Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas

13/12/13

Exposición bibliográfica sobre María Casares

A páxina web do instituto (niso andaron máis agudos os seus autores que as responsables deste blog) anunciaba a semana pasada a inauguración dunha exposición bibliográfica que sobre a figura de María Casares temos desplegada na biblioteca. Tíñanme encargado que dera conta desa exposición neste noso humilde blog, pero un catarro inoportuno,  exames por corrixir e algunha que outra incidencia informática que non vén ao caso contar aquí apartáronme da tarefa encomendada. Así que un pouco tarde, espero que non mal nin a rastro, teño o gusto de vos deixar aquí unha mostra da mencionada exposición de María Casares, cuxa biografía ocupa o número 10000 dos rexistros do noso catálogo. Espero que esta pequena mostra  sirva como compensación a tanta parsimonia e tardanza.



Eu nacín neste curruncho de terra que dá a espalda ao continente, pero que recibe aos peregrinos de Santiago de Compostela; na Coruña, vila peninsular anicada  nunha baía, punta do nariz que a península ibérica introduce no Atlántico.



Lembro o regreso da praia de Bastiagueiro, en Montrove. Subiamos por unha costa abrupta uns atrás doutros, derreados, baldados, nesa relaxación total que proporcionan os baños de sol e de mar batido.


Entón, a sorte estaba botada e cando menos tres cousas ficaban claras. Perderamos España. Transformárame, coma os meus pais, nunha refuxiada en Francia. E estaba decidido que me había dedicar ao teatro.


Púxenme mans á obra. Lanceime a  rachar con esta fermosa lingua que aínda se me escapaba; axexeina, forceina, pasei meses a saqueala, a devastala, para mastigala mellor e facela miña.





22/3/13

Benvida, poesía

Conste que neste centro somos juanramonianos ata os osos niso de que "amor y poesía, cada día", pero imos conceder que hoxe, 21 de marzo, día mundial da poesia, correspóndelle a esta forma de arte un espazo maior na nosa axenda. Para empezar, temos unha exposición bibliográfica con poemas e libros de poesía que podedes visitar, tocar e incluso  levar para ler na casa, se vos praze. Rapaces e rapazas de 4º está elaborando caligramas, e os de primeiro haikus, cos que pensamos montar outra exposición á volta de vacacións. Nesas datas contamos tamén con dar a coñecer unha nova gravación dun recital de poesía que titulamos "Pido a paz e apalabra" que os artistas de 4º e o equipo da biblioteca andan a elaborar estes días. Con todo isto, esperámovos á volta de Semana Santa. Mentres tanto, pasade unhas felices vacacións.


24/2/11

Cine e literatura



Pola presente invitámosvos a visitar unha pequena exposición que temos montado na biblioteca sobre literatura e cine. Non vos levará moito tempo: son apenas un puñadiño de títulos, unha mostra só, da oferta que ponemos, como non podía ser doutro xeito, á vosa disposición. Permitídeme que destaque de todos os títulos expostos, o de Invictus, película comentada hai pouco neste blogue e que acaba de chegar á nosa biblioteca.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...