Mostrando entradas con la etiqueta libros de viaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros de viaxe. Mostrar todas las entradas

28/4/11

Un folleto para viaxar en primeira clase

Xa leva algún tempo publicado en issuu  o  folleto de viaxes literarias que hoxe traio a este blogue. Confeccioneino coa idea de o repartir na semana cultural que este anos imos dedicar ás viaxes. A min viaxar gústame e cánsame ao mesmo tempo: tanto aeroporto cos seus cada vez máis engorrosos trámites, tanta habitación de hotel que parecía tan glamurosa no Tripadvisor e logo resulta do máis cutre... Pero o que non me cansa nunca son os libros de viaxes, eses que che permiten viaxar a Nova Zelanda, por nomer un sitio que está ben lonxe, sen te mover do sofá. Así que uns cantos deses teño lidos. Aínda así, non me inspirei só nas miñas lecturas para confeccionar este folleto, por aquelo de que moitas delas podían non resultar  moi apropiadas para a xente nova. Así que fun a "El Templo de las Mil Puertas", consultei  a reportaxe que nun dos seus números  dedica á literatura xuvenil de viaxes (disculpádeme que non me lembre agora mesmo do número exacto, prometo comprobalo e incorporar o link a outro post de aquí a pouco), boteille unha ollada ao catálogo da nosa biblioteca para comprobar que tiñamos e que non e para rematar pedinlles ás profesoras que forman o equipo da biblioteca que me indicaran algún título imprescindible.Con toda esa información rematei o folleto que hoxe vos presento e que espero que vos sirva de inspiración para as vosas particulares viaxes literarias.

26/4/11

Xa temos cartel

Xa temos un cartel para a exposición de libros de viaxes da que vos falabamos hai un tempo. Débese o tal cartel á inspiración e boa técnica de Manuel Álvarez.As e os participantes no club de lectura de 1º de bacharelato recoñeceredes nas pólas e follas da árbore nomes de lugares, referencias literarias, títulos de obras e autores  que poboan o  libro Vagabundo en África, de Javier Reverte. E no tronco, portadas : a do propio libro de Reverte e as de outros que lle serviron de inspiración. Como non tiven arte nin parte neste cartel, podo dicir desde este blogue, e sen que pareza autobombo, que nos quedou ben bonito.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...