Mostrando entradas con la etiqueta valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta valores. Mostrar todas las entradas

27/3/09

Exposición e venda solidarias



Nuria Fernández, de Solidaridade Galega, enviounos por correo electrónico a seguinte mensaxe:

Voluntarias/os da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, que viaxaron o pasado mes de outubro aos campamentos de refuxiados saharauís no marco do programa “Vacacións Solidarias”, organizan unha exposición e venda de fotografías, que sacaron eles mesmos durante a viaxe, nas que se amosa a realidade das persoas refuxiadas que levan máis de 30 anos vivindo na Hamada arxelina.
Os fondos recadados a través da venda das fotografías, serán destinados á financiación da granxa avícola Hussein Tamek en Rabouni, que abastece de ovos frescos á poboación refuxiada, contribuíndo a mellorar unha dieta alimenticia insuficiente.

O SÁBADO, 28 DE MARZO, ÁS 18:00horas, inaugúrase no Centro Comercial Dolce Vita (Newton, 15), esta exposición que se completará cun acto de presentación da mesma, na que todas as persoas de A Coruña poderán achegarse á cultura saharauí a través de actividades destinadas a todos os públicos.

26/2/09

A Nosa Terra

A nosa terra, esa grande, redonda e maltratada vai ter o seu día o próximo 22 de abril. Que tal se o celebramos regalándolle algo de coidado, prometéndolle se cadra aquilo de "a partir de agora vou ser bo ou boa"?. A algo diso nos animan National Geographic e o grupo catalán Macaco e fano ademais cun himno marchosísimo, que titularon Moving e que acaban de sacar. E fíxate que cantidade de celebridades se prestaron a participar no vídeo de promoción desta canción festeira. Bardem, Javier Cámara, Rosario... Non sei a vós, pero a min canción e vídeo parécenme moi divertidos.

Vía: Trafegando Ronseis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...