso, o María Moliner considerou que o proxecto de animación á lectura que presentaron as bibliotecas oleirenses era o mellor de todo o estado. O tal proxecto titúlase Lecturas refrescantes. Podedes consultalo clicando no link correspondente.
1/2/11
As bibliotecas públicas británicas, en perigo de extinción
| A biblioteca pública da localidade Stony Stradford, foto da páxina Save Stony Stradford Library |
Lendo esta información, púxoseme a mosca detrás da orella: e se un día nos chega aquí a moda esa de pechar bibliotecas? De momento non parece que haxa perigo, pero, por se acaso, e por aquilo que di o refrán castelán de que "más vale prevenir que curar" e máis aquel outro que afirma que "cuando las barbas de tu vecino veas pelar, etc, etc, etc", anímovos a que fagades uso das bibliotecas que tendes á vosa disposición, tanto a do instituto como as do concello de Oleiros, ou as de A Coruña, (precisamente este venres volve a abrirse a do Fórum, logo da súa remodelación). De ningunha maneira, permitamos que esmorezan os nosos "paraísos laicos" por falta de uso.
E para rematar, destaco o conmovedor testemuño de Colin Dexter sobre a importancia que a biblioteca do seu barrio tivo no desenvolvemento da súa formación literaria e o decisivo papel que desenvolveron as bibliotecas públicas en xeral no século XX (o destacado é meu) :
Cuando era niño había tres libros en nuestra casa: El Médico Casero, de 1886, una novela victoriana estilo “Mills & Boon” titulada La primera oración de Jessica, y Cantos y Partituras sagradas de los evangelistas estadounidenses Moody y Sankey. De muchacho, inscribirse en la biblioteca constituía un rito de pasaje, y fue a los 14 años, que es la edad a la que me inscribí en la Biblioteca Stamford de Lincolnshire, cuando empecé a leer todas las 17 novelas de Hardy salvo una. La última la estoy reservando para la vejez. El servicio gratuito de bibliotecas públicas fue una de las mayores conquistas del siglo XX. La literatura abre puertas, y hete aquí a nosotros cerrándolas. Es muy triste, y exige un cambio radical de orientación por parte del gobierno, no sólo por los niños y ancianos que las usan, sino porque tenemos una tradición cultural que proteger. El gobierno habla de poder popular. Pues bien: el pueblo no quiere que se cierren las bibliotecas.Mapa e calendario das protestas publicado en The Guardian
Blog dos bibliotecarios onde se publica a relación das bibliotecas amenazadas: Public Libraries News
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

