Despois de que Blogger nos tivese dous días a velas vir, volvemos un sábado pola tarde para mostrarvos un traballo sobre a vida e obra de Lois Pereiro elaborado polo departamento de galego do noso instituto e publicado no blogue de 1º da ESO Enredando coas palabras. Preme na imaxe para lelo.
14/5/11
12/5/11
"La vuelta al mundo en 80 días" remata en Glogster
O club de lectura de 1º de ESO está estes días enredado en, entre outras, dúas tarefas: rematar de ler "La vuelta al mundo en 80 días" e aprender a facer "glogsters". De momento, a nova ferramenta preséntalles algunhas dificultades, pero como sabemos que son xente expelida, seguro que non han tardar moito en dominala por completo. Para animalos, publicamos aquí o primeiro froito dos seus esforzos (se clicades na imaxe veredes o póster no tamaño orixinal) coa promesa de lle dar cabida a todas as demais obras de arte que saian das mans, ratos e pantallas de todos os membros (e membras?) do club.
10/5/11
Cando a arte está polo chan
Por unha vez ímosvos pedir que pousedes o libro que estades lendo e vos paredes a contemplar estas marabillas de arte rueira que andan repartidas por diferentes lugares do mundo. Trátase de composicións pictóricas creadas para cautivar a vista humana cunhas perspectivas que quitan o alento. Atopámolas en honkiat.com, un blogue moi recomendable pola calidade dos seus contidos. Copio continuación un fragmento do texto (en inglés) que acompaña ao post que reproduce as 50 composicións máis espectaculares deste tipo de arte e que titulan, non sorprendentemente, 50 More Breathtaking 3d Street Art (paintings) :
3d Street Art paintings have been around since the sixteenth century when Italian Renaissance Madonnari and French trompe l’oeil (French for ‘deceive the eye’) painters created stunning murals to decorate the interior walls of luxurious villas. 3d art can also trace it’s routes further back to ancient Greek days when painter Zeuxius (born around 464BC) painted a still life painting so convincing that birds flew down from the sky to peck at the painted grapes. The magic of 3d is created by painting a 2d picture and viewing it from a specific angle to capture the right perspective.E para rematar, unha mostra de esta arte , absolutamente breathtaking. Se queredes velas todas clikade no link que vos proporcionamos neste mesmo post, of course.
5/5/11
Lucía Souto recomenda "El señor del cero", de Isabel Molina
Lucía Souto, alumna de 3º A, envíanos unha nova suxestión de lectura.Trátase esta vez da novela histórica que leva por título "El señor del Cero", escrita por Isabel Molina e publicada pola editorial Alfaguara. Agradecémoslle a Lucía a súa colaboración e aproveitamos para invitarvos unha vez máis a que fagades outro tanto e nos contedes que lestes, por que e con que consecuencias. Con todas as vosas suxestións elaborariamos un folleto de "lecturas recomendadas" para o verán.
Procedencia da imaxe
A continuación, a recomendación de Lucía:
Procedencia da imaxe
A continuación, a recomendación de Lucía:
Es un libro fascinante en el cual descubres la forma de vida en el siglo X. Puedes ver cómo funcionaban los monasterios del norte de España y las formas de cálculo que había en aquel tiempo. También te muestra las diferentes costumbres musulmanas y cristianas.Es una de las novelas históricas que más me ha gustado. Se la recomiendo a todos/as aquellos/as que tengan interés sobre los antiguos habitantes de nuestro país.
3/5/11
Viaxe a Norwich
Pedímoslle ao grupo de xente de 3º de ESO que viaxou a Norwich no mes de marzo que nos contara que tal lles fora na súa viaxe. Cinco rapazas que formaban parte da académica expedición tiveron a ben atender o noso requerimento e contestaron. E vaia se contestaron: en bilingüe, para que quede claro que sacan proveito do aprendido e non andan por aí perdendo o tempo. Así que o equipo da biblioteca agradécelles a Cristina, Celia, Andrea, Irene e Marta o seu minucioso relato da estancia en Norwich, feito, como poderedes comprobar inmediatamente, co esmero e rigor que cabe esperar dunha crónica periodística.
