Mostrando entradas con la etiqueta doodle. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta doodle. Mostrar todas las entradas

10/6/13

Maurice Sendak en Google e na biblioteca


A estas alturas supoño que xa veriades o  doodle que estrea hoxe Google para lembrarnos o 85 aniversario de Sendak, o famosísimo ilustrador de "Onde viven os monstros" (entre outras moitas obras, pero esta merece mención aparte). Recórdovos o argumento desta deliciosa obriña:
 
Max escapa da súa casa un día pola noite. Está canso de que lle rifen por facer travesuras e non está disposto a aturar o último castigo que pretenden impoñerlle os seus pais. Como atrevemento non lle falta, Max monta no seu bote e navega e navega ata chegar ao 'reino' dos monstros. Alí noméano rei porque os monstros danse conta de que ningún deles é tan temible como o rapaz. Logo dun tempo de pasalo de primeira cos monstros, Max volve á casa.

O tráiler da película baseada en "Onde viven os monstros" (á túa disposición na biblioteca; a película, non o tráiler)



O 85 aniversario de Sendak en La Voz de Galicia



Obras de Sendak nas bibliotecas municipais de Oleiros

15/10/12

Pero quen é Little Nemo?

Procedencia de la imagen



 A moitos de vós sorprenderiavos esta mañá o precioso debuxiño interactivo co que Google nos ameniza hoxe as búsquedas. O nome do personaxe protagonista das viñetas "googlelianas" é Little Nemo, un vello coñecido de Violeta, a profesora de Lingua Castelá, experta no mundo do cómic, pero un perfecto descoñecido para min. Así que fun á  wikipedia, que todo o sabe, para que me ilustrase no tocante ao  mundo  deste simpático personaxe e do seu autor, o escritor norteamericano Winsor McCay.  Logo, lendo o xornal, vin que tamén La Voz de Galicia se ocupa do doodle de Google e das súas orixes,  e faino  de xeito máis breve e axustado. Por esta razón, vos remito ao xornal galego se vos chega cunha pequena píldora informativa sobre Little Nemo e Winsor MCay. Eu vou dar clase.
La Voz de Galicia: Winsor McCay lleva a Little Nemo al mundo de los sueños de Google
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...