Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

25/11/16

25 de novembro: imos ao teatro!


Estrea da obra no Teatro Colón, foto de Chus Grela.



Hoxe imos ao teatro!
O grupo do instituto, "Grupo de Teatro María Casares", representa hoxe para todos nós a obra Irene Mendiluce, no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Sabedes xa que a obra é orixinal, isto é, foi creada polos actores e actrices dirixidos, como non, por Ramiro xunto con Luis Esmorís (Grazas Ramiro, polo teu traballo, pola túa vocación e por facer destes nosos (e teus) alumnos uns verdadeiros artistas e mellores persoas).
A obra vai desta data: 25 de novembro. É unha data para recordar e sobre todo para pensar na violencia contra as mulleres... Todos sabemos que temos que reconducir os plantexamentos de vida que gobernan as nosas relacións, falamos da educación na casa, da educación na igualdade, do respecto e da educación das emocións..., mais o certo é que van xa... Cantas mulleres asasinadas? E cantas silenciadas? E cantas maltratadas?
A obra pode deixar un regusto amargo, un nó na gorxa e algunha que outra bágoa... É a maxia do teatro, a catarse. É unha obra dura, que trata o tema sen contemplacións e dende un escenario en negro. Non fan falla decorados para esta representación tráxica cun texto de calidade que envolve dende o primeiros momentos.
Xa hai un mes asistimos á estrea no Teatro Colón da Coruña (Vaia estrea e vaia escenario), na semana de Teatro Afeccionado, e o éxito foi clamoroso.
Un verdadeiro luxo para toda a nosa comunidade educativa é contar con este grupo de teatro! Grazas! (e moita merde na representación de hoxe!)

5/12/14

Concurso de guións contra a violencia de xénero

Procedencia da imaxe

Esta vez é a Deputación de A Coruña quen vos invita a participar nun concurso de guións para curtametraxes a tod@s cant@s teñades entre 14 e 18 anos. O tema ten que estar relacionado coa prevención da violencia de xénero. Podedes participar de xeito individual ou en grupo (máximo 6 persoas por grupo) e terá que supervisar o voso traballo algún profesor ou profesora do centro. Se gañades, recibiredes como premio un curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo baseado no voso guión. Animámosvos, logo, a que participedes neste interesante concurso e recordámosvos que na biblioteca estamos para axudarvos no caso de que o precisedes, tanto neste concurso coma en calquera outro dos que vos daremos conta ao longo do curso.


 Para máis información: 

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=19932
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=25/11/2014



25/11/09

25 de novembro: Xornada contra a violencia de xénero



Hoxe é o día en que debemos facer unha reflexión sobre a violencia de xénero. Aínda que moitas veces as celebracións oficiais non serven para nada, é a nosa obriga adicar un momento do día a pensar nas persoas que sofren a violencia dos seus. Dende as bibliotecas escolares nos chegan novas, creacións audiovisuais e xestos cos que nos solidarizamos todos.


Agradecemos ao blog mesturas do IES Sánchez Cantón o maravilloso traballo. Podedes velo en http://www.mesturas.blogspot.com/


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...