Saímos de Coruña o 27 de marzo despois de comer. Chegamos a Heathrow preto das catro, e despois collimos un bus e chegamos a Norwich tres horas máis tarde. Alí esperábannos as nosas familias para logo levarnos ás casas.Todos os días íamos á academia desde as 9:00 ata as 12:30 da mañá, cun recreo polo medio. Estabamos cun grupo de madrileños e dividíronnos en tres grupos. Nas clases facíamos xogos e actividades como contruír o noso país. Ao saír da academia tíñamos unha hora e media para comer os packed lunch que nos daba a familia e dar un paseo pola cidade. Vimos unha das catedrais, o castelo, o río, a parte antiga da cidade, centros comerciais…Logo deste tempo libre facíamos un tour por Norwich co noso guía Matt. E cando rematábamos, tíñamos un pouco de tempo libre, no que a maioría ía de compras, ata que collíamos os nosos respectivos buses para ir cear coas familias.O mércores erguémonos máis pronto do normal para coller o bus cara Londres. Facía moi bo tempo pero cando íamos comer comezou a chover. Visitamos o Buckinham Palace, St. James Park, o Big Ben, o parlamento, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilli, Trafalgar Square, o London Eye e a torre de Londres.O venres levantámonos máis tarde e as nosas familias leváronnos ao punto de encontro no que collimos o bus para ir a Heathrow.
Trip to Norwich
We left Coruña on 27th March after lunch. We arrived at Heathrow at four o’clock, and then we took a bus and went to Norwich three hours later. There the families were waiting for us to take us home.Everyday we went to the academy since 9:00 to 12:30 in the morning. We had a break in the middle of the lessons. We were with a group of students from Madrid and they divided us in three groups. In the lessons we played games and activities like build our country. When we left the academy, we had an hour and a half to eat the packed lunch that the family gave us and a walk around the city. We visited the cathedral, the castle, the river, the old part of the city, shopping centers…After this free time we did a tour around Norwich with our leader Matt. When we finished it, we had another free time, in which the most of us went shopping, until we took our buses to have dinner with the host families.On Wednesday, we got up earlier to catch the bus to London. The weather was great but when we were going to have lunch it started to rain. We visited the Buckinham Palace, St. James Park, the Big Ben, the parliament, Westminster Abbey, Covent Garden, Picadilly, Trafalgar Square, the London Eye and the London Tower.On Friday we got up later and our families took us to the meeting-point where we took the bus to Heathrow.
28/4/11
Todo el mundo me dice que tengo que hacer ejercicio. Que es bueno para mi salud. Pero nunca he escuchado a nadie que le diga a un deportista: "Tienes que leer".José Saramago
Fotografía de Carlos Álvarez/Getty Images, procedente do blogue Casi un objeto
Un folleto para viaxar en primeira clase
Xa leva algún tempo publicado en issuu o folleto de viaxes literarias que hoxe traio a este blogue. Confeccioneino coa idea de o repartir na semana cultural que este anos imos dedicar ás viaxes. A min viaxar gústame e cánsame ao mesmo tempo: tanto aeroporto cos seus cada vez máis engorrosos trámites, tanta habitación de hotel que parecía tan glamurosa no Tripadvisor e logo resulta do máis cutre... Pero o que non me cansa nunca son os libros de viaxes, eses que che permiten viaxar a Nova Zelanda, por nomer un sitio que está ben lonxe, sen te mover do sofá. Así que uns cantos deses teño lidos. Aínda así, non me inspirei só nas miñas lecturas para confeccionar este folleto, por aquelo de que moitas delas podían non resultar moi apropiadas para a xente nova. Así que fun a "El Templo de las Mil Puertas", consultei a reportaxe que nun dos seus números dedica á literatura xuvenil de viaxes (disculpádeme que non me lembre agora mesmo do número exacto, prometo comprobalo e incorporar o link a outro post de aquí a pouco), boteille unha ollada ao catálogo da nosa biblioteca para comprobar que tiñamos e que non e para rematar pedinlles ás profesoras que forman o equipo da biblioteca que me indicaran algún título imprescindible.Con toda esa información rematei o folleto que hoxe vos presento e que espero que vos sirva de inspiración para as vosas particulares viaxes literarias.
26/4/11
Xa temos cartel
Xa temos un cartel para a exposición de libros de viaxes da que vos falabamos hai un tempo. Débese o tal cartel á inspiración e boa técnica de Manuel Álvarez.As e os participantes no club de lectura de 1º de bacharelato recoñeceredes nas pólas e follas da árbore nomes de lugares, referencias literarias, títulos de obras e autores que poboan o libro Vagabundo en África, de Javier Reverte. E no tronco, portadas : a do propio libro de Reverte e as de outros que lle serviron de inspiración. Como non tiven arte nin parte neste cartel, podo dicir desde este blogue, e sen que pareza autobombo, que nos quedou ben bonito.
