Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas

11/3/14

Para ler ciencia ficción


Acabo de ver no twitter da Fundación Cuatrogatos a mención dunha listaxe que titulan Diez clásicos imprescindibles de la literatura de ciencia ficción. Encargáronlle esta relación a Daína Chaviano, autora cubana especializada en literatura fantástica e de ciencia ficción. E vénme que nin pintada esta relación para lla recomendar ipso facto a Brais e Anxo, do club de lectura, que a semana pasada pedíanme precisamente algo así como unha listaxe de títulos de ciencia ficción, un xénero que lles encanta. Pois aquí lles deixo, e vos deixo tamén a vós, improblables lectores e lectoras, a suxestión de Daína Chaviano. Por certo, Brais e Anxo de momento están lendo 1984, de Orwell.

La guerra de los mundos (1898), de H. G. Wells.

Crónicas marcianas (1950), de Ray Bradbury.

Yo, robot (1950), de Isaac Asimov.

El día de los trífidos (1951), de John Wyndham.

Fahrenheit 451 (1953), de Ray Bradbury.

El fin de la infancia (1953), de Arthur C. Clarke.

Más que humano (1953), de Theodore Sturgeon.

Trilogía de Dune (Dune, 1965; El Mesías de Dune; 1969, Hijos de Dune), de Frank Herbert.

La mano izquierda de la oscuridad (1969), de Ursula K. LeGuin.

Pórtico (1977), de Frederik Pohl.

Foto de Alejandra León-Castella

13/12/11

Outra boa idea para regalar: "Destino Hërgüss", de Manuel Cráneo

Voume atrever a facervos outra suxestión de regalo para estas próximas festas navideñas, antes de que me cheguen voces censoras acusándome, con razón, de promover desde este blog o consumo inmoderado de produtos "prescindibles" (isto último dito con moitos reparos). Vaia por diante a miña declaración de culpa, o meu nulo arrepentimento e a total ausencia de propósito de enmenda. Porque penso que paga a pena gastar uns cantos euros nun libro, porque me gusta recibir libros como regalo e porque hai tantos libros e tan interesantes que me parece preferible aforrar noutros capítulos menos apremiantes. En calqueira caso, lembrade que na biblioteca os libros son gratis e que estamos sempre encantadísimas de volos prestar. Pero, ao que íamos, quería contarvos que lin hai uns días en culturagalega.org que Manuel Cráneo vai sacar neste mes decembro un álbum de ciencia ficción que se titulará Destino Hërgüss. Non son particularmente fan da ciencia ficción, pero moitos dos usuarios e usuarias desta biblioteca si o son e daquela esta información pode serlles de proveito. Di culturagalega.org:
  Destino Hërgüss é unha obra de entre setenta e oitenta páxinas que Cráneo ambienta no Planeta Mincha, na que tamén se sitúan os contos infantís que está a publicar con Everest. Desta volta, a BD narra o xeito no que o doutor Pichük, protagonista da serie de contos, consegue o seu traballo no Ministerio de Ciencia do planeta. "É unha obra dirixida a un público máis ben xuvenil e adulto, que emprega outro rexistro ao dos contos", sinala o autor.
Máis información:  culturagalega.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...