As editoriais déronse de conta hai tempo de que lles conviña figurar nas redes sociais, un medio barato e hoxe indispensable para chegar ao público lector. Hai que dicir que algunhas destas editoriais parecen máis espelidas neste punto ca outras. Non vou nomear a ninguén, pero ás veces cóstame atopar información sobre un título, ou unha imaxe dalgún libro que me interesa comentar (e non quero botar man de
Amazon ou a
FNAC para que logo non se diga que lles carrexo lectores a eses dous xigantes en detrimento das librarías pequenas) e lamento a pouca pericia empresarial que mostran. Non é o caso de
Alianza Editorial, de cuxo
Pinterest somos seguidoras nesta biblioteca. Gústannos sobre todo os seus
taboleiros "Comienza a leer" desde onde podemos acceder aos primeiros capítulos dos libros que vai sacando esta editorial, e
Booktrailers que nos mostra unha presa de
trailers de libros da mesma editorial. Déixovos unha captura de pantalla do taboleiro de primeiros capítulos e o trailer de
La hija de la criada, de
Bárbara Mutch.