14/4/11
Clubs de lectura: por África e arredor do mundo
Procedencia de la imaxe
Os clubs de lectura van vento en popa. Non podía ser doutra maneira tendo en conta que dispoñen dunha tripulación de primeira: rapaces e rapazas curtidos na arte de navegar as páxinas dos libros, que saben manter firme o rumbo da lectura sen perder nunca de vista por onde e cara onde van. Así que repito: tripulación de primeira. E digo máis: e de primeiro. Porque son dous grupos, un de primeiro de bacharelato e o outro de primeiro de ESO os que se alistaron para viaxar, literariamente esta vez, con Javier Reverte e Xulio Verne, nada menos. Reverte leva aos maiores a percorrer o continente africano polas páxinas do seu Vagabundo en África.O grupo de ESO, pola súa banda, meteuse de cheo en A volta ao mundo en 80 días na compaña de Phileas Fogg e a súa tropa. Sei de boa tinta que están estes dias facendo a travesía Hong Kong - Xapón. Teredes máis novas súas á volta das vacacións.
Procedencia da imaxe
Os clubs de lectura van vento en popa. Non podía ser doutra maneira tendo en conta que dispoñen dunha tripulación de primeira: rapaces e rapazas curtidos na arte de navegar as páxinas dos libros, que saben manter firme o rumbo da lectura sen perder nunca de vista por onde e cara onde van. Así que repito: tripulación de primeira. E digo máis: e de primeiro. Porque son dous grupos, un de primeiro de bacharelato e o outro de primeiro de ESO os que se alistaron para viaxar, literariamente esta vez, con Javier Reverte e Xulio Verne, nada menos. Reverte leva aos maiores a percorrer o continente africano polas páxinas do seu Vagabundo en África.O grupo de ESO, pola súa banda, meteuse de cheo en A volta ao mundo en 80 días na compaña de Phileas Fogg e a súa tropa. Sei de boa tinta que están estes dias facendo a travesía Hong Kong - Xapón. Teredes máis novas súas á volta das vacacións.
Procedencia da imaxe
Preparando unha viaxe polos libros
Para moita xente, o mellor das viaxes é o tempo que as antecede, a súa preparación, cando se nos fai a boca auga pensando nos sitios que imos coñecer, a xente coa que nos imos atopar... Pois ben, nesa fase estamos nós na biblioteca do María Casares: preparando unha viaxe polos libros de viaxe (desculpádeme a redundancia) para preparar con eles unha exposición que pensamos poñer en marcha no mes de maio. Encántanos ir escoitando as suxestións de uns e outros, explorar os contidos dos libros que temos na biblioteca, "navegar" (que metáfora tan ad hoc!) por Internet na procura de novidades para incorporar á nosa exposición. E navegando, navegando Eva atopou un post no blog arrodeio cun poema de Gabriel García Márquez e unha ilustración anónima, ambas cousas moi apropiadas para preparar os ánimos viaxeiros. Reproducimos todo iso a continuación.
Viajar es marcharse de casa
es dejar a los amigos,
es intentar volar.
Volar conociendo otras ramas,
recorriendo caminos
es intentar cambiar.
Viajar es vestirse de loco,
es decir “no me importa”
es querer regresar.
Regresar valorando lo poco,
saboreando una copa,
es desear empezar.
Viajar es sentirse poeta,
escribir una carta,
es querer abrazar.
Abrazar al llegar a una puerta,
añorando la calma,
es dejarse besar.
Viajar es volverse mundando,
es concoer otra gente,
es volver a empezar.
Empezar extenidendo la mano,
aprendiendo del fuerte,
es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa,
es vestirse de loco,
diciendo todo y nada
con una postal.
Es dormir en otra cama,
sentir que el tiempo es corto.
¡Viajar es regresar!
es dejar a los amigos,
es intentar volar.
Volar conociendo otras ramas,
recorriendo caminos
es intentar cambiar.
Viajar es vestirse de loco,
es decir “no me importa”
es querer regresar.
Regresar valorando lo poco,
saboreando una copa,
es desear empezar.
Viajar es sentirse poeta,
escribir una carta,
es querer abrazar.
Abrazar al llegar a una puerta,
añorando la calma,
es dejarse besar.
Viajar es volverse mundando,
es concoer otra gente,
es volver a empezar.
Empezar extenidendo la mano,
aprendiendo del fuerte,
es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa,
es vestirse de loco,
diciendo todo y nada
con una postal.
Es dormir en otra cama,
sentir que el tiempo es corto.
¡Viajar es regresar!
Gabriel García Márquez
VIAJAR E’ TAO MELHOR QUE A VIDA REAL…
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

